Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

541304 - Inmunoloxía (3º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
    • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
    • Centro: Facultade de Farmacia
    • Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    Abad Caeiro, Marcelina.NON
    DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES.NON
    García Martínez, María Paz.NON
    PEREZ-PARALLE MERA, MARIA LUZ.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo A (Letras A-I)OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo B (Letras J-Z)OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo L01OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L02OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L03OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L04OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L05OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L06OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L07OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L08OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L09HorariosLaboratorioNONNON
    Grupo L10HorariosLaboratorioNONNON
    Grupo L11HorariosLaboratorioNONNON

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Descrición dos principais elementos celulares e moleculares do sistema inmune.

    2. Descrición dos elementos e mecanismos que permiten o recoñecemento de antíxenos.

    3. Aplicar os principios da inmunidade á comprensión das enfermidades humanas.

    4. Ensinar técnicas básicas propias dun laboratorio de inmunoloxía.

    Contidos
    I. INTRODUCCIÓN Á INMUNOLOXÍA
    1.-Propiedades xerais da resposta inmunitaria.
    2.- Células e tecidos do sistema inmune.
    3.- O sistema do complemento.
    4.- Citoquinas.

    II. RECOÑECEMENTO DO ANTÍXENO
    5.- Anticorpos : estructura e función.
    6.- Bases xenéticas da diversidade de anticorpos.
    7.- O complexo principal de histocompatibilidade.
    8.- Procesamento e presentación de antíxenos os linfocitos T.
    9.- Receptor para antíxeno das células T.
    10.- Sinalización a través dos receptores dos linfocitos T e B.

    III. DESENVOLVEMENTO DOS LINFOCITOS
    11.- Linfocitos B.
    12.- Maduración dos linfocitos T.

    IV. A RESPOSTA INMUNITARIA ADAPTATIVA
    13.- Inmunidade mediada por células T.
    14.- Activación dos linfocitos B e producción de anticorpos.
    15.- Regulación da resposta inmunitaria.

    V. INMUNIDADE NA DEFENSA E NA ENFERMIDADE
    16.- Inmunidade frente os microorganismos.
    17.- Inmunodeficiencias conxénitas e adquiridas.
    18.- Autotolerancia e autoinmunidade. 19.- Alerxias e outras hipersensibilidades.
    20.- Reposta inmunitaria os transplantes.
    21.- Inmunidade frente os tumores.


    PRÁCTICAS

    1.- Reaccións de aglutinación: Determinación da proteína C reactiva. Detección da antiestreptolisina O.
    2.- Medida da actividade bactericida de células fagocíticas.
    3.- Reacción de inhibición da hemólisis. Determinación do ASLO.
    4.- Reaccións de inmunoprecipitación. Inmunodifusión dobre bidimensional. Determinación da IgG humana.
    5.- Serodiagnóstico pola reacción da fixación do complemento.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Abbas, A.K., Lichtman, A.H., y Pillai, S. Inmunología celular y molecular. 6ª Ed. Elsevier 2008.

    2. Delves, P.J., Martin, S.J., Burton, D.R., y Roitt, I.M. Inmunología: fundamentos. 11ª Ed. Editorial Médica Panamericana 2006.

    3. Goldsby, R.A., Kindt, T.J., Osborne, B.A. y Kuby, J. 2004. Inmunología. 5ª edición. McGraw-Hill Interamericana.

    4. Janeway, C.A. Jr, Travers, P, Walport, M., y Capra, J.D. Inmunobiología: el sistema inmunitario en condiciones de salud y enfermedad. 4ª Ed. Masson, S.A. 2000.

    5. Parham, P. 2006. Inmunología. 2ª edición. Editorial Médica Panamericana.

    6. Regueiro, J.R., López Larrea, C., González Rodríguez, S. y Martínez Naves, Y. Inmunología: biología y patología del sistema inmune. 3ª Ed. Editorial Médica Panamericana 2006.

