P4131211 - Prácticas externas en empresas (ITINERARIO PROFESIONAL) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 6.25
- Total: 8.25
Outros Datos
- Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación, Electrónica e Computación, Electrónica e Computación, Electrónica e Computación
- Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Electrónica, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo /CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTraballo realizado nun contorno real (empresas e/ou institucións do ámbito das TIC) no que se poña de manifesto a capacidade de aplicar as competencias adquiridas no desenvolvemento da titulación en contornos reais da profesión.
ContidosO programa de prácticas externas en empresas/institucións ten como obxectivo o complemento formativo dos estudantes a través da realización dunha experiencia no ámbito profesional. Esto permitirá aos estudantes do Máster poñer en práctica os coñecementos e habilidades adquiridos na titulación, e tamén ter a posibilidade de aprender novas tecnoloxías e metodoloxías de traballo.
Para a súa realización, a ETSE asinará convenios específicos con empresas e institucións onde se indicarán as condicións para realizar as prácticas. Neste sentido, pártese da experiencia acumulada no programa de prácticas no Grao en Enxeñaría Informática da USC.
O programa de prácticas contará cun coordinador encargado de establecer colaboracións con novas empresas, motivar a oferta de prazas de prácticas, supervisar a asignación estudante-empresa, e facer un seguimento do bo funcionamento do programa. O coordinador estará asistido por un equipo de titores académicos que realizarán o seguimento do traballo có estudante e o titor da empresa, revisarán e avaliarán a memoria final de prácticas, e asistirán no día a día durante a realización das prácticas.
Dado que a realización das prácticas configura o itinerario profesional, estas deberán realizarse, de morma xeral, en empresas/institucións externas á USC. Tamén poderán realizarse en servizos da USC cando a compoñente da práctica sexa dunha orientación profesional clara (por exemplo, servizos xerais, Área TIC,...).
A diversidade tanto das empresas colaboradoras como do tipo de prazas que poden ofrecer, fai difícil establecer os contidos das prácticas que realizará cada alumno. Nos convenios de colaboración coas empresas esixirase que o perfil das prazas se corresponda có perfil dos alumnos do Máster, polo que os contidos en cada práctica potencialmente poderán ser tan diversos coma os contidos do propio Máster.
Bibliografía básica e complementariaNon hai
CompetenciasAs Competencias Xerais e Específicas concretas que se desenvolven durante a realización das Prácticas en Empresas dependen da temática concreta de cada praza ofertada polas empresas. Polas características do contido desa actividade docente, e o feito de que se realice nun entorno exterior de forma integrada nunha organización e dentro dun equipo de traballo, desenvólvense en todos os casos as competencias específicas CE-3 e as transversais.
Metodoloxía da ensinanza Integración nun equipo de desenvolvemento nun entorno real (empresarial)
Sistema de evaluaciónOs estudantes deben asistir obrigatoriamente ás actividades que se programen cara á preparación de procesos de seleción e os foros de contacto con empresas.
A nota final calcularase a partir do informe da empresa e a Memoria final de práctica entregada polo estudante ao finalizar a mesma.
Considerarase alumno non presentado todo aquel que non presente a Memoria final de prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalQuince horas de traballo presencial repartidos entre titorías e avaliación, e 285 horas de traballo persoal do alumno.
ObservaciónsEsta materia inclúese no perfil profesional do Máster e, de xeito xeral ainda que non exclusivo, formará parte dun paquete de traballo maior que incluirá o Traballo Fin de Máster. Esta meteria é compatible con realizar calquera das especializacións do Máster. Ainda que o periodo habitual de realización das prácticas será entre o segundo e terceiro cuadrimestre, as convocatorias de prácticas establecerán en cada caso cal é o periodo previsto para a súa realización.