P4141203 - Xestión do ciclo de vida de produtos e procesos (Investigación e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 27.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia0.- Datos descritivos da materia
A materia de XESTIÓN DO CICLO DE VIDA DE PRODUTOS E PROCESOS atópase incluída no Módulo 4 de INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO, onde se aborda unha análise ambiental dende un punto de vista do ciclo de vida dos produtos e procesos, afondando tanto en aspectos de investigación (integrado nas liñas de investigación marcada pola UE) como na transferencia do coñecemento ao sector produtivo mediante a aplicación do ecodeseño e o ecoetiquetado.
Materia: Xestión do Ciclo de Vida de Produtos e Procesos
Idioma: Castelán
Tipo: Optativa
Nº de créditos: 3,0 ECTS
Módulo: Innovación e Desenvolvemento
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
correo-e: gumersindo.feijoo@usc.es
Mª Teresa Moreira Vilar
Dpto. Enxeñaría Química
correo-e: maite.moreira@usc.es
1.- Obxectivos da materia
Nesta materia, o obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ó deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudio de diferentes metodoloxías de análise e avaliación medioambiental, económica e social.
ContidosOs contidos que se presentan son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios do Máster en Enxeñaría Ambiental: “Xestión integral do ciclo de vida (LCM) asociada aos eixos da sustentabilidade: perfil ambiental coa análise del ciclo de vida (LCA), perfil económico cos custes asociados ao ciclo de vida (LCC), perfil social coa análise del ciclo de vida social (SLCA). Ecodeseño como motor na ecoinnovación empresarial: valoración estratéxica ambiental, ecobriefing e prototipos. Aplicación a casos reais nos sectores produtivos. Ecoetiquetas como ferramentas de mellora ambiental enfocada ao marketing: Ecoetiqueta europea e Pegada de carbono”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 4 temas básicos, que se indican a continuación:
Bloque I. Xestión do Ciclo de Vida
Tema 1. Filosofía do Ciclo de Vida. Orixes. Iniciativa do ciclo de vida da UNEP. Fundamentos da xestión do ciclo de vida (LCM). Aplicacións.
Tema 2. Análise de ciclo de vida. Filosofía do ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenrolo. Aplicación na análise de procesos e produtos. Manexo de software específico.
Tema 3. Análise económico e social do ciclo de vida. Fundamentos do custe do ciclo de vida (LCC). Metodoloxía do ACV social (S-LCA). Diagrama da sustentabilidade. Estudos de casos prácticos.
Bloque II. Transferencia ao sector productivo
Tema 4. Ecodeseño. Definición de ecodeseño e ecoprodutos. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Norma ISO 14006. Ferramentas do ecodeseño. Valorización estratéxica Ambiental. Ecobriefing. Prototipos. Estudo de casos prácticos.
Tema 5. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. 10 razóns polas que incorporar a pegada de carbono a política e estratexia empresarial. Normas ISO 14064 e 14067, PAS 2050 e GHG Protocol. Estudo de casos no sector alimentario.
Obxectivos específicos (por bloques)
Preséntanse a continuación os contidos detallados de cada bloque, describindo, asemade, os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles.
Bloque I. Xestión do Ciclo de Vida
Este bloque estuda as tres metodoloxías da Xestión do Ciclo de Vida: LCA, LCC e S-LCA, cada unha delas adicadas aos tres eixos da sustentabilidade. No primeiro tema se presentan os aspectos xerais da xestión do ciclo de vida, orixes e fundamentos, definindo un enfoque integral dos procesos produtivos que conduza a unha minimización efectiva dos seus impactos.
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce ata a cova”. Polo tanto, para unha determinada actividade non só queda circunscrito o problema a “miña” instalación industrial, senón que tamén compre definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o“meu” produto determina. Todo isto é posíbel mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos vertidos ó medio asociado. Desta forma, se determina o impacto producido polo emprego desta enerxía, das devanditas materias primas e ás descargas o medio. Esta perspectiva do ciclo de vida tamén se aplica ao análise económico e social (LCC e S-LCA), o que nos permite obter unha medida cuantitativa da sustentabilidade.
