Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4141109 - Habilidades directivas (Dirección e Xestión Empresarial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Fernández, Manuel Dámaso.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    * Adquisición dun repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.

    * Adquisición dunha progresiva toma de conciencia da importancia do factor humano na organización.

    * Adquisición dunha serie de coñecementos introductorios sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de intervención sobre o comportamento humán nas organizacións.

    * Adquisición de hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuir á súa solución.
    Contidos
    1. A Comunicación eficaz nas relacións interpersoais e nas organizacións.

    * Funcións da comunicación.
    * A comunicación interpersoal nas organizacións.
    * A comunicación organizacional formal: Os fluxos de comunicación interna na organización.
    * A comunicación organizacional informal.
    * Redes organizacionais de comunicación.

    2. A Motivación laboral.

    * A motivación no contexto organizacional: Concepto.
    * Teorías de Contido da Motivación.
    * Teorías de Proceso da Motivación.
    * Aplicación dos principios teóricos á xestión de RR.HH.

    3. O proceso de "Toma de decisións".

    * Definición, problemas e condicións.
    * Modelos normativos da toma de decisións: O Home Económico.
    * Modelos descriptivos da toma de decisións: O Home administrativo

    4. O Conflicto e a xestión dos conflictos.

    * O conflito organizacional: concepto.
    * O proceso do conflito.
    * Estratexias para a xestión do conflito.
    * A negociación.
    * A mediación e a arbitraxe.

    5. O Liderado e a Dirección de equipos: A formación dun equipo de alto rendimento.

    * Liderado organizacional.
    * Os equipos de traballo.
    * Liderado e participación: Modelo de Vroom e Yetton.


    Bibliografía básica e complementaria
    Básica


    ROBBINS, S.P. y JUDGE, T.A. (2009). Comportamiento Organizacional (13ª ed.). México: Pearson.



    Complementaria


    ARNOLD, J.; RANDALL, R. et al. (2012). Psicología del trabajo: Comportamiento humano en el ámbito laboral (5ª ed.). México: Pearson.

    ALBADALEJO, M. (2007). La comunicación más allá de las palabras: Qué comunicamos cuando creemos que no comunicamos. Barcelona: Graó.

    BARÓ, T. (2012). La gran guía del lenguaje no verbal. Barcelona: Paidós.

    CÁCERES, M.D. (2003). Introducción a la comunicación interpersonal. Madrid: Síntesis.

    DAVIS, F. (2004). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza.

    ESTANQUEIRO, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal: Para saber tratar con las personas. Madrid: Narcea

    FUENTE ANUNCIBAY, R. de la y DIEGO VALLEJO, R. de (2008). Estrategias de liderazgo y desarrollo de personas en las organizaciones. Madrid: Pirámide.

    FURNHAM, A. (2001). Psicología Organizacional. México: Oxford University Press.

    HARGIE, O. y DICKSON, D. (2004). Skilled interpersonal communication (4ª ed.). London: Routledge.

    HASLAM, S.A., REICHER, S. y PLATOW, M. (2010). The new psychology of leadership. Londres: Psychology Press.

    HODGE, B.J.; ANTHONY, W.P. Y GALES, L.M. (2003). Teoría de la organización: Un enfoque estragtégico. Madrid: Pearson.

    LUTHANS, F. (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). México: McGraw Hill.

    MUCHINSKY, P.M . (2004). Psicología Aplicada al Trabajo. Madrid: Paraninfo-Thompson Learning.

    NAVARRO, J. (2011). La inteligencia no verbal. Barcelona: Viceversa.

    PORRET GELABERT, M. (2012). Gestión de personas: Manual para la gestión del capital humano en las organizaciones (5ª ed.). Madrid: ESIC Editorial.

    ROBBINS, S.P. y JUDGE, T.A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Madrid: Pearson.

    ROCA, E. (2007). Cómo mejorar tus habilidades sociales: programa de asertividad, autoestima e inteligencia emocional. Valencia: ACDE.

    RODRÍGUEZ PORRAS, J.M. (2005). El factor humano en la empresa. Barcelona: Deusto.

    VALLÉS, A. (2003). Curso de habilidades sociales, competencia social y asertividad. Valencia: Promolibro.

    VALLS, A. (2010). Las 12 habilidades directivas clave (6ª edición). Barcelona: Gestión 2000.


    VAN-Der HOFSTADT, C. y GÓMEZ, J.M. (2006). Competencias y habilidades profesionales para universitarios. Madrid: Díaz de Santos.

    WAINWRIGHT, G.R. (2004). El lenguaje del cuerpo. Madrid: Pirámide.

