
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Computación de Altas Prestacións
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 150/2010 de 16 de setembro (DOG do 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 21/04/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: FERNANDEZ PENA, ANSELMO TOMAS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Este Máster ten como principal obxectivo a formación de investigadores no campo da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións. Isto incide na formación académica, de investigación e de transferencia de tecnoloxía que permitirá aos alumnos incorporarse a centros ou departamentos de innovación, investigación e desenvolvemento, parques tecnolóxicos, parques industriais, centros de alta tecnoloxía, e/ou comezar a realización da tese doutoral na área da computación de altas prestacións.
Igualmente, promóvense os valores sociais e ambientais relacionados coa informática, e un conxunto de competencias transversais orientadas ao desenvolvemento profesional, como son a capacidade de traballo en equipo, de dirixir grupos de traballo, de comunicación oral e escrita e, particularmente, a capacidade de seguir aprendendo ao longo da traxectoria profesional.
COMPETENCIAS XERAIS:
Os investigadores formados neste máster:
1.- Coñecerán a arquitectura do computador, dos sistemas multiprocesadores e dos supercomputadores así como as arquitecturas avanzadas.
2.- Utilizarán estes coñecementos para aumentar o rendemento das aplicacións.
3.- Serán capaces de xerar código optimizado e aplicar técnicas de computación concorrente.
4.- Coñecerán os sistemas operativos para sistemas paralelos e distribuídos, a súa estrutura interna e as ferramentas dos mesmos.
5.- Serán expertos en avaliar o rendemento dos computadores e os programas.
6.- Saberán utilizar as técnicas de supercomputación e as ferramentas que proporcionan os supercomputadores para resolver problemas científicos e técnicos da súa especialidade.
De xeito xeral, seguindo as directrices do RD 1393/2007, garantirase:
1.- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
2.- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
3.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
4.- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1.- Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou un software dado.
2.- Definir, avaliar e seleccionar a arquitectura e o software máis adecuado para a resolución dun problema.
3.- Coñecer o manexo das librerías numéricas de HPC, as súas posibilidades e as súas aplicacións nos distintos campos da Enxeñería.
4.- Profundar no coñecemento das ferramentas de programación e depuración particularmente en contorna Unix e linguaxes C e Fortran.
5.- Coñecer as arquitecturas emerxentes no campo da supercomputación.
6.- Analizar, deseñar e implementar algoritmos e aplicacións paralelas eficientes.
7.- Adquirir coñecementos sobre as tecnoloxías de virtualización: instalación, configuración e utilización.
8.- Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para a computación Grid e Cloud.
9.- Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor e ser capaz de mellorar o rendemento e as súas capacidades.
10.- Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas.
11.- Implementar as políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade.
12.- Coñecer as tendencias en supercomputación así como a súa utilización práctica nos sectores industrial, académico e público.
13.- Integrarse na operativa diaria dun centro relacionado coa supercomputación.
14.- Implantar e administrar sistemas de supercomputación, HPC e HTC.
15.- Deseñar un proxecto de nova execución.
16.- Xestionar un proxecto colaborativo.
Existe tamén unha gran demanda de profesionais, en centros de computación con coñecementos de alto nivel de administración de sistemas así como especializados na xestión de infraestruturas de computación científicas.
Estas non só engloban a parte informática senón que ademais inclúen formación nos servizos de soporte destes sistemas, como son as infraestruturas de acondicionamento eléctricas, climáticos e de seguridade necesarios.
Tamén se necesitan nas áreas de cálculo das universidades, que requiren este tipo de perfil así como resaltar as necesidades das pequenas e medianas empresas do sector manufacturero en relación coa simulación numérica.
Este tipo de profesionais demándase en centros ou departamentos de innovación, investigación e desenvolvemento, parques tecnolóxicos, parques industriais, centros de altas tecnoloxías, etc.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
- Licenciatura en Informática.
- Enxeñería en Informática.
- Grao en Enxeñería Informática.
- Grao en Informática.
- Física.
- Matemáticas.
- Enxeñería en Telecomunicacións.
- Enxeñería Electrónica.
- Enxeñería Industrial.
- Outras enxeñerías, enxeñerías técnicas
- licenciaturas e graos en calquera área de ciencias.
Lic. en Informática, Enxeñaría en Informática,Grao en Enxeñaría Informática,Grao en Informática,Lic. Física,Lic. Matemáticas,Enx.En Telecomunicacións,Enx Electrónica,Enx. Industrial
Outras Enxeñarías e enx. Técnicas
Licenciaturas e graos de calquera área de Ciencias
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4091101 | Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091102 | Arquitectura e Tecnoloxía de Supercomputadores | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091103 | Programación Paralela | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091104 | Técnicas de Optimización e Paralelización | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091105 | Software de Base para Supercomputación | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091106 | Computación Científica e Simulación de Altas Prestacións | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4091107 | Computación en Sistemas Distribuídos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091108 | Administración de Sistemas I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4091109 | Taller de Proxectos | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4091201 | Computación Científica en Arquitecturas Emerxentes | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4091202 | Depuración de Programas e Análises do Rendemento | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4091203 | Administración de Sistemas II | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4091204 | Administración de Instalacións de Supercomputación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4091110 | Traballo Fin de Master | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable