
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enxeñaría Química
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10
Data de publicación no BOE: 22 de febreiro de 2011
Data da última acreditación: 29/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
A titulación de grao en Enxeñaría Química debe formar profesionais que coñezan o deseño de procesos e produtos, incluíndo a concepción, cálculo, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións onde se efectúen procesos nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados como o farmacéutico, biotecnolóxico, alimentario ou ambiental. Así mesmo, esta formación permitiralle desempeñar postos na industria manufactureira, en empresas de deseño e consultoría, tarefas de asesoría técnica, legal ou comercial, na administración e no ensino nos niveis secundario e universitario de pregrao, así como o exercicio libre da profesión e a elaboración de ditames e peritacións.
O título debe implicar por unha banda unha formación xeneralista en ciencias básicas (matemáticas, física, química e bioloxía) e en materias tecnolóxicas básicas; por outra unha formación específica de enxeñaría química para poder abordar o estudo de sistemas nos que as sustancias experimentan unha modificación na súa composición, contido enerxético ou estado físico.
Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial
Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos
Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas
Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñería.
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería
Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñería
Coñecementos dos fundamentos da electrónica
Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais
Coñecementos sobre: Balances de materia e enerxía, Biotecnoloxía, Transferencia de materia, Deseño de reactores.
Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de: Simulación de procesos químicos, Control e instrumentación de procesos químicos.
O título de grado en Enxeñaría Química habilita para a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial (Orde CIN/351/2009 pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial e Lei 12/1986 de 1 de abril sobre a regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos; normativa que no futuro regule a profesión). A titulación recolle todas as competencias da Tecnoloxía especifica: Química Industrial que recolle a devandita normativa.
Aínda que, dada a versatilidade do enxeñeiro químico, existe unha clasificación en 27 sectores, o 93% do emprego concéntrase principalmente en sete:
-Materiais e Polímeros
-Deseño e contratación de Plantas
-Industria farmacéutica
-Institutos de Investigación
-Industria de Procesos Químicos
-Sector do Petróleo e Gas
-Industria Petroquímica.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enxeñaría Química [pdf - 946 kb][Actualizado: 9/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 60
Demanda do ano anterior: 9.844 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, os alumnos poden ser admitidos na titulación do Grao en Enxeñaría Química de reuniren os requisitos de acceso que estabelece a lei. Para o ingreso no Grao en Enxeñaría Química recoméndase de xeito especial que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro deste perfil, ademais de en química, física e matemáticas resulta recomendábel ter formación en debuxo técnico.
Ademais, sería desexábel que o futuro estudante do Grao en Enxeñaría Química posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Interese pola resolución de problemas reais
- Habilidade no cálculo
- Capacidade de análise e síntese
- Curiosidade tecnolóxica
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en castelán e en galego.
- Capacidade de traballo en equipo
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: a) Os titulados en Enxeñaría Química pola USC (plan de 1994) deberán cursar as seguintes materias obrigatorias:
-Electrotecnia (6 ECTS)
-Enxeñaría bioquímica (4,5 ECTS)
-Aula profesional (6 ECTS)
-Traballo fin de grao (24 ECTS)
b) Os titulados en Enxeñaría Química pola USC (plan de 2003) deberán cursar as seguintes materias obrigatorias:
-Inglés técnico (4,5 ECTS)
-Enxeñaría bioquímica (4,5 ECTS)
-Aula profesional (6 ECTS)
-Traballo fin de grao (24 ECTS)
c) Os titulados en Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial, pola USC deberán cursar as seguintes materias obligatorias:
-Termodinámica aplicada á Enxeñaría Química (6 ECTS)
-Electrotecnia (6 ECTS)
-Ciencia de materiais (6 ECTS)
-Fundamentos de máquinas e resistencia de materiais (6 ECTS)
-Simulación e optimización (4,5 ECTS)
-Enxeñaría Bioquimica (4,5 ECTS)
-Traballo fin de grao (24 ECTS)
Os titulados por outras universidades que non teñan acreditadas as competencias de todas as materias da titulación de Grao, tal como se estabelece no apartado anterior, poderán cursar outras materias distintas ás que integran o curso ponte.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O TFG realizarao individualmente cada alumno baixo a dirección dalgún dos profesores da titulación e aplicará os contidos desenvolvidos na titulación facendo fincapé nas competencias xerais que é necesario adquirir en profundidade.
