P4012210 - Laboratorio de Solos e Residuos (Recuperación de Solos e Xestión de Residuos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 4.00
- Clase Interactiva Seminario: 22.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFamiliarizar o alumno coa metodoloxía de uso habitual na descrición de solos, recollida de mostras e análise e interpretación das propiedades básicas dos solos das que dependen as súas aptitudes, limitacións e sensibilidade para diferentes usos.
Familiarizar o alumno coa metodoloxía que permite a caracterización de distintos tipos de residuos en función de: a) a súa toxicidade/peligrosidade, b) o seu uso potencial como fertilizantes ou enmendas para a recuperación de solos degradados, c) o seu poder enerxético.
ContidosO programa da materia está dividido en 2 bloques que se indican a continuación:
Bloque 1. Metodoloxía de toma de mostras e análise básicos de solos
1.1. Prácticas de campo: Saída a distintas áreas do entorno de Santiago. Descrición completa de distintos tipos de solos e toma de mostras para análise posterior.
1.2. Prácticas de laboratorio
• Normas de seguridade no laboratorio
• Preparación de mostras de solo para a súa análise
• Análise granulométrico e textura
• Medida e interpretación do pH del solo (pH en auga, pH en KCl)
• Reactividade ó NaF (pH en NaF)
• Índice de salinidade do solo. Conductividade eléctrica da pasta saturada
• Materia orgánica do solo
• Macronutrintes: N, P e K
• Catións de cambio e capacidade de intercambio catiónico
• Capacidade de amortiguación de ácidos
Bloque 2. Caracterización e análise básicos de resíduos. Toxicidade
2.1. Prácticas de laboratorio
• Preparación de mostras de distintos tipos de residuos para a súa análise
• Test de fitotoxicidade
• Poder calorífico
• Valoración dos residuos para o seu uso en agricultura e restauración de solos degradados
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
BOE. 1989. Orden del 13 de outubro de 1989 por la que se determinan los métodos de caracterización de residuos tóxicos y perigosos. Boletín Oficial del Estado Nº 270, 10-11-89.
BOE. 1990. Real Decreto 1310/1990, de 29 de outubro, por el que se regula la utilización de los Lodos de Depuración en el Sector Agrario. Boletín Oficial del Estado, Nº 262, 32339-32340.
Guitian Ojea, F. y T. Carballas Fernández. 1975. Técnicas de análisis de suelos. Ed. Pico Sacro, Santiago de Compostela. 288 pp.
Porta, J. 2000. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed. Mundi.Prensa.
Skoog, D.A. y Leary, J.J. Análisis Instrumental, 4ª Ed. McGraw-Hill, Madrid, 1994
Walsh, L.M. y Beaton J.A. (eds). 1973. Soil testing and plant analysis. Soil Sci. of America, Madison, Wisconsin, USA.
Bibliografía complementaria
Domínguez, J. y Mato. S. 2001. Principios básicos da compostaxe. En: Soto, M. y Vega, A. Tratamento de residuos sólidos urbanos. Servicio de Publicacións da Universidade de A Coruña. Monografía 77, 319p.
LaGrega, M.D., Buckingham, P.L., Evans, J.C. 1996. Gestión de residuos tóxicos: tratamento, eliminación y recuperación de solos. McGraw-Hill/Interamericana de España, S. A., ISBN: 0-07-019552-8, España
Monterroso, C., Gil, A., Val, C. y Macías, F. 1998. Evaluation of the land reclamation project at the As Pontes Mine (NW Spain) in relation to the suitability of the soil for plant growth. Land Degradation & Development, 9:441-451.
CompetenciasDentro das competencias deseñadas para a titulación, se instruirá a los alumnos nas seguintes
Xerais:
• Coñecer as normas de seguridade básicas para traballar nun laboratorio de análise de solos e residuos.
• Ter un coñecemento global dos problemas ambientais.
• Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenrolo sostible.
Específicas:
• Identificar e formular problemas ambientais.
• Comparar e seleccionar alternativas técnicas.
Metodoloxía da ensinanza A materia ten 3,5 créditos ECTS que se imparten durante sesións de 4 horas cada unha. Para un aproveitamento óptimo das clases presenciais, os contidos da materia foron organizados en dous bloques temáticos. Dentro de cada bloque desenrólanse prácticas de campo e de laboratorio en torno a un tema central:
• Bloque 1. Métodos de toma de mostras e análise básicos de solos: 18 horas (3 de campo, 13 de laboratório e 2 de titorias).
• Bloque 2. Caracterización e análise básicos de residuos. Toxicidade: 12 horas (10 de laboratório e 2 de titorias).
Farase uso do Campus virtual para comunicarse co alumnado e aportar información adicional.
Sistema de evaluaciónO alumno terá que asistir obrigatoriamente, participar activamente en todas as prácticas e entregar unha memoria que reflicta o seu rendemento a través da solución a cuestións prácticas plantexadas polo profesor (40% da nota final). Esta parte da nota conservarase durante dous anos. Ademais se realizará um exame regulado ó final das prácticas (60% da nota final).
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,5 créditos ECTS (1 crédito ECTS = 25 horas de traballo total), que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Traballo persoal TOTAL
Teoría - - -
Prácticas 23 51 74
Salida ao campo 3 2,5 5,5
Titorias 4 4 8
TOTAL 30 57,5 87.5
Recomendacións para o estudo da materiaA materia, totalmente práctica, está deseñada para o cuarto módulo do Máster de Enxeñería Ambiental, polo que no programa tivéronse en conta os contidos das outras materias desta titulación. Os alumnos que chegan a cursar esta materia xa teñen adquirido coñecementos en edafoloxía e xestión residuos xa que, ainda que ambas materias pertencen o mesmo módulo, a materia de Laboratorio de solos e residuos é a derradeira no calendario do cuarto módulo. Recoméndase ó alumno participar activamente e implicarse durante o desenrolo das sesións prácticas, traballar en grupos para favorece-lo proceso de discusión e facer uso das titorías para soluciona-las dúbidas.