Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4141210 - Técnicas e metodoloxías en laboratorios de I+D (Investigación e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 27.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Mendez Pampin, Ramon.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia de TECNICAS E METODOLOXIAS EN LABORATORIOS DE I+D está englobada dentro do Módulo IV sobre INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO do Máster en Enxeñaráiría Química e de Bioprocesos.

    Obxectivos da materia:

    Levar a cabo unha revisión das distintas ferramentas básicas e metodoloxías dispoñibles tanto no Departamento de Enxeñaría Química como nos servizos xerais da USC que permitan ao alumno coñecer as ferramentas utilizadas nas distintas liñas de investigación do Departamento.
    Estudar a aplicabilidade de algunhas destas metodoloxías para determinar os parámetros máis importantes para a súa utilización posterior en actividades de seguimento, modelización e control dos distintos equipos e procesos utilizados.
    Poñer en contacto aos alumnos cos distintos doutorandos de Departamento co fin de coñecer o día a día dos traballos de investigación dos mesmos


    Contidos
    Os contidos que se desenvolverán no curso están directamente relacionados cos indicados nos descritores da materia: “ Revisión das distintas ferramentas básicas dispoñibles en I D. Equipamentos e Servizos Xerais de apoio á investigación na USC. Técnicas instrumentais e analíticas nos laboratorios de investigación do Departamento de Enxeñaría Química da USC. Metodoloxías para a interpretación e aplicación á investigación dos resultados obtidos. Xestión de residuos en laboratorios de I+D “.


    O programa da materia está constituido polos seguintes temas:

    Tema 1. Caracterización de mostras ambientais I ( Sólidos e Biomasa) : Parámetros físicos: Velocidade de sedimentación, índices volumétricos, densidade e tamaño de partícula. Composición: DQO, sólidos en suspensión volátiles, proteínas, polisacáridos, ADN, análise elemental. Morfoloxía e identificación: microscopía electrónica, FISH e citometría de fluxo.

    Tema 2. Caracterización de mostras ambientais II (Fases líquidas e gaseosas ): Espectrofotometría, cromatografía de gases, TOC, NTK, HPLC, FPLC, electroforeses capilar, electroforeses en gel, RMN, gases-masas, eléctrodos, microsensores, espectrometría de masas, espectroscopia.

    Tema 3. Avaliación de actividades biolóxicas e aplicacións : Determinación de actividades.: Introdución. Produción de biogás. Consumo de sustrato. Respirometría. Actividades encimáticas. Métodos titrimétricos. Microcalorimetría. Medida de bioactividades de substancias naturais. Aplicacións: . Obtención de parámetros cinéticos. Biodegradabilidade e caracterización de augas residuais. Toxicidade e inhibición. Control e monitorización.

    Tema 4. Técnicas baseadas na medida de propiedades físicas: Análise termogravimétrico. Técnicas calorimétricas. Técnicas de análises térmico (DSC e DMA). Técnicas reológicas. Técnicas viscosimétricas

    Tema 5. Equipos e Infraestruturas de apoio á Investigación na USC (RIAIDT): Resonancia magnética. Raios X. Microscopía electrónica e confocal. Espectrometría de Masas. Espectroscopia IR-Raman. Análise elemental. Outros servizos. Instituto de cerámica de Galicia

    Tema 6. Xestión de residuos en laboratorios de I D: Xestión de residuos líquidos e sólidos.
    Identificación e clasificación dos residuos. Almacenaxe e xestión dos mesmos. O caso da USC.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    APHA-AWWA-WPCF. Standard Methods for examination of water and wastewater. 17th Ed. Washington. (1989).

