G2081121 - Lexislación e Deontoloxía (Lexislación e Farmacia Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ó alumno coñecementos sobre as normas legais de aplicación ó medicamento, productos sanitarios e actividade profesional do farmacéutico nas diversas modal¡lidades, así como sobre os aspectos fundamentais da Deontoloxía Farmacéutica.
Pretendese que o alumno, ó final do curso, sexa capaz de integrar as dúas realidades, xurídica e ética, de xeito que sexa capaz de dispor do enfoque preciso para poder asumir a suas responsabilidades profesionais nas diferentes situacións que se poda encontrar na práctica.
ContidosClases Maxistrais:
1- Conceptos Lexislativos Básicos
2- Lexislación Farmacéutica Fundamental
3- Organización Xeral da Sanidade
4- Aspectos Éticos Básicos
5- Códigos Deontolóxicos
6- Exercicio Profesional
7- Organización Corporativa
8- Garantías e Uso Racional do Medicamento e dos Productos Sanitarios
9- O Medicamento de uso Humano
10- O Medicamento de uso Veterinario
11- Os Productos Sanitarios
12- Medicamentos especiais
13- A Industria Farmacéutica
14- Aspectos éticos e legais dos Ensaios Clínicos
15- Farmacovixilancia
16- Axencias Regulatorias e Rexistro de Medicamentos
17- Maioristas
18- A Receta
19- A Oficina de Farmacia
20- Farmacia Hospitalaria
21- Farmacia Militar e Botiquíns
22- Información e Promoción de Medicamentos
23- Responsabilidades do Farmacéutico
Interactivas:
1- A Sanidade en España e os seus aspectos diferenciadores.
2- A Ordenación Farmacéutica nas diferentes Comunidades Autónomas
3- A Sanidade na Comunidade Autónoma Galega
4- Aspectos éticos: Dimensión nacional.
5- Aspectos éticos: Dimensión internacional.
6- Propiedade intelectual e consideracións ético/legais a nivel internacional.
7- Aspectos distintivos das axencias regulatorias e consecuencias dos mesmos.
8- Productos Sanitarios: Últimos avances e consideracións.
9- A investigación farmacéutica no ámbito público.
10- A investigación farmacéutica no ámbito privado.
11- Desenvolvemento de funcións na farmacia hospitalaria.
12- Desenvolvemento de funcións na atención primaria.
13- Desenvolvemento de funcións na farmacia militar.
14- O farmacéutico nas enseñanzas non universitarias e na visita médica.
15- Implicacións das Organizacións Corporativas nas saídas profesionais.
16- Sistema actual de acceso as diferentes saídas Profesionais.
17- Responsabilidades do farmacéutico, Inspección e medidas cautelares
18- Infraccións e sancións
Bibliografía básica e complementariaPor mor dos profundos e continuos cambios normativos, non existe un manual de Lexislación Farmacéutica totalmente axeitado ó estudo da asignatura. Esta é tamén a causa de que os textos de consulta teñan que ser de recente edición. Entre ditos textos o mais amplio é o texto "Derecho Farmacéutico. Legislación, jurisprudencia, el ejercicio profesional Vidal Casero", Mª del Carmen. Revista General de Derecho. 2007. ISBN 9788495382337. Por todo o anteriormente referido, en cada tema indicarase a lexislación específica de aplicación ó mesmo.
Competencias- Adquirirá os elementos axeitados para poder actualizar os seus coñecementos en materia normativa e estimularase un espíritu crítico que lle permita analizar os continuos cambios que se producen na mesma.
- Os coñecementos adquiridos estimularán á reflexión e orientarán ó alumno sobre cuestións de ética e deontoloxía que deben presidir á actuación profesional do farmacéutico en todalas suas vertentes, para, de este xeito, facilitarlle a valoración e toma de decisións en temas de actualidade.
- O alumno familiarizarase co conxunto de normas xurídicas de distinto rango e ámbito (comunitarias, nacionais, autonómicas) que regulan o medicamento, os productos sanitarios e a actividade farmacéutica, así como cos códigos deontolóxicos existentes.
Metodoloxía da ensinanza Teóricas:
Empregarase a lección maxistral con medios audiovisuais para apoiar as explicacións.
Interactivas:
Comentarase o material aportado ós alumnos e discutirase con éles os diferentes aspectos de cada contido. Por outra banda, aproveitarase para aclarar dúbidas sobre aqueles temas que puidesen supoñer unha maior dificultade no transcurso das leccións maxistrais.
Os alumnos poderán realizar traballos relacionados cos contidos dos seminarios e expoñelos no transcurso dos mesmos.
Sistema de evaluaciónA evaluación da aprendizaxe dos coñecementos levarase a cabo con dúas probas finales escritas que desenvolveranse ao rematar o temario (convocatoria ordiñaria) e ó final do curso académico(convocatoria extraordiñaria). O contido destas probas consistirá nunha mestura de examen de tipo “test” e cuestións curtas, e será comunicado no primeiro día de clase. A nota acadada representará un 90% da calificación final. O 10% restante corresponderá á evaluación da participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas e notas corresponientes a probas que sobor de apartados específicos podan realizarse nas clases.
De carón a unha posible recuperación, resulta fundamental manter actualizada a normativa referente ó temario desenrolado, logo que a resposta correcta relativa á normativa de aplicación nun determinado tema ven sendo a normativa vixente no momento de plantexa-la cuestión, que non é necesariamente a normativa de aplicación en datas anteriores.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo e traballo persoal asociado a:
- clases maxistrais: 46 h
- interactivas: 22 h
Recomendacións para o estudo da materiaAs recomendacións neste eido encadranse nas propostas para o Grado en xeral.
ObservaciónsEspecialmente importante e moi valorado é a identificación de novas nos medios de comunicación relacionadas ca asignatura e a proposta desas novas nas clases co fin de comentalas e, chegado o caso, debatir sobre as mesmas.