P4141101 - Biocatálise (Bioprocesos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 42.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO curso está dirixido a estudantes con poucos coñecementos sobre o mundo microbiano. Trátase de iniciar ao alumnado en conceptos básicos da Microbioloxía que vaian ter relevancia á hora do deseño dunha fermentación ou proceso microbiano industrial. Algunhas clases impartiranse no laboratorio de maneira que se podan conectar os conceptos coa aplicación práctica á vez que nos familiarizamos coas condicións de traballo e o instrumental dun laboratorio de Microbioloxía.
ContidosTodos os temas serán impartidos parte na aula e parte no laboratorio de prácticas. A docencia no laboratorio levarase a cabo cando se considere que a materia a tratar queda máis clara co traballo práctico do alumnado.
1. Introdución ao mundo microbiano. Morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos. Diferenzas entre microorganismos procariotas e eucariotas. Observación ao microscopio. Tincións simples e diferenciais.
2. Crecemento microbiano. Parámetros importantes. Factores ambientais. Cultivo de microorganismos en diferentes substratos. Tipos de medios de cultivos.
3. Tipos de fermentacións. Produción de metabolitos secundarios. Curva de crecemento microbiano, depleción de glucosa e produción dun metabolito secundario. Manexo dun fermentador.
4. Os microorganismos como causantes de problemas: patoxenicidade e alteración de produtos de interese industrial. Control e prevención de riscos microbiolóxicos na industria. Métodos de desinfeción, esterilización e redución da carga microbiana.
5. Enzimas. Grupos importantes desde o punto de vista industrial. Enzimas recombinantes. Inmobilización de enzimas e células enteiras. Fermentacións con enzimas e células inmobilizadas. Aspectos éticos e legais do emprego de microorganismos modificados xenéticamente na industria.
Titorías en grupo:
Realizarase unha visita á sala de fermentación do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Facultade de Farmacia onde se producen enzimas recombinantes de interese industrial nun fermentador de 100L.
Clases interactivas:
Consistirán na exposición por parte do alumnado dun traballo de investigación realizado en equipo.
Bibliografía básica e complementariaTítulo: Microbioloxía, 5ª edición
Autores: Prescott LM, Harley JP y Klein DA
Editorial: McGraw-Hill Interamericana
Título: Brock: Bioloxía dos microorganismos, 12ª edición
Autores: Madigan MT, Martinko JM, Dunlap PV y Clask DP
Editorial: Pearson Educación
CompetenciasCompetencias xerais: CG1, CG2, CG3, CG5
Competencias específicas: CE2, CE3, CE12
Competencias transversais:CT1, CT4, CT5, CT6
Metodoloxía da ensinanza Todos os temas serán impartidos parte na aula e parte no laboratorio de prácticas. A docencia no laboratorio levarase a cabo cando se considere que a materia a tratar queda máis clara co traballo práctico do alumnado.
Proporase unha experiencia de aprendizaxe cooperativa para traballar un dos temas do temario
Ademáis o alumnado deberá preparar e expoñer un traballo realizado en equipo
Sistema de evaluaciónA avaliación realizarase en función do exame, a memoria do traballo realizado no laboratorio e a exposición do traballo en equipo. O exame constará de preguntas relativas tanto aos contidos teóricos como prácticos da materia e deberá aprobarse para superar a mesma. A cualificación complementarase coas actividades programadas nas titorías de grupo e un informe da profesora relativo a actitude e aptitudes desenvolvidas na materia.
Distribución da cualificación:
Exame 50% (deberá aprobarse o exame cun 5/10)
Traballo en equipo 15%
Memoria de prácticas 15%
Experiencia de aprendizaxe cooperativa 15%
Titorías/informe da profesora 5%
Tempo de estudo e traballo persoalActividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 15,0 15,0 1,20
seminarios 8,0 16,5 0,98
Aula informática -- -- --
Prácticas laboratorio 18,0 20,0 1,52
Titorías grupo 1,0 4,0 0,20
subtotal 42,0 55,5 3,90
Titorías individualizadas 1,0 4,0 0,2
Exame e revisión 2,0 8,0 0,4
total 45,0 67,5 4,5
ObservaciónsO idioma de impartición da materia será o castelán
Na convocatoria extraordinaria de xullo o exame suporá o 50% da nota e deberá superarse cun 5/10 coma na convocatoria ordinaria, manténdose as notas acadadas na avaliación continua (traballos, prácticas etc.)