Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4141102 - Bioenxeñaría (Bioprocesos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 42.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Cordero Santamaria, Oscar J.NON
DIAZ JULLIEN, CRISTINA.NON
GOMEZ MARQUEZ, JAIME JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Achegar os coñecementos da bioloxía, en particular da bioquímica e a bioloxía molecular, mediante procedementos de estudo, experiencia e práctica, e fomentando o razoamento crítico, para que os futuros Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos podan desenvolver as súas competencias profesionais relacionadas co ámbito biotecnolóxico.
    Contidos
    Contidos teóricos
    TEMA 1. Introdución ao metabolismo. Concepto de metabolismo. Tipos de rutas e reacións metabólicas. Bioenerxética.
    TEMA 2. Enzimas. Características da reacción enzimática. Cinética M-M. Inhibición das enzimas. Concepto de alosterismo. Regulación da actividade enzimática.
    TEMA 3. Rutas metabólicas centrais e metabolismo enerxético. Panorámica do anabolismo e catabolismo. Glicólise. Fermentacións. Ciclo do ácido cítrico. Transporte electrónico e Fosforilación oxidativa. Breve resume de outras rutas metabólicas e a súa integración nas rutas centrais.
    TEMA 4. Integración do metabolismo. Interconexión das vías metabólicas. Produción de metabolitos secundarios. Regulación do metabolismo.
    TEMA 5. Dogma Central da Bioloxía Molecular. Estrutura do DNA. Xenes exgenomas. Expresión do DNA: transcrición e tradución. Código Xenético e Mutacións.
    TEMA 6. Regulación da Expresión Xénica. Regulación da expresión xénica en procariotas: o operón lac. Regulación da expresión xénica en eucariotas.
    TEMA 7. Enxeñaría xenética. Manipulación e análise das moléculas de DNA. Secuenciación do DNA. PCR. Clonación. Tipos de vectores. Transformación de células procariotas e eucariotas. Mutaxénese dirixida. Inactivación de xenes.
    TEMA 8. Aplicacións da Bioenxeñaría. Xenoma, proteoma, metaboloma. Organismos modificados xenéticamente. Produción de proteínas recombinantes. Enxeñaría metabólica.

    Programa de prácticas
    PRÁCTICA 1: Clonación dun cDNA. Transformación bacteriana mediante choque térmico cun plásmido recombinante. Aillamento do plásmido dende cultivos bacterianos polo método da lise alcalina. Dixestión do plásmido con enzimas de restrición. Amplificación do cDNA mediante PCR.
    PRÁCTICA 2: Análise do cDNA amplificado. Análise por electroforese en xeles de agarosa do plásmido purificado e dixerido con enzimas de restrición e dos produtos de reación da PCR. Purificación do cDNA dende o xel de agarosa. Crecemento en medio líquido de colonias transformadas.
    PRÁCTICA 3: Expresión e purificación da proteína recombinante. Indución con IPTG da expresión da proteína recombinante nos cultivos transformados. Extración e purificación da proteína recombinante mediante cromatografía de afinidade.
    PRÁCTICA 4: Análise da proteína recombinante mediante electroforese. Preparación de xeles de poliacrilamida. Electroforese SDS-PAGE para determinación do peso molecular da proteína recombinante.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (sempre se recomendará a última edición):

    - Lehninger Principios de Bioquímica. David L. Nelson & Michael M. Cox. Editorial Omega.
    - Molecular Biotechnology. B. Glick & J. Pasternak. ASM Press

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA

    - Bioquímica. Jeremy M. Berg, John L. Tymoczko & Lubert Stryer. Editorial Reverté.
    - Molecular Cloning: A Laboratory Manual. J. Sambrook & D. Russel. CHSL press
    - Pathway Analysis and Optimization in Metabolic Engineering
    Nestor V. Torres & Eberhard O. Voit
    Editorial: Cambridge University Press
    2011
    Competencias
    Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do título Máster en Bioenxeñaría e Bioprocesos: CG2, CG7, CG17, CG18, CE1, CE3, CT4 y CT5. Con maior intensidade as competencias CG7, CG18 y CE3.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases Maxistrais: o obxectivo destas clases é ensinar ao estudante os aspectos xerais do metabolismo e a súa regulación así como os fundamentos da Bioloxía Molecular como soporte teórico esencial para comprender a Enxeñaría Xenética e as súas aplicacións:

    - Seminarios: o obxectivo dos seminarios é servir de apoio ás clases de teoría e ás prácticas e proporlle ao estudante un traballo individual, en formato de publicación científica, sobre un tema relacionado coa Bioenxeñaría que terá que presentar por escrito e realizar unha presentación ante os seus compañeiros e os profesores do Máster.

    - Prácticas de Laboratorio: o obxectivo destas prácticas é ensinar ao estudante algunhas das técnicas básicas nun laboratorio de Bioloxía Molecular (Enxeñaría Xenética).

    Sistema de evaluación
    A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. As ausencias deberán ser xustificadas debidamente.

    1. A avaliación consistirá en dúas partes:
    1.1) Avaliación continua (EC), que consta a súa vez de:
    i. Seminarios: presentación oral e escrita do traballo (20%)
    ii. Titorías/Informe do profesor (5%)
    iii. Prácticas laboratorio: execución das prácticas e memoria final (25%)

    1.2) Exame final: é imprescindible aprobar este exame para superar a materia (50%)

    Para a convocatoria extraordinaria, conservarase a nota acadada na avaliación continua.

    Os alumnos repetidores deberán cursar a materia íntegramente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial:

    15 horas de clases teóricas
    8 horas de seminarios
    2 horas de titorías
    18 horas de prácticas de laboratorio

    Traballo individual:

    15 horas de preparación da teoría
    16,5 horas para exercicios escritos, conclusións ou outros
    8 horas para a preparación da presentación do exercicio
    20 horas para a preparación das prácticas e a elaboración da memoria final

    Recomendacións para o estudo da materia
    O estudante debe repasar e ampliar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando a bibliografía recomendada. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades propostas deben acudir nas horas de titoría a falar co profesor, co obxectivo de que éste poda analizar o problema e axudar a resolver as ditas dificultades.
    Observacións
    As clases se impartirán en castelán.