Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081103 - Anatomía, Histoloxía e Citoloxía (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Morfolóxicas, Ciencias Morfolóxicas
  • Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTAÑO OREJA, Ma TERESA.NON
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA.NON
Domínguez Meijide, Antonio.NON
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA.NON
Nogueira Carballedo, Mª Luz.NON
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL.SI
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_11 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo A4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo B3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo B4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C1) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10 (Grupo C2) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11 (Grupo C3) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_12 (Grupo C4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01 (Grupo A1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS02 (Grupo A2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS03 (Grupo A3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS04 (Grupo A4)OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS05 (Grupo B1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS06 (Grupo B2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS07 (Grupo B3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS08 (Grupo B4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS09 (Grupo C1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS10 (Grupo C2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS11 (Grupo C3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS12 (Grupo C4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Adquirir os coñecementos morfolóxicos básicos nos que se fundamentan as ciencias da saúde.

    2.- Comprender e recoñecer a estrutura normal do corpo humano, a nivel celular, tisular e orgánico nas distintas etapas da vida e nos dous sexos

    3.- Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar adecuadamente a terminoloxía anatómica (nómina anatómica) que lle permitirá coñecer as bases da linguaxe científica propio das ciencias da saúde.

    4.- Coñecer os métodos básicos para o estudo microscópico.

    Contidos
    CLASES EXPOSITIVAS

    MÓDULO I: CITOLOXÍA
    Tema 1. Visión celular da organización dos seres vivos: A célula eucariota. Membrana plasmática I: Estrutura
    Tema 2. Membrana plasmática II: Función. Transporte a través de membrana
    Tema 3. Hialoplasma e citoesqueleto
    Tema 4. Compartimentación celular I: Retículo endoplasmático e Complexo de Golgi.
    Tema 5: Compartimentación celular II: Endosomas, Lisosomas, Peroxisomas e Mitocondrias.
    Tema 6. Núcleo e ribosomas
    Tema 7. Ciclo celular e división celular. Morte celular: Apoptose e Necrose

    MÓDULO II: HISTOLOXÍA
    Tema 8. - Introdución. Concepto de Histoloxía e tecido. Técnicas Histolóxicas.
    Tema 9. - Tecido epitelial. Características. Clasificación. Epitelios de revestimento. Glándulas exócrinas e endócrinas.
    Tema 10. - Tecido conxuntivo. Características e Tipos. Tecido conxuntivo laxo, denso, reticular e elástico. Tecido óseo. Cartilaxe. Óso.
    Tema 11. - Tecido muscular. Características. Tecido muscular liso. Músculo esquelético. Músculo cardíaco.
    Tema 12. - Sistema nervioso central e periférico. Tecido nervioso. Células: Neuronas e células da glía (astrocitos, oligodendrocitos, microglía, células ependimarias). Ganglios nerviosos. Nervio periférico.
    Tema 13. - Aparato circulatorio. Estrutura xeral do aparato circulatorio en 3 capas: íntima, media e adventicia. Corazón (endocardio, miocardio, pericardio; sistema cardionector; válvulas cardíacas). Arterias: arterias elásticas e musculares, arteríolas. Capilares sanguíneos: continuos, discontinuos e sinuosidais. Veas: propulsivas e de distribución. Vasos linfáticos.

    MÓDULO III: ANATOMÍA
    Tema 14. - Introdución. Concepto de anatomía. Nómina anatómica. Posición anatómica. Planos e eixes. Organización xeral do corpo humano.
    Tema 15. - Aparato locomotor: sistema esquelético. Esqueleto axial e apendicular.
    Tema 16. - Aparato locomotor: sistema articular.
    Tema 17. - Aparato locomotor: sistema muscular.
    Tema 18. - Aparato circulatorio: xeneralidades. Corazón. Cavidades cardíacas. Sistema cardionector. Vascularización e inervación.
    Tema 19. - Aparato circulatorio: arterias. Veas. Linfáticos
    Tema 20. - Aparato dixestivo: organización xeral. Boca. Farinxe. Esófago. Estómago
    Tema 21. - Aparato dixestivo: intestino delgado. Intestino groso. Recto. Fígado e vías biliares. Páncreas. Bazo.
    Tema 22. - Aparato urinario: ril e vías urinarias
    Tema 23. - Sistema nervioso: organización xeral. Sistema nervioso central. Sistema nervioso periférico. Sistema nervioso vexetativo. Meninxes.
    Tema 24. - Sistema nervioso: Medula espiñal. Organización xeral.
    Tema 25. - Madeiro do encéfalo. Núcleos principais. Formación reticular. Pares craniais. IV ventrículo.
    Tema 26. - Sistema nervioso: Diencéfalo. Telencéfalo. III, II e I ventrículo.
    Tema 27. - Sistema nervioso vexetativo. Simpático e Parasimpático. Organización funcional.
    Tema 28. - Sistema nervioso. Anatomía funcional da motricidade e a sensibilidade.

    CLASES INTERACTIVAS

    MÓDULO I: CITOLOXÍA
    SEMINARIOS: Os alumnos preparan e expoñen diferentes Temas relacionados ca materia.
    PRÁCTICAS DE LABORATORIO
    P1: Obtención e observación microscópica das células sanguíneas.
    P2: Estudio microscópico de preparacións de mitose e cromosomas metafísicos.

