
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enxeñaría Informática
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), no ámbito da Informática. Preténdese preparar profesionais cunha formación transversal e versátil; un/a enxeñeiro/a de amplo espectro e de doada adaptación a distintos ámbitos de traballo.
Por iso a configuración do plan de estudos orientouse á adquisición, por parte do estudante, de coñecementos, capacidades e destrezas básicas dentro da especialidade e con mentalidade aberta para adaptarse aos novos escenarios que a súa traxectoria profesional lle poida demandar.
COMPETENCIAS XERAIS:
- Aprender de xeito autónomo novos coñecementos e técnicas axeitados para a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas informáticos.
- Comunicar de forma efectiva, tanto por escrito como oralmente, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coas TIC e, concretamente da Informática, coñecendo o seu impacto socioeconómico.
- Comprender a responsabilidade social, ética e profesional, e civil no seu caso, da actividade do Enxeñeiro en Informática e o seu papel no ámbito das TIC e da Sociedade da Información e o coñecemento.
- Concibir e levar a cabo proxectos informáticos utilizando os principios e metodoloxías propios da enxeñaría.
- Deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, aplicacións e servizos informáticos, así como da información que proporcionan, conforme á lexislación e normativa vixentes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Capacidade para redactar e desenvolver proxectos, que teñan por obxecto, a concepción, desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas
- Capacidade para deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, aplicacións e servizos informáticos, así como da información que proporcionan.
- Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de aplicacións e servizos informáticos.
- Capacidade para concibir, desenvolver e manter sistemas e aplicacións software empregando os métodos da enxeñaría do software e linguaxes de programación.
- Capacidade para concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes.
- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da súa profesión e facilidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
- Coñecemento de materias básicas e tecnoloxías, que capaciten a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías.
- Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da súa profesión.
- Capacidade para a dirección de actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática.
- Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos no seu ámbito específico da informática.
- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
- Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
- Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como de lexislación, regulación e normalización na informática.
- Capacidade de traballar nun grupo multidisciplinar e nun ámbito multilingüe e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, ideas, coñecementos, procedementos e resultados relacionados coa informática.
Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Prácticas Externas recoñecidas no art. 12.6 do R.D. 1393/2007: Máximo: 9
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría Informática (7/08/2009) [pdf - 790 kb][Actualizado: 8/9/10]
Corrección da resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría Informática (22/9/2009) [pdf - 143 kb][Actualizado: 8/9/10]
Ampliación de a resolución de adaptación (18/12/2009) [pdf - 188 kb][Actualizado: 8/9/10]
Modificación da resolución de adaptación (8/02/2010)[pdf - 313 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 60
Demanda do ano anterior: 8.569 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Para o ingreso no Grao en Enxeñaría Informática recoméndase que a formación do alumno/a sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, resulta recomendábel ter unha sólida formación en matemáticas e unha formación básica en física. Para aqueles estudantes que non teñan formación nestas materias, a USC ofrece complementos de formación, que se imparten antes do inicio do curso, mediante o Programa de Materias de Nivelación (http://www.usc.es/materiasponte).
Ademais, é desexábel que o futuro estudante do Grao en Enxeñaría Informática posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Interese polas innovacións tecnolóxicas na informática
- Interese pola mellora continua
- Capacidade de abstracción e imaxinación á hora de enfrontar os problemas
- Capacidade de análise e síntese de grande cantidade de información
- Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
- Capacidade para usar o tempo de forma efectiva.
- Curiosidade científica
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán.
- Capacidade de traballo en equipo
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Recoméndase que a formación do alumnado sexa de perfil científico-tecnolóxico.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: O curso ponte para os Enxeñeiros Técnicos en Informática de Sistemas consta de 60 créditos e está formado polas seguintes materias obligatorias do Grado en Enxeñaría Informática:
- Computación Gráfica (4,5 créd.)
- Administración de Sistemas e Redes (6 créd.)
- Desenvolvemento de Aplicacións Web (6 créd.)
- Interacción Persona-Ordenador (6 créd.)
- Computación Distribuída (6 créd.)
- Enxeñaría de Computadores (4,5 créd.)
- Enxeñaría do Coñecemento (6 créd.)
- Compiladores e Intérpretes (4,5 créd.)
- Traballo Fin de Grao (16,5 créd.)
Para obter o título de Graduado/a en Enxeñaría Informática, deberá acreditarse o coñecemento de nivel B1 dunha lingua estranxeira, de acordo cos niveis de referencia establecidos polo Marco Común Europeo.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Os estudantes poderán inscribirse para a realización do Traballo Fin de Grao unha vez superados o 75% dos créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo, o estudante deberá superar todos os demais créditos necesarios para o título de Grao, isto é, polo menos 223,5 ECTS. Para non atrasar a graduación dos estudantes que reúnan os requisitos, a ETSE ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os dous cuadrimestres.
