Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4141113 - Planificación da investigación (Investigación e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 10.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 27.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ ALVAREZ, JULIA.NON
LEMA RODICIO, JUAN MANUEL.SI
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é proporcionar aos alumnos formación achega diversas ferramentas básicas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade investigadora nas súas diversas etapas partindo da busca de información, planificación da investigación e análise dos resultados obtidos, difusión destes e solicitude de financiamento para levala a cabo.
    Contidos
    Os contidos que se desenvolven na materia son os indicados no descriptor desta no plan de estudos do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos:
    . Ferramentas estatísticas de análise de datos.
    . Planificación da experimentación baseada no deseño de experimentos.
    . Fontes de información en Enxeñaría Química.
    . Técnicas de redacción de artigos.
    . Revisión crítica de artigos científicos
    . Planificación e solicitude dun proxecto de I+D.
    TEMA 1. - FERRAMENTAS PARA A PLANIFICACIÓN DA EXPERIMENTACIÓN E ANÁLISE DE RESULTADOS
    . Correlación e regresión lineal. Comparacións entre medias (proba t,ANOVA).
    . Introdución ao deseño estatístico de experimentos. Comparación co método tradicional. Procedemento de aplicación.
    . Definición de factores e de dominios de interese. Matriz de deseño.
    . Planificación da experimentación. Elección do deseño experimental.
    . Deseños ortogonais de primeira orde. Deseños factoriais completos e fraccionados.
    . Deseños de segundo orde. Deseño Central Composto (CCD) e Box-Behnken.
    . Interpretación dos resultados. Análise de varianza.
    . Metodoloxía das superficies de resposta.

    TEMA 2. -TÉCNICAS DE REDACCIÓN E REVISIÓN DE ARTIGOS E INFORMES

    . As etapas do método científico e a importancia da comunicación científica dos resultados da investigación. A redacción científica. O estilo na comunicación científica
    . Comprender o problema ou cuestión que é obxecto da investigación
    . Establecer unha hipótese e un procedemento de razoamento/decisión de tipo dedutivo
    . Identificación dos elementos preliminares: Título, Autores e Resumo.
    . Introdución e Materiais e métodos.
    . Resultados. Táboas e gráficos. Notas a pé de páxina.
    . Discusión e Conclusións.
    . Bibliografía (Referencias) e Apéndices
    . Revisión crítica de artigos científicos

    TEMA 3. - ELABORACIÓN E AVALIACIÓN DE PROXECTOS DE I+D.

    . Técnicas para a preparación de proxectos de investigación. Proxectos individuais e consorciados.
    . Elaboración dun proxecto
    . Avaliación de proxectos. Mecanismos de avaliación.
    . Avaliación dun proxecto real

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Box G. E. P., Hunter W. G. & Hunter J. S. (1999) Estadística para investigadores. Introducción al diseño de experimentos, análisis de datos y construcción de modelos. Ed. Reverte, Barcelona.
    Ebel, H. F. (2004). The Art of scientific writing: from student reports to professional publications in chemistry and related fields. Weinheim : Wiley-VCH, 2004
    Para o tema 3 entregarase documentación referente aos programas de investigación e a tipoloxía de proxectos.

    Bibliografía complementaria
    Box G. E. P., Hunter J. S. & Hunter W. G. (2008) Estadística para investigadores. Diseño, innovación y descubrimiento. Ed. Reverte, Barcelona.
    Lazic, Z.R. (2004) Design of Experiments in Chemical Engineering. Wiley-VCH, Weinheim.
    Peat, J. (2002). Scientific writing: easy when you know how BMJ Books
    Lebrun, J.L. (2007). Scientific writing: a reader and writer's guide. Hackensack, NJ : World Scientific.

    Competencias
    Competencias xerais e básicas:
    CG2. - Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en ámbitos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores coma profesionais altamente especializados.
    CG3. - Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
    CG6. - Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
    CG8. - Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en ámbitos novos ou pouco coñecidos, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
    CG9. - Saber establecer modelos matemáticos e desenvolvelos mediante a informática apropiada, como base científica e tecnolóxica para o deseño de novos produtos, procesos, sistemas e servizos, e para a optimización doutros xa desenvolvidos.
    CG14. - Xestionar a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, atendendo á transferencia de tecnoloxía e os dereitos de propiedade e de patentes.
    CG16. - Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou, non resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
    CG17. - Desenvolver habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
    Competencias específicas:
    CE2. - Ter desenvolvido a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, en contextos interdisciplinares e, se é o caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
    CE3. - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo de Enxeñaría Química.
    CE7. - Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas axeitadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
    CE11. - Abordar un problema real de Enxeñaría Química baixo unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente.

    Competencias transversais:
    CT1. - Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
    CT2. - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
    CT4. - Capacidade analítica, crítica e de síntese.

    Metodoloxía da ensinanza
    Para a impartición desta materia combinaranse as clases maxistrais, con clases interactivas de seminario e aula informática. As sesións na aula informática utilizaranse para a resolución de casos prácticos de análise estatística de resultados e optimización de procesos por aplicación de técnicas de deseño de experimentos e análise de superficies de resposta, para o que se empregará o programa estatístico SPSS e Excel. En canto aos seminarios analizaranse e formularán casos prácticos relativos aos diferentes contidos da materia: busca de fontes de información bibliográfica, redacción de artigos científicos, planificación da experimentación e planificación e solicitude de proxectos de I+D, algúns dos cales serán realizados en grupo e expostos oralmente. No tema 3 os alumnos, en grupos, presentarán un proxecto propio e avaliarán un proxecto real, o que vai permitir desenvolver unha capacidade crítica necesaria para a preparación dun proxecto de investigación. Utilizarase un curso virtual para proporcionar materiais, enlaces a contidos de interese, proposta de actividades e como medio de contacto.
    Sistema de evaluación
    Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades e traballos de forma individual e/ou en grupo. Terase en conta a asistencia e participación activa nas clases. Así mesmo, os estudantes realizarán un exame con cuestións teóricas e prácticas que permitirá individualizar a cualificación final.
    A distribución da cualificación será a seguinte:
    a) Exame: 20%
    b) Traballos/actividades/memorias de prácticas: 70%
    c) Titorías/Informe do profesor: 10%

    . A asistencia ás clases de aula informática é obrigatoria.
    . Deberá alcanzarse unha cualificación mínima de 4 puntos en cada apartado da avaliación.
    . Na convocatoria extraordinaria de xullo consérvanse as cualificacións obtidas nos apartados b) e c) se se superou o mínimo esixido. Noutro caso, indicarase ao alumno a posibilidade e a forma de recuperación.
    . As cualificacións dos traballos, actividades e titorías comunicaranse ao alumno antes do exame.
    . Non se conservan cualificacións dun curso para o seguinte.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 h de traballo total, distribuídos da seguinte forma:
    Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS

    Clases maxistrais 10,0 10,0 0,80
    Seminarios 12,0 15,0 1,08
    Aula informática 4,0 4,0 0,32
    Prácticas laboratorio -- -- --
    Titorías grupo 1,0 4,0 0,20
    Subtotal 27,0 33,0 2,40
    Titorías individualizadas 1,0 4,0 0,2
    Exame e revisión 2,0 8,0 0,4
    Total 30,0 45,0 3,0

    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase un manexo fluído de Microsoft Word, Excel e Powerpoint.
    Observacións
    A materia impartirase en castelán, salvo a parte de redacción de textos científicos na que se empregará o inglés.