    WEST, R. y TURNER, L.H. (2005). Teoría de la comunicación. Analisis y aplicación. Madrid: McGraw-Hill.

    WHETTEN, D.A. y CAMERON, K.S. (2011). Desarrollo de habilidades directivas (8ª ed.). México: Pearson.


    Competencias
    Competencias Xerais:

    - CG2: "Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en entornos novos e definidos de xeito impreciso, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados".
    - CG3: "Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao eido científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade".
    - CG4: "Ser capaz de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou mais campos de estudo".
    - CG5: "Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de emitir xuízos e toma de decisións a partir de información incompleta ou limitada que incluyan reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas do exercício profesional".
    - CG6: "Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder correxir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño".
    - CG11: "Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de producción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, planificación e loxística, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos".
    - CG12: "Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humáns aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sostibilidade e xestión medio ambiental".


    Competencias Transversais:

    - CT1: "Saber transmitir dun xeito claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do eido da innovación máis avanzada, así como os fundamentos mais relevantes sobre os que se sustentan".
    - CT3: "Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais".
    - CT4: "Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espíritu emprendedor".
    - CT6: "Dominio da xestión do tempo e de situacións críticas".
    - CT7: "Capacidade analítica, crítica e de síntese".
    - CT8: "Habilidade para as relacións interpersoais".
    - CT9: "Compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible".
    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodologías docentes. (1) Clases expositivas, (2) Clases interactivas, (3) Seminarios e/ou conferencias e mesas redondas e, (4) Titorías de grupo.

    As clases expositivas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluídos no programa. As clases interactivas serán de dous tipos: (1) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empíricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, (2) as de carácter "instrumental", que teñen por obxeto dotar aos estudantes (a un nivel elemental) das competencias de consultoría necesarias para aplicar, en situacións reais, as habilidades tratadas a nivel teórico. Os seminarios teñen a finalidade de profundizar nalgún dos temas do programa mediante un tratamento mais especializado dos mesmos. As conferencias e mesas redondas buscan achegar ao estudante á realidade da profesión. Os informes de prácticas que os estudantes teñen que presentar ao longo do semestre, ademais de utilizarse como criterio de avaliación da aprendizaxe de contidos e destrezas instrumentais, permitirannos obter información sobre a adquisición de habilidades de comunicación verbal (oral e escrita) e non verbal.

    As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de grupo, permitirán a retroalimentación do progreso do estudante ao longo do semestre. A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto dos contidos do programa da materia.

    Ademais, o/a alumno/a terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.

    Sistema de evaluación
    A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición dos coñecementos teóricos presentados nas sesións presenciais (expositivas e interactivas) da materia, realizarase mediante un exame final escrito (tipo "test"), que deberán realizar todos os estudantes matriculados na mesma.

    A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función da participación e do desempeño dos alumnos/as nas tarefas programadas ao longo do semestre (seminarios, estudos de caso, simulacións, etc), tal e como éstas queden reflectidas nos informes de prácticas, e nos demáis elementos utilizados no devandito proceso de avaliación contínua.

    A calificación final do estudante na materia na convocatoria de xuño (máximo de 10,0) resultará do sumatorio das calificacións obtidas durante a avalaiación contínua (informes de prácticas, gravacións en vídeo, asistencia e participación nas clases e seminarios, etc.) e no exame final, de acordo coa siguiente táboa de valores:

    * Avaliación contínua: 4,0 puntos.
    * Titorías: 1,0 punto
    * Exame Final: 5,0 puntos.

    As condicións de avaliación da materia na convocatoria extraordinaria de xullo serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño.

    As cualificacións obtidas nos apartados "avaliación contínua" e "titorías" serán válidas durante dous cursos académicos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais:

    * Sesións expositivas (13,5h).
    * Seminarios especializados (4h).
    * Clases prácticas (14h).
    * Titorías (4,5h).
    * Avaliación (Exame Final) (2h).

    Total de horas de actividades presenciais: 38 horas.


    Traballo persoal do estudante:

    * lectura e preparación do material de apoio ás clases expositivas (10h).
    * Lectura previa, análise e discusión (grupal) de material de apoio ás clases interactivas. Elaboración dos informes de prácticas (36h).
    * Preparación das titorías (8h).
    * Avaliación (Preparación do Exame Final) (20,5h).

    Total de horas de traballo persoal do estudiante: 74,5 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; aportando tamén unha grande cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.

    A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón no lo permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.

    Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas aos alumnos polas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.

    O/A estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesor da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fora delas. Así pois, recoméndase que o/a alumno/a, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de atención a estudantes do profesor.
    Observacións
    A clases impartiranse en castelán.