Neste bloque as actividades que desenvolveran os alumnos inclúen, entre outras:
• Realización dunha avaliación do inventario de ciclo de vida mediante folla de cálculo.
• Elaboración dunha análise de ciclo de vida empregando un software específico (SimaPro) (actividade en grupo).
• Análise integral dun produto ao efectuar un LCA, LCC e S-LCA.
Bloque II. Transferencia ao sector productivo
Neste segundo bloque o alumno abordará con detalle dúas das aplicacións máis importantes da filosofía do ciclo de vida dende o punto de vista da súa transferencia ao sector produtivo: Ecodeseño , ecoetiquetado. Estas dúas estratexias de mellora ambiental, económica e social permitín atinxir diferentes certificacións nos produtos que supoñen unha mellora competitiva .
• Ecodeseño dun produto (actividade en grupo)
• Cálculo da Pegada de Carbono dun produto alimentario (actividade en grupo)
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Baumann, H. y Tillman, A.M. “The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application”. Studentlitteratur, Lund (2004)
Bibliografía complementaria: libros
Hunkeler, D., Lichtenvort, K., Rebitzer, G. “Environmental life cycle costing”. Ed. Taylor & Francis, USA (2008).
Leonard, A. “La historia de las cosas”. Ed. Fondo de Cultura Económica de Argentina, Buenos Aires (2010).
Reis, D. “Product design in the sustainable Era”. Ed. Taschen Benedikt, (2010)
UNEP/SETAC Life Cycle Initiative. Guidelines for social life cycle asessment of products. United Nations Environment Programme, Paris (2009).
Bibliografía complementaria: Artigos científicos
O alumno disporá na súa Secretaría Virtual de diversos artigos publicados en revistas científicas do SCI. Os casos prácticos de estudio formarán parte dos presentados e descritos nestes artigos.
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñería. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se instruirá ós alumnos nas seguintes:
Competencias xerais e básicas:
• CG6, CG8, CG10, CG15, CT518
Competencias específicas
• CE2, CE6
Competencias transversais:
• CT1, CT2, CT6
Metodoloxía da ensinanza Os contidos teóricos da materia se ensinarán sobre a base de clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán os mesmos, coa realización de diversas cuestións ós alumnos para fomentar a súa participación e facilitar a súa aprendizaxe e asimilación dos conceptos. Estas clases apoiaranse na utilización de materiais audiovisuais co utilización de ficheiros en PowerPoint y Excel (resolución de problemas e casos prácticos).
As clases teóricas completaranse coas clases de seminarios que consistirán na resolución de casos prácticos sobre a aplicación das diferentes ferramentas presentadas ó longo da materia.
Se realizará un traballo en grupo durante a titoría, onde son os propios alumnos os que “ensinen/aprendan” dun xeito pro-activo cara a resolución dun problema específico.
Farase uso da USC virtual para reforzalas titorías, como vehículo áxil no intercambio de información entre o profesor e o alumno.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumno farase en función de dous ítems: actividades realizadas e un exame. Asemade, os estudiantes farán un examen tipo test que permitirá individualizar a calificación final. A avaliación do alumno farase en función de: examen final tipo test (25%), as actividades/traballos en equipo (65%), informe do profesor (10%). Será necesario obter unha calificación mínima de 3 puntos sobre 10 no exame para superar a materia.
Na convocatoria extraordinaria, manterase os requisitos dos traballos e o exame, coas porcentaxes indicadas arriba.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases magistrais 12,0 12,0 0,96
Seminarios 8,0 10,0 0,72
Aula informática 6,0 7,0 0,52
Titorías grupo 1,0 4,0 0,20
Subtotal 27,0 33,0 2,40
Titorías individualizadas 1,0 4,0 0,20
Exame e revisión 2,0 8,0 0,40
Total 30,0 45,0 3,0
Recomendacións para o estudo da materiaPara conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma Inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
ObservaciónsIdioma: castelán