G2081102 - Química Xeral (Química) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Inorgánica
- Áreas: Química Inorgánica
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Adquisición e consolidación, por parte dos alumnos, dos coñecementos básicos de Química relacionados co núcleo, estrutura atómica, enlace e cos procesos ácido-base e de oxidación-redución, que lle son necesarios para comprender e racionalizar os ensinos doutras materias cronologicamente posteriores do grao en Farmacia.
ContidosLECCION 1
Bases da moderna teoría do átomo. Aplicación elemental da mecánica ondulatoria. Os números cuánticos. Estrutura dos átomos polielectrónicos. Periodicidade das estruturas electrónicas atómicas. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica. Táboa periódica dos elementos.
LECCION 2
Presentación xeral do enlace. Enlace en agrupacións atómicas discretas: moléculas. Introdución á xeometría molecular: algúns exemplos significativos. Aproximación con carácter preditivo: T.R.P.E.C.V. Moléculas diatómicas: T.O.M. aproximación CLOA. Estruturas electrónicas dalgunhas moléculas homonucleares. Polaridad de enlace e electronegatividade.
LECCION 3
Introdución ao tratamento de moléculas poliatómicas. Xustificación dos aspectos estruturais das moléculas poliatómicas. Hibridación. Polaridade e momento dipolar en sistemas poliatómicos.
LECCION 4
O enlace en fases condensadas. Enlace iónico: aspectos estruturais. Consideracións enerxéticas: enerxía de rede.
LECCION 5
Forzas de enlace débiles: diferentes tipos. Enlace de hidróxeno.
LECCION 6
Equilibrio químico en disolución. Acidos e bases: definicións. Forza ácido-base. Constantes de acidez e basicidade. Equilibrio de autodisociación da auga. Exemplos específicos de ácidos e bases fortes e débiles.
LECCION 7
Comportamento dos sales en disolución acuosa: hidrólise. Disolucións reguladoras.
LECCION 8
Reaccións de oxidación-redución. Aspectos cualitativos e revisión de conceptos fundamentais. Aspectos cuantitativos. Potenciais rede-ox. Efectos da concentración. Exemplos específicos de oxidantes e reductores.
LECCION 9:
O núcleo. Reaccións nucleares. Radioactividade. Estabilidade nuclear. Series radioactivas. Fisión e fusión nuclear. Unidades de radioactividad.
Bibliografía básica e complementariaBásica (a ser posible no más de 2).
• R. H. Petrucci, W. S. Harwood, F. G. Herring, Química General, 8ª ed.; Prentice Hall, 2003
Complementaria.
• T. L. Brown, H.E. LeMay, Jr. y B.E. Bursten;Química. La Ciencia Central, 11ª ed.,
Prentice Hall, 2009
• Atkins, P. e Jones, L.: Principios de Química, 3ª ed.; Ed. Médica Panamericana, 2006
• Chang, R: Química, 9ª ed.; McGraw-Hill, 2007
• Gillespie, R.J., Humphreys, D.A., Baird, N.C. y Robinson, E.A.:Química; Reverté, 1990
• Kotz, J.C. e Treichel, P.M.: Química y reactividad química, 5ª ed.; Thomson, 2003
Competencias• Poder resolver calquera problema básico relativo á determinación das configuracións electrónicas dos elementos químicos, coñecer a distribución destes elementos ao longo do sistema periódico e, a partir diso, predicir un determinado número de propiedades periódicas. Analizar os diferentes tipos de enlace que se poden presentar cando os elementos químicos interactúan para formar compostos e estudar como o diferente tipo de enlace que presentan condiciona as propiedades dos mesmos. Saber resolver problemas relacionados cos procesos químicos ácido-base e de oxidación redución. Así, como os relacionados co núcleo.
• Dispor duns coñecementos básicos, pero suficientemente amplos, que permitan a adquisición dun xeito efectivo de coñecementos máis específicos dentro de cada unha das áreas da Química (analítica, biolóxica, física, inorgánica e orgánica).
• Poder explicar de xeito comprensible fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Química.
• Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar correcta e seguramente os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico sendo consciente das súas características máis importantes incluíndo perigo e posibles riscos.
• Ter a destreza de adquirir habilidades experimentais que o leven a asimilar outras máis complexas.
Metodoloxía da ensinanza A docencia da materia organizarase en clases expositivas e clases prácticas. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica. Realizaranse seminarios, para resolver problemas e cuestións prácticas, traballos monográficos, individuais ou en grupo, sobre temas de interese na materia. Nas clases prácticas de laboratorio, aplicaranse, a nivel experimental os coñecementos adquiridos. As tutorías, individuais ou colectivas, orientaranse á resolución de dúbidas.
Sistema de evaluación• Sistemas de avaliación e cualificación: A materia está dividida en duas partes, teórica e práctica, que se avaliarán por separado.
• A parte teórica da materia será avaliada cunha proba final, que suporá un 80% da cualificación final, constará de preguntas curtas e problemas encamiñados a que o alumno razoe sobre a materia estudada. Poderanse realizar probas parciais de avaliación ao longo do curso con obxecto de axudar o alumno no seguimento da materia.
• A avaliación da proba teórica complementarase coa valoración que se obteña do alumno nos aspectos relativos á realización dos exercicios e/ou problemas suxeridos polo profesor.
• Valorarase a asistencia a clases expositivas e a participación nas tutorías individuais/colectivas e seminarios, así, como a realización de traballos individuais ou en grupo. A asistencia as clases de seminario e obligatoria. Na avaliación final estes aspectos suporá un 20% da cualificación final.
• Nas prácticas terase en conta a opinión obtida sobre o alumno nas sesións de traballo no laboratorio e o seu caderno de prácticas. Avaliaranse por unha banda cuestións relacionadas co traballo no laboratorio e por outra as relacionadas coa elaboración do diario de laboratorio. A cualificación das prácticas será de “apto” ou “non apto”. Os alumnos non aptos en prácticas terán suspensa a materia. O alumno que non realice todas as prácticas será cualificado como “Non presentado”.
• O alumno debe obter cinco puntos sobre dez na parte teórica e a cualificación de apto nas prácticas para aprobar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial Horas Traballo persoal Horas
Clases expositivas 30 Estudo autónomo individual ou en grupo 52,5
Clases interactivas en grupos reducidos 7 Lecturas recomendadas e resolución de problemas 14
Prácticas de laboratorio 17 Preparación do traballo de laboratorio
e elaboración da memoria de prácticas 25,5
Titorías 2 Orientación e resolución de dúbidas 1
Exames e revisión 4 Preparación, realización e revisión do exame 14
Total horas presenciais 60 Total horas traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para o estudo da materia• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudo da materia ?ao día?.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor