Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4141206 - Líquidos iónicos en procesos químicos e bioprocesos (Investigación e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 27.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Martínez, Héctor.NON
SOTO CAMPOS, ANA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Adquisición de destrezas na identificación dos líquidos iónicos: formulación e nomenclatura.
    - Análise crítica das súas vantaxosas propiedades respecto a disolventes tradicionais.
    - Coñecemento dos principais procesos baseados en líquidos iónicos e a súa etapa de desenvolvemento.
    - Capacitación para o uso de coñecementos, xa adquiridos e novos, no deseño e simulación de procesos (mediante ferramentas informáticas) baseados no uso de líquidos iónicos.
    Contidos
    Tema 1. Introdución
    Química verde e Enxeñaría verde. Sostibilidade. Líquidos Iónicos: definición, atractivo, orixes, evolución histórica.
    Tema 2. Líquidos iónicos: tipos, propiedades e produción.
    Catións e anións en líquidos iónicos. Tipos de líquidos iónicos. 'Disolventes de deseño'. Propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Bases de datos. Produción de líquidos iónicos.
    Tema 3. Electroquímica con líquidos iónicos.
    Almacenamento de enerxía. Electroquímica e baterías.
    Tema 4. Líquidos iónicos como disolventes (e catalizadores) en reaccións.
    Reaccións orgánicas con líquidos iónicos. Catálise e biocatálise.
    Tema 5. Líquidos iónicos en procesos de separación.
    Destilación. Absorción. Extracción. Sistemas acuosos bifásicos. Membranas líquidas. Disolución e fraccionamento de biomasa.
    Tema 6. Materiais baseados en tecnoloxía de líquido iónico.
    Síntese de materiais. Nanotecnoloxía. Tecnoloxía de superficies.
    Tema 7. Bio-líquidos iónicos.
    Líquidos iónicos deseñados en función da propiedade biolóxica. Actividade antimicrobiana. Compostos farmacéuticos e outros.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica
    • M. Freemantle. An Introduction to Ionic Liquids. RCS Publishing , Cambridge, 2010
    Bibliografía Complementaria
    • S.T. Handy (Ed.). Ionic Liquids-Classes and Properties. InTech, Croatia, 2011
    • S.T. Handy (Ed.). Applications of Ionic Liquids in Science and Technology. InTech, Croatia, 2011
    • J.I. Kadokawa(Ed.). Ionic Liquids-New Aspects for the Future. InTech, Croatia, 2013
    • A. Kokorin (Ed.). Ionic Liquids: Applications and Perspectives. InTech, Croatia, 2011
    • A. Kokorin (Ed.). Ionic Liquids: Theory, Properties, New Approaches. InTech, Croatia, 2011

    Competencias
    Competencias xerais

    CG1. - Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
    CG6. - Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
    CG15. - Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económica, enerxética ou natural, para resolver os problemas derivados e achegar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sostibilidade.

    Competencias específicas

    CE3. - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo de Enxeñaría Química.
    CE5. - Concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da enxeñaría química e sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio.
    CE6. - Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
    CE7. - Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas axeitadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
    CE11. - Abordar un problema real de Enxeñaría Química baixo unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente.

    Competencias transversais

    CT1. - Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
    CT4. - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
    CT5. - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
    CT9. - Compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
    Metodoloxía da ensinanza
    Durante o desenvolvemento da materia utilizaranse distintas metodoloxías didácticas, buscando o logro do maior rendemento no proceso de ensino-aprendizaxe. Existirán exposicións orais nas que se presentarán os contidos básicos do programa proposto. A pesar de seguir a estrutura dunha clase maxistral, preténdese que o alumno se implique continuamente para o que se intentará incentivar a súa participación activa na clase. Estas exposicións complementaranse mediante seminarios con participación interactiva entre alumno e profesor para a discusión de temas (logo da súa lectura), resolución de problemas, desenvolvemento de actividades con ferramentas informáticas, etc. A titoría grupal centrarase na presentación oral dun traballo, realizado en grupos reducidos, consistente na exposición dun proceso baseado en líquidos iónicos e a súa simulación.
    Utilizarase Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.

    Sistema de evaluación
    Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades, traballos ou resolución de problemas de forma individual ou por grupo. Así mesmo, os estudantes realizarán un exame con cuestións teórico-prácticas que permitirá individualizar a cualificación final.

    Avaliación:
    Exame: 30%
    Traballos/actividades/memorias: 60%
    Titorías/informe profesor: 10%

    O Sistema de avaliación é o mesmo para as dúas convocatorias
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 3 ECTS (total 45h)

    Actividade Presencial (h) – Traballo Personal (h)
    Clases maxistrais: 12 - 12
    Seminarios: 8 - 10
    Aula de Informática: 6 - 7
    Titorías de Grupo: 1 - 4
    Titorías individuais: 1 - 4
    Exame e revisión: 2 - 8

    Total: 30 - 45
    Observacións
    A linguaxe de impartición da materia é castelán.