Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081106 - Botánica (Bioloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
AIRA RODRIGUEZ, MARIA JESUS.NON
Amigo Vázquez, Francisco Javier.SI
CARBALLAL DURAN, Ma REGINA.NON
GUITIAN RIVERA, PABLO.NON
López Rodríguez, Maria del Carmen.NON
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA.NON
VIERA BENITEZ, Ma DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_11 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo A4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo B3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo B4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C1) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10 (Grupo C2) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11 (Grupo C3) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_12 (Grupo C4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01 (Grupo A1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS02 (Grupo A2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS03 (Grupo A3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS04 (Grupo A4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS05 (Grupo B1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS06 (Grupo B2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS07 (Grupo B3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS08 (Grupo B4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS09 (Grupo C1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS10 (Grupo C2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS11 (Grupo C3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS12 (Grupo C4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    + Obter un coñecemento xeral da bioloxía e sistemática dos grandes grupos de organismos que constitúen o obxecto de estudo da botánica: algas, briófitos, fentos, espermatófitos e hongos.
    + Conocer as características xerais das familias de plantas de maior interese farmacéutico e os seus principais aplicaciones.
    + Reconocer as especies máis comúns da nosa flora, especialmente aquelas plantas de interese farmacéutico, toxicolóxico, alerxénico, bromatolóxico, ecolóxico ou medioambiental.
    + Aprender o manexo de claves dicotómicas para a identificación taxonómica de plantas vasculares.

    Contidos
    Teóricos. –
    A clasificación da diversidade vexetal. Sistemática, taxonomía e nomenclatura. Claves de identificación. O Código Internacional de Nomenclatura Botánica. Características dos Fungos: Eumycota e Oomycota. Líquenes. Cianobacterias (Cyanophyta). Algas eucarióticas: Dinoflagelados (Dinophyta), Diatomeas (Bacillarophyceae). Algas Vermellas (Rhodophyta), Pardas (Heterokontophyta) e Verdes (Chlorophyta). Características xerais das plantas (Embriófitos). Os Briófitos (Bryophytina). As plantas vasculares (Traqueófitos) e os seus órganos vexetativos: raíz, talo e follas. Os Fentos (Pteridophytina). Os Espermatófitos, Ximnospermas e Anxiospermas. A flor. Ciclo biolóxico. Polinización. Fecundación. A semente e o froito. Anxiospermas: Monocotiledóneas e Dicotiledóneas. Plantas de interese farmacéutico, ecolóxico, bromatolóxico e industrial.

    Seminarios. -
    Seminario 1. - Conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas
    Seminario 2. - Exposición dun traballo de curso

    Prácticas. -
    Estudaranse fundamentalmente os aspectos morfolóxicos das plantas vasculares, con énfase na descrición e determinación destas con claves dicotómicas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    - Strasburger, E. et. al. 2004. Tratado de Botánica. 35ª ed, Edit. Omega.
    - Izco, J. y col., 2004. Botánica, 2ª ed., Edit. McGraw-Hill Interamericana.
    - Nabors M.W. 2006. Introducción a la Botánica. Edit. Pearson Educación S.A.
    - Díaz T.E. y col. 2004. Curso de Botánica, Edit. Trea.

    Complementaria (teoría)
    - Raven, P. H.; Evert, R. F. & Eichorn, S. E, Biología de las Plantas. 1991,vol I y II. Edit. Reverté.
    - Font Quer, P. 2000. Diccionario de Botánica, Edit. Labor.

    Complementaria (prácticas y seminarios)
    - Aizpuru, I. y col.1999. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco, Servicio de Publicaciones del Gobierno Vasco.
    - Bárbara, I. & Cremades, J. 1987. Guía de las algas del litoral gallego. Casa de las Ciencias. Ayuntamiento de La Coruña.
    - Bonnier G. & de Layens, G. 1997. Claves para la determinación de plantas vasculares, 5ª reimpresión, Edit. Omega.
    - Castroviejo, S. y col. 2001. Claves de Flora Ibérica, vol. I. Real Jardín Botánico de Madrid. Dpto de Publicaciones del CSIC, Madrid.
    - García. X.R. 2008. Guía das plantas de Galicia. Edit. Xerais.
    - Gerhardt, E.; Vila, J. y Llimona, X. 2000. Hongos de España y Europa. Manual de Identificación. Edit. Omega.
    - López-González, G. 2004. Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Edit. Mundi-Prensa
    Salvo Tierra, E. 1990. Guía de helechos de la Península Ibérica y Baleares. Edit. Pirámide
    - Wirth, V. y col. 2004. Guía de campo de líquenes, musgos y hepáticas. Edit. Omega.

    Recursos en Internet
    - Aula virtual da materia
    - www.floraiberica.org
    - www.anthos.es
    - www.sci.sdsu.edu/plants/plantsystematics
    - www.rjb.csic.es/
    - www.kew.org
    - www.usc.es/herbario
    - www.arbolesoramentales.com
    - www.labiblio.com/flora.htm
    - www. unex.es/botanica



    Competencias
    1) Xerais

    Preténdese que o alumnado obteña unha visión xeral da diversidade dos organismos vexetais e afíns, da súa bioloxía e morfoloxía.
    As competencias da titulación ás que contribúe esta materia son:
    - Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais.
    - Familiarizarse coa sistemática e coa nomenclatura dos seres vivos.
    - Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, usos tradicionais e actuais.
    - Fomentar o aprecio pola biodiversidade vexetal e concienciar da necesidade de conservar as especies vexetais.