Prácticas en empresas: O Plan de Estudos de Grao en Enxeñaría en Informática inclúe o recoñecemento de 9 créditos optativos por realización de prácticas externas
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A Escola conta coa colaboración de varios profesores que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutelar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida, así como asinar os acordos académicos de mobilidade que aseguren que a acción se enmarque nos obxectivos e competencias do título. A Escola, a través do Responsábel Académico de Mobilidade e da Comisión de Título, promove a incorporación de novos acordos académicos baseándose en recomendacións de profesores coñecedores da universidade en cuestión, e vela porque as ditas accións sexan un complemento á formación dos estudantes do centro, avaliando anualmente a renovación de cada acordo.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011101 | Fundamentos de Matemáticas | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4011102 | Álxebra | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4011103 | Matemática Discreta | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4011107 | Estatística | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4011121 | Cálculo e Análise Numérica | 6.00 | OB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011105 | Programación I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4011109 | Programación II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4011222 | Algoritmos e Estruturas de Datos | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4011225 | Programación Orientada a Obxetos | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4011326 | Computación Distribuída | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G4011445 | Programación Declarativa | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4011449 | Programación de Sistemas Multinúcleo e Multiprocesador | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011104 | Sistemas Dixitais | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G4011108 | Fundamentos de Computadores | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4011228 | Arquitectura de Computadores | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G4011327 | Enxeñaría de Computadores | 4.50 | OB | 2SG | 3º | G4011423 | Compiladores e Intérpretes | 4.50 | OB | 1SG | 4º | G4011443 | Sistemas paralelos | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011230 | Deseño de Software | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G4011325 | Enxeñaría do Software | 12.00 | OB | ANG | 3º | G4011442 | Calidade do Software | 4.50 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011221 | Bases de Datos I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4011226 | Bases de Datos II | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G4011444 | Administración de Bases de Datos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4011450 | Recuperación de Información e Bases Documentais | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011321 | Teoría de Autómatas e Linguaxes Formais | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4011421 | Enxeñaría do Coñecemento | 6.00 | OB | 1SG | 4º | G4011446 | Investigación de Operacións | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011322 | Administración de Sistemas e Redes | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4011341 | Administración Avanzada de Sistemas e Redes | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4011424 | Seguridade Informática | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011323 | Desenvolvemento de Aplicacións Web | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4011342 | Deseño de Aplicacións Web Avanzadas | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4011441 | Arquitecturas Orientadas a Servizos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G4011448 | Xestión de Procesos de Negocio | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011201 | Organización e Xestión Empresarial | 6.00 | FB | 2SG | 2º | G4011328 | Xestión de Recursos Humanos e Comportamento Organizacional | 4.50 | OB | 2SG | 3º | G4011422 | Xestión de Proxectos Informáticos | 4.50 | OB | 1SG | 4º | G4011425 | Aspectos legais e normativos das TIC | 4.50 | OB | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011106 | Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G4011223 | Sistemas Operativos I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4011224 | Redes | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G4011227 | Sistemas Operativos II | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G4011229 | Computación Gráfica | 4.50 | OB | 2SG | 2º | G4011324 | Interacción Persoa-Ordenador | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G4011343 | Sistemas Multimedia | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4011344 | Tecnoloxía de Redes | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G4011447 | Computación Ubicua | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011451 | Prácticas Externas | 9.00 | OP | PEGM | 4º | PLN.CONT.VER.SV |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011426 | Traballo Fin de Grao | 16.50 | OB | TFGM | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G4011229 | Computación Gráfica | 4.50 | OB | 2SG | º | G4011322 | Administración de Sistemas e Redes | 6.00 | OB | 1SG | º | G4011323 | Desenvolvemento de Aplicacións Web | 6.00 | OB | 1SG | º | G4011324 | Interacción Persoa-Ordenador | 6.00 | OB | 1SG | º | G4011326 | Computación Distribuída | 6.00 | OB | 2SG | º | G4011327 | Enxeñaría de Computadores | 4.50 | OB | 2SG | º | G4011421 | Enxeñaría do Coñecemento | 6.00 | OB | 1SG | º | G4011423 | Compiladores e Intérpretes | 4.50 | OB | 1SG | º | G4011426 | Traballo Fin de Grao | 16.50 | OB | TFGM | º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable