A ETSE é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia.
Tomando como referencia a política de calidade da USC, a ETSE elabora a súa política marcándose como principal obxectivo da mesma o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade como elemento crave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.
SGIC Marco da USC (Comisión Delegada do Consello de Goberno de Calidade e Planificación, 31 de Maio do 2013)
Manual Simplificado do SGIC da ETSE (Comisión de Calidade, 13 de xuño de 2013; Xunta de Escola, 20 de xuño de 2013)
A ETSE desenvolve a súa política de calidade a través do seu plan estratéxico, a súa programación plurianual e o plan anual de melloras.
Panificación estratéxica (Xunta de Escola, 16 de abril de 2009; Comisión de Calidade delegada do Consello de Goberno, 6 de xullo de 2011)
Programa plurianual 2009-2012 (Comisión de Calidade, 28 de outubro de 2010; Xunta de Escola, 23 de xuño de 2011)
Plan anual de mellora