    2) Competencias transversais que se desenvolven na materia
    Instrumentais
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Coñecementos xerais básicos. Adquisición de destrezas no manexo de claves de identificación de grupos botánicos, particularmente dos que teñan interese farmacéutico.
    - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas). Manexo da documentación específica sobre plantas medicinais, de comercialización en oficinas de farmacia e en herboristerías. Acceso a herbarios reais e virtuais.
    - Toma de decisións.

    Interpersoais
    Traballo en equipo.
    - Apreciación da diversidade. Recoñecer de visu as plantas máis comúns do seu ámbito, especialmente aquelas que teñan algunha aplicación farmacéutica.
    - Compromiso ético. Desenvolver habilidades no uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e coñecer os riscos asociados co uso indebido.

    Sistémicas
    - Capacidade de aplicar os coñecementos a práctica.
    - Capacidade de aprendizaxe.
    - Habilidade pra traballar de forma autónoma.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases expositivas 4 horas semanais ao longo do 2º cuadrimestre (total 22,5 horas), en semanas alternas. As sesións expositivas acompañaranse de apoio gráfico (transparencias, diapositivas, vídeos) e dunha aula virtual, na que o alumno dispoñerá de información e recursos didácticos complementarios.

    - Clases interactivas:
    - A) Dos seminarios, cunha duración total de 3 horas. O primeiro (S1), de 1 hora de duración impartirase no Laboratorio de Botánica e versará sobre os conceptos básicos de morfoloxía e manexo de claves dicotómicas. O segundo seminario (S2) de 2 horas de duración, dedicarase á exposición do traballo de curso.
    - B) Clases prácticas de laboratorio, terán unha duración total de 15 horas en sesións de 3 horas diarias durante 5 días seguidos.

    - Titorías:
    Organízanse en dúas sesións de 1 hora de duración cada unha delas. A primeira destinarase á organización do traballo de curso, formaranse grupos de 3-4 alumnos, tratarase o tema de estudo e as características deste (prazo de entrega, formato, amplitude, etc.). Na segunda titoría, os alumnos poderán participar nun itinerario botánico no campus universitario e arredores.

    Ademais, os alumnos contan con 6 horas semanais de consulta ao profesor durante todo o cuadrimestre, para consultar calquera dúbida acerca da materia co profesor (titorías de atención ao alumno).

    Sistema de evaluación
    O aprobado alcánzase con 5 puntos dun total de 10, dos cales polo menos 3,5 puntos serán da parte teórica.

    Os coñecementos teóricos puntuarán ata 7 puntos. Para avalialos, realizarase un exame final de toda a materia que constituirá ata un máximo de 7 puntos da nota final. Tamén se realizará un control unha vez finalizada a impartición dos primeiros 9 temas, que poderá servir de eliminatorio de materia para o exame final.

    Os coñecementos prácticos puntuarán ata 1,5 puntos. Para avalialos realizarase unha proba ao rematar a semana correspondente ás prácticas, que consistirá na descrición e determinación dunha ou máis plantas vasculares, mediante claves dicotómicas.

    O traballo de curso puntuará ata 1,5 puntos. Na súa avaliación considerarase positivamente a participación do alumno no "curso de Competencias Informacionais", curso on-line desenvolvido pola Biblioteca da Facultade.

    A asistencia ás clases interactivas (prácticas de Laboratorio), é obrigatoria para todos os alumnos de primeira matrícula. Se o alumno non asiste ás devanditas clases, poderá superar a materia nin na oportunidade ordinaria nin na recuperación. Os alumnos repetidores que non desexen repetir as prácticas renuncian á obtención de 1,5 puntos.

    A asistencia ás clases interactivas (seminarios), é obrigatoria para todos os alumnos. Se o alumno non asiste ás devanditas clases, renuncia á obtención de 1,5 puntos.

    A asistencia ás titorías é voluntaria. Non obstante, recórdase aos alumnos que na Titoría 1 se organizan os grupos para realizar o traballo polo tanto, deben asistir aqueles que vaian desenvolver este. Recórdase que no exámen de teoría tamén se inclúen preguntas sobre o itinerario botánico que se imparte na Titoría 2.

    As cualificacións obtidas manteranse exclusivamente durante o curso académico (dúas oportunidades).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo individual do alumno nesta materia estímase en 112,5 horas, das cales 45 son presenciais. Distribúense da seguinte forma:
    - 23 horas para clases expositivas máis 46 horas de estudo
    - 15 horas para clases interactivas (prácticas de laboratorio) máis 1,5 non presenciais
    - 3 horas para clases interactivas (seminarios) e 2 horas de titorías máis 20 horas de elaboración do traballo de curso
    - 2 horas para exames e revisión

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Recoméndase utilizar unha parte do tempo de estudo, para practicar a descrición e determinación de plantas vasculares con axuda dunha guía de campo, preferentemente de abril a xuño (período óptimo de floración para moitas especies).
    - Acceder ás páxinas Web dos principais xardíns botánicos e sacar partido dos recursos que ofrecen.
    - Asistencia a clases expositivas, estudo continuado e consulta da bibliografía recomendada.

    Observacións
    Ningunha