P4141112 - Dirección de Proxectos de Enxeñaría (Dirección e Xestión Empresarial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 3.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 22.50
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 32.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Desenvolver habilidades directivas na organización dun grupo de alumnos de grao encargado da elaboración dun proxecto enxeñeril.
- Incentivar a realización dun liderazgo efectivo, cun compromiso ético, aplicando ferramentas básicas de xestión e dirección.
- Capacitar ao alumno para valorizar o capital humano a través da comunicación eficaz, detección de debilidades e fortalezas, motivación profesional e resolución de conflictos.
- Xerar aptitudes para a adquisición de responsabilidades, xestión do tempo, visión crítica e toma de decisións.
- Mellorar aa capacidade de transmisión de termos científico-técnicos e uso de ferramentas informáticas para cálculos técnicos.
ContidosDirección de proxectos.
Funcións do director.
Organización: actividades e recursos.
Administración e control do proxecto.
Ferramentas informáticas.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA
• De Cos Castillo, M. (1999). Teoría General del Proyecto, volumen I: Dirección de proyectos. Editorial Síntesis. Madrid.
COMPLEMENTARIA
• De Cos Castillo, M. (1999). Teoría General del Proyecto, volumen II: Ingeniería de proyectos. Editorial Síntesis. Madrid.
• Sinnott, R., Rowler, G. (2009). Chemical Engineering Design. Elsevier, Oxford.
CompetenciasAs competencias a desenvolver, dacordo á memoria do máster son:
Xerais: CG4,CG5,CG11,CG12.
Específicas: CE1, CE5, CE9, CE12.
Transversais: CT1, CT3, CT4, CT5, CT6.
Traballarase con maior incidencia nas competencias: CG4, CG12, CE5, CE9, CT3, CT6.
Metodoloxía da ensinanza Cada alumno matriculado nesta materia dirixirá un grupo de entre 3 e 5 alumnos, de primeiro e segundo curso do Grao en Enxeñaría Química, no desenvolvemento dun proxecto (actividade de 3 créditos ECTS que se ofrece na aula profesional).
A docencia expositiva da materia (ao inicio do curso) céntrase na formulación de obxectivos e exposición de conceptos, na súa maioría coñecidos, aplicados á dirección de proxectos de enxeñaría.
Así mesmo, daranse a coñecer en seminarios en aula informática. os obxectivos a conseguir cos programas informáticos (administración de proxectos, Gantt Project/MS project, cálculos técnicos, Excel, bases de datos de propiedades, hysys, outros) que se empregarán para levar a cabo a dirección do proxecto.
Cada alumno elixirá os compoñentes do grupo que vai dirixir, decidirá o tema a desenvolver e dirixirá o grupo na realización do proxecto (aplicación de balances de materia e enerxía a un proceso coa consideración de aspectos termodinámicos, reacción química, seguridade, económicos, ambientais...). Os seminarios realizaranse baixo a supervisión do profesor (corroboración da actuación do alumno como director de proxecto) ou sen ela (grupos baixo a dirección do alumno de máster). Os últimos seminarios dedicaranse á avaliación a través da presentación oral por parte dos alumnos das actividades realizadas (algunhas poden previamente ser solicitadas para avaliación) e logros conseguidos.
Tamén se formula unha titoría grupal a metade de semestre para a detección de fortalezas e corrección de debilidades dos directores de proxecto.
O alumno poderá ademais facer as consultas que desexe en titorías individualizadas no horario establecido para o efecto.
Utilizarase Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
Sistema de evaluaciónA presentación da memoria do proxecto realizado polos alumnos do grao é requisito imprescindible para poder presentarse á avaliación.
A avaliación en xuño basearase en:
- Avaliación oral consistente na presentación das actividades realizadas e logros conseguidos: 30% da nota.
- Actividades entregadas e memoria do proxecto realizado polos alumnos do grao: 60%
- Informe do profesor atendendo á avaliación continua realizada nos seminarios: 10%
En caso de non superar a materia na convocatoria de xuño, en xullo solicitarase unha memoria adicional.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4.5 ECTS
Actividade Presencial (h) – Traballo Personal (h)
Clases maxistrais: 3 - 4
Seminarios: 22.5 - 43.5
Áula Informática: 6 - 6
Titorías Grupo: 1 - 3
Titorías individuais: 1 - 4
Examen e revisión: 0.5 - 6
Total: 43.5 - 67.5
ObservaciónsO idioma de impartición da materia é castelán