Recoméndase seguir a estrutura curricular do título, dado que no Traballo Fin de Grao deberán plasmar os contidos e competencias adquiridos nas mesmas
Prácticas en empresas: A materia Aula Profesional (obrigatoria de 6 créditos e de 4º curso) brindará dúas posibilidades ao alumno:
1.A realización de prácticas en empresas;
2.A asistencia a cursos, seminarios e talleres da Aula Profesional.
A realización dos créditos de prácticas en empresas implicará que o alumno realice prácticas nunha ou máis empresas, durante un máximo de 150 h para os efectos de recoñecemento, dentro daquelas coas que se chegou a un convenio.
Os alumnos que realicen prácticas en empresas terán un titor da universidade que realizará un seguimento ao alumno e velará pola calidade do traballo efectuado ao longo das prácticas.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4021101 | Física | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G4021102 | Informática | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G4021103 | Matemáticas | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G4021104 | Química Fundamental | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G4021105 | Química Inorgánica | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4021106 | Estatística | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G4021121 | Fundamentos de Procesos Químicos | 6.00 | OB | 1SG | OFERTA.1 | G4021123 | Análise de Procesos Químicos | 4.50 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G4021122 | Inglés Técnico | 4.50 | OB | 1SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4021201 | Ecuacións Diferenciais | 6.00 | FB | 1SG | G4021202 | Expresión Gráfica | 6.00 | FB | 2SG | G4021203 | Economía de Empresa | 6.00 | FB | 2SG | G4021204 | Química Orgánica | 6.00 | FB | 2SG | G4021222 | Termodinámica Aplicada á Enxeñaría Química | 6.00 | OB | 1SG | G4021223 | Electrotecnia | 6.00 | OB | 1SG | G4021224 | Transporte de Fluídos | 6.00 | OB | 1SG | G4021225 | Transmisión de Calor | 6.00 | OB | 2SG | G4021226 | Laboratorio de Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor | 6.00 | OB | 2SG | G4021221 | Química Analítica | 6.00 | OB | 1SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4021321 | Ciencia de Materiais | 4.50 | OB | 1SG | G4021323 | Sistemas de produción Industrial | 4.50 | OB | 1SG | G4021325 | Enxeñaría Ambiental | 4.50 | OB | 2SG | G4021330 | Fundamentos de Máquinas e Resistencia de Materiais | 6.00 | OB | 1SG | G4021322 | Transferencia de Materia | 6.00 | OB | 1SG | G4021324 | Enxeñaría da Reacción Química | 4.50 | OB | 1SG | G4021326 | Enxeñaría Bioquímica | 4.50 | OB | 1SG | G4021327 | Control de Procesos | 6.00 | OB | 2SG | G4021328 | Reactores Químicos | 6.00 | OB | 2SG | G4021329 | Enxeñaría de Procesos | 4.50 | OB | 2SG | G4021341 | Operacións de Separación | 4.50 | OP | 2SG | G4021342 | Xestión da Calidade | 4.50 | OP | 2SG | G4021343 | Xestión e Tratamento de Residuos | 4.50 | OP | 2SG | G4021344 | Xestión e Tratamento de Augas | 4.50 | OP | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G4021422 | Proxectos e Deseños de Instalacións | 6.00 | OB | 1SG | G4021424 | Automática Industrial | 4.50 | OB | 1SG | G4021421 | Laboratorio de Procesos Químicos | 6.00 | OB | 1SG | G4021423 | Simulación e Optimización | 4.50 | OB | 1SG | G4021425 | Aula Profesional, Itinerario Cursos e Seminarios | 6.00 | OB | 2SG | G4021426 | Aula Profesional, Itinerario Prácticas en Empresas | 6.00 | OB | PEGM | G4021441 | Procesos de Química Industrial | 4.50 | OP | 1SG | G4021442 | Seguridade e Prevención de Riscos | 4.50 | OP | 1SG | G4021443 | Prevención e Control da Contaminación Atmosférica | 4.50 | OP | 1SG | G4021444 | Laboratorio de Enxeñaría Ambiental | 4.50 | OP | 1SG | G4021427 | Traballo fin de Grao | 24.00 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable