Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081101 - Matemáticas e Estatística I (Matemáticas e Física) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 11.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeometría e Topoloxía
  • Áreas: Xeometría e Topoloxía
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Bonome Dopico, Agustin.NON
CASTRO BOLAÑO, REGINA Mª.NON
HERVELLA TORRON, LUIS MARIA.NON
Rodriguez Moreiras, Manuela.SI
Salgado Seco, Modesto Ramón.NON
SEOANE BASCOY, JAVIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosHoras de TitoríasNONNON
HorariosHoras de TitoríasNONNON
Grupo CLIS_09 (Grupo C1) HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Grupo A3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (Grupo A4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_06 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_07 (Grupo B3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_08 (Grupo B4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_10 (Grupo C2) HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_11 (Grupo C3) HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_12 (Grupo C4) HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01 (Grupo A1) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02 (Grupo A2) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03 (Grupo A3) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04 (Grupo A4) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05 (Grupo B1) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06 (Grupo B2) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07 (Grupo B3) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08 (Grupo B4) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09 (Grupo C1) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10 (Grupo C2) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11 (Grupo C3) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12 (Grupo C4) OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
L 12HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    – Dar a coñecer e ensinar a utilizar as ferramentas matemáticas necesarias (Derivadas, Integrais e Ecuacións Diferenciais de primeira orde e primeiro grao) para o estudo das distintas disciplinas que compoñen o Grao de Farmacia, que os capaciten para resolver problemas matemáticos sinxelos que xurdan en diferentes contextos (Bioloxía, Química, Física, Farmacocinética,…)

    – Proporcionar os coñecementos previos necesarios (Estatística Descritiva e Análise de datos, Teoría da Probabilidade, Variables Aleatorias e Distribucións de Probabilidade) para que resulten accesibles os métodos estatísticos básicos e máis utilizados, hoxe en día, na investigación farmacéutica.

    – Iniciar ao alumno/a no uso de software matemático.

    Contidos
    TEMA 1: DIFERENCIACIÓN
    1.1 Introdución. A derivada (interpretación xeométrica e física), notación de Leibniz. Cálculo de derivadas
    1.2 Trazado de gráficas
    1.3 Optimización: problemas de máximos e mínimos
    TEMA 2: INTEGRACIÓN
    2.1 O problema da área
    2.2 A integral definida, propiedades
    2.3 Integrais indefinidas. Teorema fundamental do cálculo integral
    2.4 Valor medio dunha función
    2.5 Integrais impropias
    TEMA 3: ECUACIÓNS DIFERENCIAIS
    3.1 Ecuacións diferenciais: concepto. Solución xeral e condicións iniciais
    3.2 Ecuacións diferenciais en variables separadas
    3.3 Ecuacións diferenciais lineais
    3.4 Aplicacións das ecuacións diferenciais: Lei de arrefriamento de Newton. Desintegración radiactiva. Aplicacións a modelos poboacionais. Aplicacións a distintos modelos na administración de medicamentos
    TEMA 4: ESTATÍSTICA DESCRITIVA
    4.1 Definición e obxectivos da Estatística. A Estatística na investigación farmacéutica
    4.2 Deseño do estudo, poboación e mostra
    4.3 Tipos de datos. Presentación de datos, táboas de frecuencias
    4.4 Medidas características dunha distribución (de tendencia central, posición, dispersión e forma)
    4.5 Representacións gráficas dos datos: diagramas de talo e follas, diagramas de barras, histogramas, diagramas de caixas
    TEMA 5: PROBABILIDADE
    5.1 Introdución e interpretación das probabilidades
    5.2 Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos
    5.3 Concepto e propiedades da probabilidade
    5.4 Probabilidade condicionada. Sucesos independentes
    5.5 Teorema das probabilidades totais e regra de Bayes
    TEMA 6: VARIABLES ALEATORIAS E DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE
    6.1 Concepto de variable aleatoria. Clases de variables aleatorias
    6.2 Distribucións de probabilidade discretas: Función masa de probabilidade. Función de distribución. Esperanza. Varianza
    6.3 Distribución Binomial
    6.4 Distribución de Poisson
    6.5 Distribucións de probabilidade continuas: Función de densidade. Función de distribución. Esperanza. Varianza
    6.6 A distribución Normal. Tipificación dunha variable. Aproximación á Normal dunha variable Binomial
    6.7 Distribucións asociadas á Normal: a distribución “t de Student”, a distribución “chi-cadrado de Pearson”, a distribución “F de Fisher- Snedecor”.

    Bibliografía básica e complementaria
    – Cao Abad R., Francisco Fernández M., y otros, “Introducción a la estadística y sus aplicaciones” Ed. Pirámide (Grupo Anaya, S. A.), Madrid, 2001.

    – Larson, Hostetler, Edwards, “Cálculo con geometría analítica. Volumen I” Octava edición. McGrw–Hill Interamericana, Madrid, 2006.

    – Milton, J.S.,“Estadística para Biología y Ciencias de la Salud” Tercera edición. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2001.

    – Murray R. Spiegel, “Ecuaciones diferenciales aplicadas” Ed. Dossat S. A., Madrid, 1983.

    – James Stewart, “Cálculo: Conceptos y contextos” Internacional Thompson Ed., 1999.

    – Valderrama Bonnet, M. J., “Métodos matemáticos aplicados a las Ciencias Experimentales” Ediciones Pirámide S. A., Madrid, 1989.

    Competencias
    As competencias curriculares que traballaremos, seguindo a orde dos temas son:
    – Comprender que o concepto de derivada coincide co de velocidade instantánea de cambio dunha magnitude con respecto a outra e adquirir habilidade no manexo do cálculo de derivadas. Aprender a representar e a interpretar as gráficas de funcións, facendo especial fincapé naquelas que rexen modelos físicos, biolóxicos e, en xeral, das ciencias da saúde.
    – Comprender que a integral definida é unha área, para poder chegar a entender o valor medio de calquera magnitude continua e a función de distribución das variables aleatorias continuas. Coñecer a noción de primitiva e a regra de Barrow. Coñecer as integrais impropias, xa que son imprescindibles para definir distintos conceptos estatísticos (esperanza, varianza,...) dunha variable aleatoria continua.
    – Chegar a modelizar fenómenos de interese no estudo das ciencias farmacéuticas mediante ecuacións diferenciais e resolver estas. Realizar o estudo e interpretación da función solución obtida.
    – Coñecer e interpretar diversas medidas de descrición de datos. Interpretar a información contida en diversas representacións gráficas.
    – Coñecer e aprender a traballar con experimentos aleatorios calculando probabilidades de sucesos e as súas diversas aplicacións (probas diagnósticas: sensibilidade e especificidade. Prevalencia...)
    – Coñecer e comprender o concepto de variable aleatoria, os seus tipos e características. Coñecer e aprender a traballar con modelos rexidos por distintas distribucións de probabilidade, en especial coa distribución Normal nas súas diferentes aplicacións: lecturas de análises clínicas, puntos de corte no diagnóstico dunha enfermidade.
    Ademais destas competencias estritamente curriculares, no curso traballaranse outras dúas:
    – Capacidade de análise e síntese.
    – Capacidade crítica e autocrítica.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dado que a materia é fundamentalmente práctica, poñerase especial interese en desenvolver os contidos con sinxeleza sen sacrificar a precisión.

    – Clases expositivas en grupo grande: en cada clase dedicarase un tempo á introdución, exposición ou ilustración dalgunha cuestión teórica, e o resto á resolución de problemas ou exercicios relacionados coa devandita cuestión.

    – Clases interactivas en grupo reducido: Entregaranse aos alumnos boletíns de exercicios e problemas, que se corresponderán cos contidos de cada un dos temas do programa. O alumno intentará, coa axuda do traballado no punto anterior, resolvelos, ou en caso necesario, solucionalos na aula, contando coa súa participación activa. Estas clases serán obrigatorias.

    – Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: Introducirase ao alumno á resolución de casos prácticos co seguinte software: programa MAPLE que lle facilitará os cálculos e o estudo de diversas representacións gráficas de funcións. Introdución de datos e codificación (prácticas con EXCEL). Estas clases serán obrigatorias.

    – As titorías en grupos moi reducidos dedicaranse, de forma individual ou en grupos, a resolver as dúbidas e dificultades particulares que vaian xurdindo, e ao seguimento individualizado de cada estudante.

    Sistema de evaluación
    A cualificación de cada estudante será mediante avaliación continua e a realización dos exames finais fixados no calendario da Facultade. O exame consistirá na resolución de problemas.

    A avaliación continua farase por medio de controis escritos, participación do estudante na aula e titorías.

    A cualificación do alumno/a será a suma do 80% da nota do exame final e o 20% da correspondente á evaluación continua.

    Na segunda oportunidade manteranse as mesmas condicións de avaliación e a nota da avaliación continua da primeira oportunidade.

    As prácticas de ordenador xa realizadas e superadas, manteranse como aprobadas en sucesivos cursos académicos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Clases expositivas en grupo grande 23
    Clases interactivas en grupo reducido 11
    Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 6
    Titorías en grupos moi reducidos ou individualizados 5
    Total horas de traballo presencial 45

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A
    Estudo autónomo individual ou en grupo 45
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 16,5
    Traballos en ordenador 6
    Total horas de traballo persoal do alumno/a 67,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    No curso dedícase moito tempo á resolución de exercicios. Obviamente, considérase un aspecto fundamental na aprendizaxe da materia, por iso recoméndase:
    – Intentar resolver os problemas dos boletíns.
    – Utilizar a bibliografía para afianzar os coñecementos e técnicas que permiten a resolución dos problemas propostos nos boletíns.
    – Acudir ás titorías para poder ir resolvendo as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
    – Utilizar a aula virtual da USC para acceder ao material didáctica.