    7. Roitt, I.M., Brostoff, J., y Male, D. Inmunología. 5ª Ed. Harcourt 2000.

    8. Roitt, I. y Delves, P.J. 2003. Inmunología. Fundamentos. 10ª edición. Editorial médica panamericana.

    Competencias
    1. Identificar os distintos tipos de células e tecidos implicados na resposta inmune.

    2. Describir as carácterísticas, estructura e funcións dos anticorpos, moléculas de histocompatibilidade, receptor dos linfocitos T e citocinas na resposta inmune.

    3. Relacionar a inmunoloxía básica cos diferentes procesos de defensa e enfermidade humanas.

    4. Aplicar e interpretar correctamente técnicas de diagnóstico inmunolóxico no laboratorio.

    Metodoloxía da ensinanza
    2 horas de teoría por semana e 6 horas de ensinanza titorial por semana.

    2 horas para a discusión e análisis dos traballos desenvolvidos polos alumnos.

    15 horas de ensinanza práctica no laboratorio nas que os estudantes deberán amosa-la súa destreza no uso de técnicas básicas de Inmunoloxía.

    Utilización de medios audiovisuais de apoio á ensinanza e á aprendizaxe

    Utilización da USC virtual onde se atopa disponible unha guía docente e material de apoio, así como unha guía onde se explican os fundamentos de cada práctica e a metodoloxía a empregar.


    Sistema de evaluación
    Ó principio do cuadrimestre estará a disposición dos alumnos unha guía coa bibliografía básica e unhas preguntas que deberán preparar sobre temas de actualidade relacionados coa inmunidade na defensa e na enfermidade. Estos traballos serán a base da ensinaza titorial e dos seminarios, e terán un valor do 20% da nota final.

    A avaliación da dedicación e da aprendizaxe das técnicas de laboratorio terán un valor de ata un 10% da nota final. Será obrigatoria a asistencia ás prácticas e a realización dun control ó final da estadía no laboratorio.

    O exame final dos contenidos teóricos constará dunha parte de preguntas obxectivas, con valor de ata o 30% da nota final, e unha parte de preguntas cortas, cun valor de ata o 40% da nota final. O valor final máximo do examen teórico é do 70%. Será necesario aproba-lo exame teórico para sumar as outras notas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1. Horas presenciais:
    a. 28 horas de teoría
    b. 15 horas prácticas no laboratorio
    c. 2 horas actividade en grupo

    2. Horas non presenciais:
    a. Horas de preparación da teoría e actividades: 62 horas

    3. Horas de avaliación:
    a. Exame de teoría: 2 horas
    b. Exame práctico: 20-30 minutos

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Utilización da bibliografía recomendada e, tamén, do material gráfico proporcionado polo profesor, imprescindible para a comprensión da materia.

    2. Lectura e reflexión frecuente sobre a materia explicada, necesarias para a integración dos coñecementos neste campo da ciencia.

    3. Recoméndase a asistencia ás titorías.

    Observacións
    Como consecuencia da extinción da materia, a partir do curso 2012-13 o sistema de avaliación realizarase como se describe a continuación:

    Exame teórico: Realizaranse dous exames finais, un na convocatoria de maio-xuño e outro na de xullo. As datas dos devanditos exames aparecerán no calendario de exames da Facultade e serán publicados ao principio do curso.

    A nota do exame teórico corresponde o 90% (máximo de 9 puntos) da nota final.

    Exame práctico: A realización das prácticas e a realización do exame ao final destas é imprescindible para poder aprobar a materia. Aqueles alumnos que non realizasen as prácticas da materia de Inmunoloxía deberán realizar as prácticas da materia de Inmunoloxía do Grao de Farmacia; para iso deberán poñerse en contacto ó principio do curso co seu profesor ou profesora.

    A nota do exame práctico corresponde ó 10% (máximo de 1 punto) da nota final.

    Para aprobar a materia de Inmunoloxía, o alumno debe obter cinco puntos sobre dez.