
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: null
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: OMIL PRIETO, FRANCISCO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos xerais do título son preparar a alumno para asumir as funcións e tarefas que deben dominar os Enxeñeiros Ambientais.
COMPETENCIAS XERAIS:
Identificar e formular problemas ambientais
Planificar, deseñar, e proxectar solucións, ben sexan modelos de xestión, obras ou instalacións, para evitar e resolver os ditos problemas.
Executar a construción ou instalación correspondentes ás devanditas solucións.
Explotar, manter e xestionar obras, instalacións ou servizos ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Ter un coñecemento global dos problemas ambientais.
Relacionar as leis das diferentes esferas para alcanzar a sustentabilidade.
Coñecer as técnicas de construción e instalación en enxeñería.
Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global.
Coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables nos procesos ambientais.
Elaborar proxectos de enxeñería ambiental.
Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais.
Aplicar ferramentas de planificación e optimización.
Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución.
Xestionar de forma eficiente os recursos e enerxía, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovables.
Modelizar sistemas ambientais tanto naturais como artificiais.
Aplicar ferramentas de xestión ambiental: Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ESO, EMAS...
Este máster defínese dentro do marco Espazo Europeo de Educación Superior como un máster de perfil profesional.
O perfil profesional do Enxeñeiro Ambiental é o ter como misión específica a prevención de danos ambientais, a protección da contorna e o avance da calidade ambiental fronte a problemas como son o consumo non sostible dos recursos, xeración de residuos, contaminación das augas, do aire e dos chans, para o cal é necesario unha formación básica que lle permita deseñar, proxectar e executar obras e instalacións, mellorar procesos, e proporcionar posibles solucións aplicables aos problemas ambientais reais.
1.- En función do sinalado no apartado anterior, os ámbitos profesionais nos que se prevé desenvolverán a súa actividade serán:
Empresas de construción e instalacións ambientais
Empresas de servizos ambientais (xestión, explotación e control)
Organismos públicos con competencias no medio ambiente
Departamentos de prevención de riscos e medio ambiente
Centros de I+D+I na área de Enxeñería Ambiental. Formación e Docencia.
2.- Os postos a desempeñar serán:
Directivos e técnicos na industria, enxeñerías, administración e servizos.
Docente universitario.
Exercicio libre da profesión.
Investigador.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de ciencias experimentais e de ensinanzas técnicas.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012101 | Balances de Materia e Enerxía | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012102 | Ecotoxicoloxía | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012103 | Desenvolvemento de Proxectos e Construción | 3.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012201 | Modelización Ambiental | 3.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012202 | Dereito Ambiental | 3.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012104 | Calidade de augas | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012105 | Tecnoloxías do Tratamento de Augas | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012106 | Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental | 4.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4012203 | Explotación de EDAR e ETAP | 3.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012107 | Medio Ambiente Atmosférico e Redución de Emisións | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4012108 | Instrumentación e Monitorización Ambiental | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4012204 | Laboratorio de Modelización da Calidade do Aire | 3.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4012205 | Técnicas de Análise Territorial | 3.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012109 | Contaminación e Recuperación de Solos | 4.50 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4012110 | Xestión e Tratamento de Residuos | 4.50 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4012206 | Laboratorio de Solos e Residuos | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P4012207 | Edafoloxía Aplicada | 3.50 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P4012210 | Laboratorio de Solos e Residuos | 3.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4012211 | Edafoloxía Aplicada | 4.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012111 | Prácticas Externas | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012112 | Avaliación do Impacto Ambiental | 3.50 | OB | 1SG | 2 | 3S | P4012113 | Deseño Ecolóxico de Procesos e Productos | 5.00 | OB | 1SG | 2 | 3S | P4012208 | Planificación de Sistemas Naturais | 3.50 | OP | 1SG | 2 | 3S | P4012209 | Tecnoloxías Limpas | 3.50 | OP | 1SG | 2 | 3S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4012114 | Traballo Fin de Máster | 18.00 | OB | TFGM | 2 | 3S |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable