
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Tecnoloxías da Información
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 245/2011 do 15 de decembro (DOG do 03/01/2012)
Data de publicación no BOE: -
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Bugarín Diz, Alberto José
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
A finalidade do título é fundamentalmente a formación dos estudantes en aspectos avanzados científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos da enxeñería informática e a preparación para o exercicio profesional e a I+D+i no ámbito da enxeñaría informática. Preténdese preparar profesionais versátiles que poidan desenvolver a súa actividade no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información nun sentido amplo, con posibilidade de fácil adaptación a diferentes contornas de traballo.
COMPETENCIAS XERAIS:
- Capacidade para proxectar, calcular e deseñar productos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñería informática.
- Capacidade para a dirección de obras e instalacións de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e asegurando a calidade do servizo.
- Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
- Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñería en Informática.
- Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais.
- Capacidade para a dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da Enxeñería Informática.
- Capacidade para a posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos informáticos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
- Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos.
- Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontoloxía profesional do ámbito da enxeñaría en Informática.
- Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Módulo de dirección e xestión
1.- Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da Enxeñería Informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares.
2.- Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñería informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de software, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornas de traballo multidisciplinares.
Módulo de Tecnoloxías Informáticas
1.- Capacidade para deseñar, definir a arquitectura, implantar, xestionar, administrar e manter aplicacións, redes, sistemas, servizos e contidos informáticos.
2.- Capacidade de comprender e saber aplicar o funcionamento e organización de Internet, as tecnoloxías e protocolos de redes de nova xeración, os modelos de compoñentes, software intermediario e servizos.
3.-Capacidade para asegurar, xestionar, auditar e certificar a calidade dos desenvolvementos, procesos, sistemas, servizos, aplicacións e productos informáticos.
4.-Capacidade para deseñar, desenvolver, xestionar e avaliar mecanismos de certificación e garantía de seguridade no tratamento e acceso á información nun sistema de procesamento local ou distribuído.
5.-Capacidade para analizar as necesidades de información que se plantexan nun entorno e levar a cabo en todas as súas etapas o proceso de construción dun sistema de información.
6.- Capacidade para deseñar e avaliar sistemas operativos e servidores, e aplicacións e sistemas baseados en computación distribuída.
7.- Capacidade para comprender e poder aplicar coñecementos avanzados de computación de altas prestacións e métodos numéricos ou computacionais a problemas de enxeñaría.
8.-Capacidade de deseñar e desenvolver sistemas, aplicacións e servizos informáticos en sistemas empotrados e ubicuos.
9.- Capacidade para aplicar métodos matemáticos, estatísticos e de intelixencia artificial para modelar, deseñar e desenvolver aplicacións, servizos, sistemas intelixentes e sistemas baseados no coñecemento.
10.- Capacidade para utilizar e desenvolver metodoloxías, métodos, técnicas, programas de uso específico, normas e estándares de computación gráfica.
11.-Capacidade para conceptualizar, deseñar, desenvolver e avaliar a interacción persoa-ordenador de produtos, sistemas, aplicacións e servizos informáticos.
12.- Capacidade para a creación e explotación de contornas virtuais, e para a creación, xestión e distribución de contidos multimedia.
Módulo de Proxecto Fin de Máster
1.- Capacidade para a dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos productos e a súa homologación.
2.- Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría en Informática de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas
Este Máster combina unha formación intensa de base en aspectos profesionais da enxeñaría en informática (que profundan a formación obtida no Grao) coa especialización en contidos máis innovadores, que abarcan os sistemas intelixentes, os sistemas de información espacial, a visión artificial ou o tratamento de sinal.
O perfil profesional maioritario é o de consultor avanzado en tecnoloxías da información, director/xestor de proxectos de enxeñaría informática, investigador en proxectos de I+D+i no ámbito da enxeñaría informática.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por nivel de preferencia:
Nivel 1
Grao en Enxeñaría Informática
Graos que verifiquen os criterios do ap. 4.2.1 da
Resolución 8/06/09 da SGU
Enxeñeiro/Licenciado en Informática
Nivel 2
Títulos que verifiquen os criterios do ap. 4.2.2 da
Resolución 8/06/09 da SGU
Nivel 3
Enx. Técnico en Informática de Sistemas
Enx. Técnico en Informática de Xestión
Nivel 4
Outras Enxeñarías na rama de Arquitectura e Enxeñaría
Graos- Licenciaturas da rama de CC. Experimentais
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: A materia proxecto fin de másters (19,5 ECTS) desenvólvese no terceiro cuadrimestre e inclúe un conxunto de actividades formativas (seminarios, xornadas, visitas técnicas, ...) que forman ao estudante en aspectos tecnolóxicos, de innovación e emprendemento que non se contemplan nas restantes materias. Este bloque formativo totaliza 4,5 ECTS e pode ser recoñecido total ou parcialmente por actividades semellantes realizadas polos propios estudantes. A información completa, xunto cos procedementos, regulamentos e formularios relativos ao Proxecto Fin de Máster están dispoñibles la sección "Proxecto Fin de Máster" da Web do Máster: www.usc.es/etse/mtin
Plan de Acción Titorial: Realízase unha xornada de inicio de actividades do Máster, que se desenvolve no primeiro día lectivo e na que se presentan diversos aspectos organizativos do mesmo. Para cada unha das actividades específicas (prácticas en empresas, mobilidade internacional, proxecto fin de máster, ...) existe un profesor responsable que facilita a información relevante e realiza o seguemento das actividades e procesos correspondientes. Mais información na web propia do Máster: www.usc.es/etse/mtin
Prácticas en empresas: A materia prácticas en empresas (12 ECTS) está prevista para ser cursada preferentemente ao final do primeiro curso. A oferta de prácticas é xestionada polo coordinador de prácticas en empresas de xeito conxunto coa oferta de prácticas do Grao en Enxeñaría Informática, e ten un perfil diferenciado desta. A asignación faise nunha sesión pública que vai precedida por unha xornada informativa onde as diferentes empresas dan a coñecer a súa oferta de xeito directo. A información detallada das prácticas está dispoñible na sección "Prácticas en Empresas" da Web da ETSE: www.usc.es/etse/practicasempresas
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131101 | Plans de Sistemas | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4131102 | Xestión Integral de Proxectos | 4.50 | OB | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131103 | Auditoría de sistemas e calidade de Software | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131104 | Computación de altas prestacións para a enxeñaría | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131105 | Web Intelixente | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4131106 | Interfaces multimodais | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4131107 | Sistemas encaixados, ubicuos e móbiles | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131201 | Procesado dixital de sinais | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4131202 | Tratamento dixital de imaxes | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P4131203 | Visión por ordenador | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131204 | Desenvolvemento de aplicacións en arquitecturas especializadas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131205 | Sistemas intelixentes | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131206 | Análise intelixente de datos | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131207 | Aprendizaxe automática | 6.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131208 | Procesado de información espazo-temporal | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131209 | Sistemas de información espacial | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P4131210 | Visualización avanzada | 6.00 | OP | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131211 | Prácticas externas en empresas | 12.00 | OP | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P4131108 | Proxecto fin de máster | 19.50 | OB | ANG | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable