541432 - Farmacocinética Clínica (OPTATIVAS VINCULADAS) - Curso 2013/2014
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | SI | SI |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxectivos céntranse en presentar o conxunto de accións que, ao utilizar as concentracións plasmáticas dun principio activo e/ou metabolito, así como os principios farmacodinámicos e farmacocinéticos e a situación clínica do paciente permiten optimizar a terapéutica medicamentosa para un paciente concreto.
Contidos- Concepto e aplicacións da Farmacocinética Clínica (1 hora)
- Resposta terapéutica e toxicidade-. Establecemento do intervalo terapéutico-. Relación concentración plasmática-resposta farmacolóxica (3 horas)
- Variabilidade da resposta terapéutica: as causas e a súa identificación (2 horas)
- Variabilidade farmacocinética: factores fisiolóxicos: idade, peso, embarazo e outros factores (2 horas)
- Variabilidade farmacocinética: factores xenéticos (1 hora)
- Variabilidade farmacocinética: factores patolóxicos: insuficiencia renal, hepática, cardíaca, etc. (3 horas)
- Variabilidade farmacocinética: interaccións entre medicamentos (3 horas)
- Monitorización da concentración plasmática. Recollida de mostras e análise farmacocinética dos datos (2 horas)
- Monitorización de anticonvulsivantes: Difenilhidantoina, Fenobarbital, Ácido Valproico e Carbamazepina (3 horas)
- Monitorización de cardiotónicos: Digoxina (2 horas)
- Monitorización de antiarrítmicos: Procainamida, Lidocaina, Quinidina (3 horas)
- Monitorización de aminoglicósidos: Xentamicina, Tobramicina e Amikacina (2 horas)
- Monitorización de broncodilatadores: Tefilina (1 hora)
- Monitorización doutros medicamentos de especial interese: Vancomicina, Ciclosporina, Antidepresivos Tricíclicos (2 horas)
Bibliografía básica e complementariaBásica:
1-. Rowland M e Tozer T.N.: Clinical Pharmacokinetics: Concepts and Applications: 3ª Ed.: Williams& Wilkins: 1995
2-. Murphy J.E.: Clinical Pharmacokinetics: 2ª Ed. ASHP. Washington 2001
3-. Winter M.E.: Basic Clinical Pharmacokinetics: Applied Therapeutics Inc. Vancouver 2002
4-. BauerL.A.: Applied Clinical Pharmacokinetics: Mc Graw-Hill 2001
Complementaria:
1-. Evans W.E., Schentag J.J., Jusko W.J.: Applied Pharmacokinetics: 3ª Ed.: Applied Therapeutics Inc. Vancouver 1992
2-. Jimenez N.V., Casabó V.G., Sancho V.: Manual de procedimientos para Farmacocinética Clínica: AFAHPE: Valencia 1997
3-. Benet L.Z., Massard N, Gambertoglio J.G.: Pharmacokinetic Basis for Drug Treatment. Raven Press 1984
CompetenciasAo finalizar o curso de Farmacocinética Clínica o alumno debe poder responder as seguintes cuestións:
- Causas da variabilidade da resposta aos medicamentos na especie humana e a súa identificación.
- Establecer un programa de monitorización das concentracións plasmáticas dos medicamentos que máis frecuentemente se monitorizan na práctica clínica
- Seleccionar o modelo farmacocinético máis adecuado para o tratamento dos niveis plasmáticos.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía da ensinanza de Farmacocinética Clínica consiste en:
1. Programa teórico: constituído por 14 temas cunha duración total de 30 horas. O seu contido é o exposto na sección de contidos mínimos.
2. Programa de Seminarios: co seguinte contido:
Seminario 1: Relacións dose-resposta (2 horas)
Seminario 2: Axuste de dose en insuficiencia renal (2 horas)
Seminario 3: Interaccións entre medicamentos (2 horas)
Seminario 4: Monitorización de anticonvulsivantes (2 horas)
Seminario 5: Monitorización de digoxina (1 hora)
Seminario 6: Monitorización de antiarrítmicos (2 horas)
Seminario 7: Monitorización de aminoglicósidos (1 hora)
Seminario 8: Monitorización de broncodilatadores (1 hora)
Seminario 9: Monitorización de vancomicina e ciclosporina (2 horas)
Sistema de evaluaciónDado o número de alumnos que se veñen matriculando nos últimos anos (30 alumnos), realízanse 5 probas consistentes na resolución dunha cuestión práctica sobre os temas desenvolvidos nos seminarios. Estas 5 probas distribúense da seguinte forma:
Proba 1: Seminario 1
Proba 2: Seminario 2
Proba 3: Seminario 3
Proba 4: Seminarios 4 e 5
Proba 5: Seminarios 6, 7, 8 e 9
Cada unha destas probas é cualificada de 0 a 10 e o alumno debe obter unha puntuación media de 5. Aqueles alumnos que non alcanzan esta puntuación media realizan un exame, na convocatoria de febreiro, sobre cuestións das probas nas que non obtiveran unha puntuación de 5.
Tempo de estudo e traballo persoalConsidérase recomendable que o alumno empregue un tempo de 2 horas por cada hora de ensinanza teórica (en total 60).
Recomendacións para o estudo da materiaConsidérase moi recomendable que o alumno que desexe cursar a materia de Farmacocinética Clínica teña aprobada a materia de Biofarmacia e Farmacocinética. Igualmente, recoméndase que aprobara as materias de Tecnoloxía Farmacéutica.