Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Benvida da Decana

Benvida da Decana

Benquerido visitante,

No meu nome e no de aquelas persoas que traballamos neste centro darvola benvida a esta páxina web oficial que pretende suministrar toda a información necesaria para coñecer os nosos obxectivos, organización e actividades.

A Facultade de Farmacia da USC foi fundada no ano 1857. Dende a súa fundación, polas súas aulas pasaron alumnas e alumnos de toda España xa que durante moitos anos, foi unha facultade que acollía alumnos, fundamentalmente, do norte de España. Hoxe en día, andia son moitos os alumnos que  nados en otras partes do país, estudan nas nosas aulas.

Esta Facultade de Farmacia constitúe un centro de referencia tanto pola docencia que se imparte, a formación dos licenciados aquí formados e pola investigación que desenvolven quen aquí traballa.

Neste intre na Facultade pódese cursar  Grado en Farmacia( que comenzou no curso 2010, e culminará a sua implantacion no curso 2014-15) - e tres Masters Oficiais: Enxenería Biotecnolóxica, Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos e Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria.

De toda a oferta docente e actividades organizadas pola Facultade, atoparás información nesta páxina web que espero che serva para para elexir, no seu caso este centro para a túa formación.

Isabel Sández Macho

1º e 2º ciclo (en extinción)