    MÓDULO II: ANATOMÍA
    SEMINARIOS
    1. -Aparato Respiratorio. Xeneralidades. Vías respiratorias. Pulmóns. Pleuras.
    2.- Aparato Dixestivo. Circulación Abdominal. Sistema Porta. Sistema Cava.
    3. -Aparato Reprodutor feminino, placenta e aparato reprodutor masculino
    4.- Órganos dos sentidos
    PRÁCTICAS (Sala de disección anatómica. Facultade de Medicina)
    1.- Aparato locomotor. Esqueleto. Articulacións e principais músculos.
    2.- Esplacnología. Órganos torácicos. Corazón. Grandes vasos. Pulmóns e pleuras. Maquetas e preparacións anatómicas.
    3.- Esplacnología. Órganos abdomino-pélvicos. Cavidade abdominal e o seu contido. Peritoneo. Cavidade pélvica e o seu contido. Maquetas e preparacións anatómicas
    4.- Sistema nervioso. Morfoloxía da medula espiñal e o encéfalo en maquetas e preparacións anatómicas.


    MÓDULO III: HISTOLOXÍA
    SEMINARIOS:
    1.- Aparato Circulatorio
    2.- Aparato dixestivo
    3.- Respiratorio e Urinario
    4.- Endócrino
    PRÁCTICA DE LABORATORIO
    P1 (2): Técnicas histolóxicas: Tinguidura Hematoxilina-Eosina. Recoñecemento microscópico dos tecidos básicos.
    P2 (1): Estudo de tecidos cun microscopio virtual.




    Bibliografía básica e complementaria
    BLOQUE I. CITOLOXÍA
    1.-Biología Molecular y Celular. Chandar N, Viseli S. Editorial Lippincott, Williams Wilkins.
    2.-Introducción a la biología celular. Alberts B, Bray D, Lewys J, Hopkin K, Jonson A, Lewis J, Raff M, Roberts K, Walter P. Editorial Médica Panamericana.
    3.-Biología celular y molecular, conceptos y experimentos. Karp, G. Editorial McGraw-Hill.
    4.-La Célula. Cooper GM, Hausman RE. Editorial Marban.

    BLOQUE II.HISTOLOXÍA
    1.- Histología Humana. Stevens y Lowe. Ed. Elsevier Mosby.

    BLOQUE III. ANATOMÍA
    1.- GRAY Anatomía para estudiantes. Drake R.L., A. Wayne Vogl, Adam W.M. Mitchell. Ed. Elsevier Churchill Livingstone.

    ATLAS DE ANATOMÍA E HISTOLOXÍA ACONSELLADOS
    1.- Prometheus. Atlas de Anatomía. Gilroy A.M., Brian R. MacPherson, Lawrence M. Ross, Michael Schünke, Erik Schulte, Udo Schumacher. Ed. Panamericana.
    2.- Atlas de Anatomía Humana. Netter, F. H. Ed. Elsevier/ Masson
    3.- Wheaters Histología Funcional. Young e Heath. Ed. Harcourt.

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
    1.-El mundo de la Célula. Becker WM, Kleinsmith LJ, Hardin J, Bertoni GP. Pearson Education.
    2.-Biologia Molecular de la Célula. Alberts, B, Bray, D., Watson, J.D. Editorial Omega.
    3.-Biología Celular y Molecular. Lodish H, Berk A, Matsudaira P, Kaiser CA, Krieger M, Scott MP, Zipursky SL, Darnell J. Editorial Médica Panamericana.
    4.- Anatomía con orientación clínica. Moore Kl, Dalley AF, Agur Amr. Ed. Wolters Kluwer Health.
    5.- Anatomía humana: descriptiva, topográfica y funcional. Rouviere Hm Delmas A.
    Ed. Masson.
    Competencias
    Competencias transversais

    CI01. Capacidade de análise e síntesis.
    CP01 Capacidade crítica e autocrítica.

    As competencias específicas desta materia inclúense entre as do módulo de Medicina e Farmacoloxía (ORDE CIN/2137/2008 do 3 de xullo (BOE 174)

    MF02: Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio

    MF12: Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.


    Metodoloxía da ensinanza
    - Docencia Expositiva: O profesor expoñerá os contidos do programa con apoio de medios audiovisuais e informáticos, destacando os apartados máis importantes e a bibliografía.

    - Docencia interactiva: Nos seminarios, os alumnos, en grupos reducidos e coa axuda do profesor, responderán questións e/ou farán excercicios sobre aplicación dos contidos teóricos. Ademáis, proxectaránse imaxes que deben ser interpretadas polo estudantado coa axuda do docente,

    -Nas prácticas trátase de observar, describir e recoñecer microscopicamente as diferentes células e tecidos, tanto mediante microscopía óptica como electrónica, así como identificar sobre as maquetas, preparacións anatómicas e sobre o cadáver os diferentes órganos e aparatos. Nas prácticas de anatomía o alumno dispoñerá dun manual orientativo do traballo.

    -Titorías programadas polo profesor: Nela realizarase a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas.
    Sistema de evaluación
    É obligatoria a asistencia tanto ás clases teóricas como ás prácticas e seminarios. O alumno noN será evaluado se non supera as prácticas.

    Docencia expositiva: Os contidos do programa, desenvolvidos nas clases expositivas, serán avaliados mediante un test de opción múltiple. A nota obtida supoñerá un 60% da calificación final

    Docencia interactiva: A súa avaliación supoñerá o 40% da nota final. Os traballos e actividades realizados nos seminarios e as prácticas serán avaliados de forma continua e cun exame final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo individual dos contidos do programa 50 horas e da preparación das prácticas 20 horas
    Elaboración de traballos e preparación de seminarios, 20 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un axeitado desenvolvemento das clases prácticas, é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio de material bibliográfico (atlas, libros, e imaxes dixitais presentadas na aula virtual). Nas prácticas de anatomía será obrigatorio o uso dunha bata branca e é recomendable que se dispoña dun atlas anatómico durante esta.
    Observacións
    A materia contará dunha aula virtual na que os alumnos poderán dispoñer de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio, así mesmo, publicarase un calendario de actividades e prácticas, así como recomendacións sobre o estudo e os traballos a desenvolver