Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012211 - Edafoloxía Aplicada (Recuperación de Solos e Xestión de Residuos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MACIAS VAZQUEZ, FELIPE.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O estudo e coñecemento da materia de Edafoloxía Aplicada é básico no curriculo do Científico Ambiental por tratarse dos coñecementos básicos que permiten a aplicación das diferentes tecnologías no tratamento e xestión dos solos e, en especial, no desenrolo dos procedementos de protección, recuperación e descontaminación de solos degradados ou contaminados.
    O enfoque da materia será eminentemente práctico, sin esquecer as bases teóricas necesarias para pasar da mera utilización de recetas al coñecemento que permita ao deseño específico que require a solución de cada tipo de problema e ambente. O programa da materia contempla a realización de visitas técnicas que servirán para completa-la formación recibida na aula.
    Contidos
    Os contidos que se desenrolan no curso son contemplados de forma sucinta no descriptor da materia recollido no plan de estudos do Master Medioambente e Recursos Naturais:
    “Ciclos xeoquímicos. Factores, compoñentes e procesos edáficos. Clasificación e avaliación de solos. Funcións e ameazas.
    O programa da materia está dividido en 7 temas que se detallan a continuación:

    Programa
    Tema 1. Sistemas de explotación de xacementos minerais e rochas.
    Tema 2. O solo: Factores de formación, componentes e organización. As funcións do solo.
    Tema 3. Reaccións físico-químicas en sistemas edáficos:
    Reaccións disolución-precipitación, equilibrios redox e reaccións superficiais de cambio iónico e adsorción.
    Tema 4. Procesos de formación do solo: Interacción solo-medio
    Ganancias, Perdas, Transferencia e Transformacións.
    Tema 5. Funcións do Solo: Funcións productivas e ambientais do solo.
    O solo como regulador dos ciclos bioxeoquímicos superficiais. O solo como sumidoiro de carbono. Mecanismos de estabilización do C. O solo como productor de alimentos e fibras. Fertilidade.
    Tema 6. As ameazas do solo: A estratexia europea de protección do solo.
    Tema 7. Os sistemas de clasificación do solo.
    Distribución espacial dos tipos de solo e o seu significado ambiental

    Bibliografía básica e complementaria
    • Tarbuck, E. J.; Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra. Una introducción a la geología física. Editorial Pearson. Prentice Hall.
    • López Acevedo, M.; Porta Casanellas, J. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed. Mundi Prensa.
    • Porta Casanellas. Agenda de campo de suelos. Editorial Mundi Prensa.
    Competencias
    Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desesables en un cientifico ambiental con coñecementos do solo aplicados á resolución de problemas ambientais.
    No cadro de competencias que se diseñou para a titulación, traballarase de forma mais especifica as seguintes:

    Xerais
    .- Diseñar e calcular solucións a problemas ambientais
    .- Resolver problemas de forma efectiva
    .- Utilizar as tecnoloxías da información e comunicación específicas
    .- Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da Ciencia do Solo
    .- Comparar e seleccionar alternativas técnicas de xestión de solos
    .- Identificar tecnoloxías emerxentes para a recuperación e utilización das funcións dos solos.
    .- Coñecer e deseñar as operacións sobre os sistemas edáficos nos procesos ambientais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ó inicio do curso facilitarase ós alumnos o seguinte material:

    .- Programa e bibliografía recomendada

    .- Contidos básicos a desenrolar

    Ó longo do curso entregarase ós alumnos as presentacións coas figuras, esquemas e táboas principais da materia, así como as lecturas complementarias e o traballo que deben desenrolar coas normas e recomendacións para a confección e presentación dos traballos.
    As clases faranse combinando tanto a clase magistral coma, preferentemente, en forma de seminario donde o profesor tratará de facer fincapié nos aspectos mais destacados do estado do arte, e donde verificarase a asimilación de contidos por parte dos alumnos. É por iso moy importante co alumno vaia traballando o material do que dispon para promove-la interacción profesosr-alumno.
    Ademais, está planificada a realización de traballos por parte dos alumnos.

    Sistema de evaluación
    A calificación do alumno é unha media ponderada entre o rendimento do mesmo nas duas partes nas que se evalua o mesmo: examen e rendimento na aula (participación, traballo cooperativo e de investigación). O reparto da puntuación será en función dos rendimentos obtidos no examen (75% da calificación) e da súa participación en actividades propostas na aula (25%).

    Distribución da calificación
    Traballos e actividades no aula 25%
    Examen 75%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3,5 ECTS que se reparten da forma que se mostra mais abaixo. As horas presenciais indican o número de hores de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que adicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un cómputo do producto do factor polas actividades e total de traballo que supon cada actividade.

    Distribución da actividade formativa en ECTS

    Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS

    Clases 12,0 30,0 2,1
    Magistrais

    Seminarios 14 28 2,3

    Tutorías 2,0 1,0 0,1
    Grupo

    Total 28,0 59,0 4,5