    Bibliografía complementaria

    Soto M., Méndez R. e Lema J. M. (1993). Methanogenic and non-methanogenic activity tests. Theoretical basis and experimental set up. Wat. Res., 27: 1361-1376.
    Seviour R.J. and Blackall L.L. “The microbiology of activated sludge”. Kluwer Academic Publishers. Dordrecht, Holanda. (1999).
    Soto M., Méndez R. e Lema J.M. (1993). Bases cinéticas y microbiológicas en el diseño de digestores anaerobios. Enxeñaría Química, XXIV (274), pp 191-201.
    Spanjers H., Vanrolleghem P.A., Olsson G. and Dold P.L. “Respirometry in control of the activated sludge process: Principles”. Scientific and Technical Report Nº 7. IAWQ Publishers, London. (1998).
    M. Sánchez, et al, Extaction of polyphenols from White distilled grape pomace. Optimization and modeling. Bioresource technoilogy, 99, 1311-18.
    Conesa Ferrer, Juan A. Curso básico de análisis térmico : termogravimetría, cinética de reacciones y análisis térmico diferencial. Club Universitario, Alicante, 2000

    http://www.usc.es/gl/investigacion/riaidt/
    http://www.icg.edu.es/

    Competencias
    A materia está orientada a acadar as seguintes competencias recollidas na memoria del título:

    Competencias xerais

    CG.2.
    CG12.
    CG13.

    Competencias específicas

    CE.6.
    CE.8.
    CE.10.
    CE.12.

    Competencias transversais

    CT.2.
    CT4.
    CT7.

    Incidiráse especialmente nas competencias CG13, CE10 y CT7
    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento da materia está moi ligado ás actividades de investigación nos laboratorios dos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Química.
    Tras unha breve referencia sobre cada técnica nos seminarios os alumnos visitarán os distintos laboratorios. Durante devanditas visitas explicarase o funcionamento dos diversos equipos, e faranse demostracións dalgúns deles. Nos casos que sexa posible, os alumnos poderán realizar determinacións dalgúns parámetros relevantes sobre distintas mostras.

    Elaborarase polo menos un caso práctico tutelado polo profesor que resolve as dúbidas que poida ter o alumno na realización do estudo proposto. Este traballo levarase a cabo en grupos de 2 a 4 alumnos en función do número total dos mesmos. Estas horas estarán dirixidas a fomentar a interacción non só entre os propios alumnos senón tamén co profesor. Os alumnos farán unha exposición oral do seu traballo diante dos compañeiros e do profesor

    Ao longo do curso efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización das distintas actividades, traballos ou resolución de casos de estudo realizados de forma individual e/ou por grupo. Así mesmo os estudantes realizarán un exame sobre cuestións teóricas e resolución de casos que permitan individualizar a cualificación final.

    Sistema de evaluación
    A cualificación dos alumnos será una media ponderada das actividades realizadas en función dos rendementos obtidos en cada uno de los apartados seguintes:

    1.- Tutorías 15%
    2.- Traballos realizados 50%
    3.- Examen 35%

    Para superar a materia na convocatoria ordinaria, e preciso obter alomenos o 50% da nota de Titorías e de examen e obter una cualificación mínima de 5 puntos.

    Para la convocatoria extraordinaria no mesmo curso académico, conservase a evaluación do apartado de Traballos realizados.

    Os estudiante repetidores en anos sucesivos deberán realizar todas as actividades, para poder ser cualificados.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Distribución da actividade formativa en ECTS

    Actividade Horas presenciais H. traballo alumno ECTS
    Clases maxistrais -- -- --
    Seminarios 6,0 9 0,6
    Prácticas Lab. 20,0 20,0 1,6
    Titorías grupo 1 4 0,20
    Subtotal 27 33 2,40
    Titorías individualizadas 1 4 0,20
    Exame e revisión 2 8 0,40
    Total 30 45 3,00

    Faise constar que a natureza da materia, asociada a las actividades en los laboratorios de investigación, fai que sexa obrigatoria a asistencia a todas as actividades antes citadas
    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable que o alumno teña coñecementos no manexo de Microsoft Word e Excel. Tamén se recomenda un dominio básico do inglés para facilitar a consulta de libros, artigos científicos e páxinas web.
    Os alumnos poden acceder ao programa da materia a través da páxina Web da titulación do Master na dirección:
    http://www.usc.é/gl/titulacions/

    Calquera información adicional para coñecer o funcionamento da Universidade de Santiago de Compostela pode consultarse directamente na páxina Web da mesma na dirección: www.usc.es

    Observacións
    A lingua principal para a impartición de esta materia será o castelán