
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Centro onde se imparte:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 03/03/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: González Álvarez, Julia
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos específicos do master son os seguintes:
a. Formación de persoal con coñecementos avanzados no ámbito da Enxeñaría Química
b. Incorporación dos nosos titulados como investigadores ás liñas de Investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non só na investigación en si, senón tamén na xestión de proxectos
c. Promoción do intercambio de coñecementos con grupos de investigación doutros centros de investigación mediante a mobilidade dos nosos alumnos dentro do novo espírito de Bolonia.
Outro obxectivo xeral a alcanzar será que os estudiantes adquiran unha boa capacidade de comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Sendo un dos obxectivos do master iniciar ó alumno no campo da investigación, será prioritario acadar que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo autodirixido e autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS:
O estudante para adquirir o título deberá adquirir as seguintes competencias xerais que corresponden ás indicadas no RD1393/2007 de 29 de Outubro:
1. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
2. Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir da información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
3. Capacidade para comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
4. Posesión das habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da investigación en enxeñería química e de procesos.
2. Coñecer e deseñar as operacións unitarias avanzadas aplicables nos procesos químicos e bioquímicos.
3. Coñecer os sistemas e ferramentas básicas en I+ D+i.
4. Organizar e planificar a investigación.
5. Deseñar e calcular solucións inxenierís a procesos químicos.
6. Establecer a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proceso químico.
7. Aplicar ferramentas de xestión ambiental: Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS.
8. Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
9. Comparar e seleccionar alternativas técnicas.
10. Identificar tecnoloxías emergentes.
11. Redactar informes e artigos científicos.
12. Elaborar proxectos de investigación.
13. Organizar, planificar e dirixir traballos de I+ D+ i
14. Aplicar os fundamentos de enxeñería química a casos non coñecidos.
15. Fomentar o autoaprendizaxe.
16. Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
17. Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
18. Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
19. Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
20. Resolver problemas de forma efectiva.
21. Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
22. Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
No presente Master trátase de proporcionar un conxunto de coñecementos en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais que sexa suficiente para que os enxeñeiros ou licenciados teñan a posibilidade de desenvolver o seu labor ao incorporarse á industria ou a outros campos de actividade profesional e/ou profundaren en campos específicos da Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais que, en moitos casos, sirvan de base para a elaboración da tese doutoral.
As actividades realizadas nesta fase formativa deberán permitir aos alumnos aplicar non só os coñecementos adquiridos, senón tamén potenciar a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos o multidisciplinares, típicamente asociados ao sector concreto da Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais na que desenvolvan posteriormente a súa actividade investigadora.
Igualmente trátase de potenciar que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións da Área de Ensinanzas Técnicas
Titulacións da Área de Ciencias Experimentais
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4071101 | Ferramentas metodolóxicas aplicadas a Procesos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P4071102 | Planificación da Investigación en Enxeñaría Química e Ambiental | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P4071103 | Xestión da Investigación e de Proxectos de I+D | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P4071201 | Modelización e Control de Procesos Biolóxicos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4071104 | Operacións de Separación Emerxentes | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P4071202 | Reactores Bioquímicos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P4071203 | Procesos Térmicos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P4071204 | Procesos Enzimáticos de Interese Industrial | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P4071205 | A Reoloxía nos Procesos Industriais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4071105 | Análise de Ciclo de Vida e Ecodeseño | 3.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P4071106 | Procesos Avanzados de Tratamento e Reutilización de Augas | 3.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX | P4071206 | Seguridade e Análise de Riscos en Procesos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P4071207 | Avaliación e Remediación da Contaminación Atmosférica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P4071208 | Tecnoloxía para o Aproveitamento de Residuos de Biomasa Forestal | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P4071209 | Flóculos, Gránulos e Biopelículas en Tratamento de Augas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P4071210 | Tecnoloxía de Secado nas Industrias Química e Alimentaria | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4071107 | Traballo Fin de Máster | 24.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable