Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081122 - Técnicas Analíticas (Química) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
  • Áreas: Química Analítica
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Barciela Alonso, M.. Del Carmen.NON
BASADRE PAMPIN, Ma ISABEL.NON
CARRO DIAZ, ANTONIA MARIA.NON
DOMINGUEZ GONZALEZ, MARIA RAQUEL.NON
LORENZO FERREIRA, ROSA ANTONIA.SI
RODRIGUEZ PEREIRO, ISAAC.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosHoras de TitoríasNONSI
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_11 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo A4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo B3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo B4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C1) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10 (Grupo C2) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11 (Grupo C3) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_12 (Grupo C4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia é clave no módulo de Química xa que proporciona ao alumno os coñecementos básicos acerca da natureza das reaccións en disolución, así como os principios fundamentais e procedementos para a determinación analítica de compostos. Así mesmo, os coñecementos aplícanse no laboratorio á análise de auga, alimentos, productos de interese sanitario e ambiental. Ademais, está relacionada coas outras materias do módulo de Química e é elemental para alcanzar as competencias dalgunhas materias dos módulos de Medicamento e Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía e Bioloxía.
    Contidos
    TEMA 1.- INTRODUCIÓN Ás TÉCNICAS ANALÍTICAS.Obxectivo, finalidade, metodoloxía e clasificación das Técnicas Analíticas. Importancia das etapas do proceso analítico. Cálculos básicos: concentracións e estequiometría das reaccións en disolución.

    TEMA 2.- MOSTRAXE E XESTIÓN DE MOSTRAS.Introdución. Terminoloxía relacionada coa toma de mostra. Plan de mostraxe. Erros na mostraxe. Conservación da mostra. Preparación da mostra: Disolución e técnicas de extracción e preconcentración para a análise de auga, alimentos, produtos de interese sanitario e ambiental.

    TEMA 3.- TRATAMENTO ANALÍTICO DOS EQUILIBRIOS EN DISOLUCIÓN I. ANÁLISE VOLUMÉTRICO. Xeneralidades: Características das reaccións utilizadas en volumetrías. Procedementos de valoración. Volumetrías acedo base: Curvas de valoración, indicadores acedo-base. Volumetrías de formación de complexos: curvas de valoración, indicadores metalocrómicos Aplicacións.

    TEMA 4.- TRATAMENTO ANALÍTICO DOS EQUILIBRIOS EN DISOLUCIÓN II.Volumetrías de Precipitación: curvas de valoración, sistemas sindicadores punto final. Volumetrías redox: curvas de valoración, indicadores redox. Reactivos oxidantes e reductores. Aplicacións dos métodos volumétricos. Determinacións gravimétricas.

    TEMA 5.- CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DA INFORMACIÓN ANALÍTICA CUALITATIVA. Introdución. Resposta binaria. Erros: falsos positivos e negativos. Análise cualitativa clásico: reactivos e procesos sistemáticos. Introdución á análise cualitativa instrumental.

    TEMA 6.- AVALIACIÓN DE RESULTADOS ANALÍTICOS.Introdución. Erros analíticos: aleatorios e sistemáticos. Exactitude e precisión. Intervalo de confianza. Test de comparación de resultados. Detección de erros anómalos: test Q de Dixon. Expresión de resultados analíticos.

    TEMA 7.- SELECCIÓN E VALIDACIÓN DO MÉTODO DE ANÁLISE.Introdución. Selección do método de análise. Patróns e calibración en Técnicas Analíticas. Validación de métodos: concepto e tipos. Parámetros de calidade: Propiedades analíticas supremas, básicas e complementarias.

    TEMA 8.- SISTEMAS DE CALIDADE NO LABORATORIO ANALÍTICO.Introdución á calidade: concepto de calidade, tipos e estrutura. Sistemas de calidade nos laboratorios analíticos. Normas. Boas prácticas de laboratorio. Avaliación da calidade analítica.

    Programa de clases prácticas:

    Práctica 1. Análise cualitativa
    -Estudo de reaccións en disolución acuosa. Diversos aspectos do equilibrio químico.
    -Identificación de NH4+ e dos anions NO2- e NO3- en augas.
    -Emprego de tiras reactivas en análises clínicas rutineiros

    Práctica 2. Valoracións Acedo-Base en Disolución Acuosa.
    A) Valoración de acedo clorhídrico con carbonato sódico
    B) Determinación do contido en Na2CO3 e NaHCO3 dunha mestura.

    Práctica 3. Valoracións Redox.
    A) Normalización dunha disolución de permanganato potásico con ácido oxálico.
    B) Valoración de auga osixenada con permanganato potásico.

    Práctica 4. Aplicación dunha Valoración iodométrica
    A) Valoración dunha disolución de tiosulfato sódico
    B) Determinación do contido en hipoclorito e cloro activo nunha mostra de lexía

    Práctica 5. Desenvolvemento dun Proceso analítico.
    -Determinación de Ferro nun Complexo Vitamínico.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica

    1.- D. C. HARRIS. "Análisis Químico Cuantitativo" 3ª Ed. Ed. Reverté S.A. Barcelona (2007).
    2. M. VALCARCEL. "Principios de Química Analítica". Springer, Barcelona (1999).

    BIbliografía Complementaria

    1.- D.A. SKOOG, D.M. WEST, F.J. HOLLER, S.R. CROUCH "Fundamentos de Química Analítica". 8ª Ed. Thomson. Madrid (2005).
    2.- D. HARVEY. “Química Analítica Moderna”. Mc Graw Hill. Madrid (2002). "Modern Analytical Chemistry”. Mc Graw-Hill. New York (2000).
    3.- M. SILVA y J. BARBOSA. “Equilibrios iónicos y sus aplicaciones analíticas “. Ed Síntesis. Madrid (2002).
    4.- C. CÁMARA, P. FERNÁNDEZ, A. MARATÍN-ESTEBAN, C. PÉREZ-CONDE y M. VIDAL. Toma y tratamiento de muestras . Ed Síntesis. Madrid (2002).
    5.- MILLER, J.C. MILLER, J.N. “Estadística y Quimiometría para Química Analítica”. 2ª Prentice Hall. Madrid (2002)
    6.- ÁVILA ROSÓN, J.C., FERNÁNDEZ GUTIERREZ, A., ALONSO HERNÁNDEZ, E.J., FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, J.F. "Equilibrios químicos en disolución: Aplicaciones". Ed. Universidad de Granada. Granada (2005).
    7.- R. COMPAÑÓ BELTRÁN Y A. RIOS CASTRO. “Garantía de calidad en los laboratorios analíticos”. Ed Síntesis. Madrid (2002)

    Bibliografía Complementaria (Ejercicios)

    1.- P. YÁÑEZ-SEDEÑO ORIVE; J.M. PINGARRÓN CARRAZÓN; F.J. DE VILLENA RUEDA.- “Problemas resueltos de química Analítica”. Ed Síntesis. Madrid (2003).
    2.-T. P. HADJIIOANNOU, G. D. CHRISTIAN, M.A.KOUPPARIS y P.E. MACHERAS. “Quantitative Calculations in Pharmaceutical Practice and Research” Ed. VCH, New York (1993)
    3.- J. Guiteras, R. Rubio, G. Fonrodona “Curso experimental en Química Analítica” Ed. Síntesis. Madrid (2003).

    Competencias
    Competencias xerais.

    Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros productos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
    Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
    Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictames de diagnóstico de laboratorio.
    Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
    Desenvolver análise hixiénico-sanitarios, especialmente os relacionados cos alimentos e medioambientais.
    Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto oral como escrita, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
    Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
    Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.

    Competencias específicas.

    Q02. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
    Q03. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
    Q04. Estimar os riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
    Q06. Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
    Q09. Coñecer a orixe, natureza, deseño, obtención, análise e control de medicamentos e productos sanitarios
    Q10. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.


    Competencias transversais.


    CI03 Coñecementos xerais básicos.
    CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande (CE nas táboas horarias): Explicación dos fundamentos teóricos de cada tema complementándose con exemplos xerais e resolución de exercicios relacionados coas técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente. As explicacións do profesor completaranse con recursos didácticos básicos e novas tecnoloxías da información e comunicación: plataforma virtual da USC, imaxes, vídeos, presentacións en diapositivas, acceso a Internet.

    B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, S nas táboas horarias): O Profesor proporcionará ao alumno, periodicamente e con suficiente antelación, boletíns de exercicios e casos prácticos. Nunhas sesións o profesor presentará e resolverá unha serie de exercicios tipo e noutras sesións o estudante terá que resolver, presentar e discutir exercicios análogos. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    Durante o semestre exporanse como máximo tres traballos para realizar en grupo reducido e exporanse na aula.

    C) Clases prácticas interactivas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases expositivas. O alumno realizará distintos experimentos nos que se familiarizará coa aplicación experimental dos conceptos e metodoloxías analíticas explicados. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Como apoio á docencia práctica, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá a acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados.
    O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas de laboratorio.

    D) Titorías de lousa en grupo moi reducido (T nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor, que suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre. O profesor orientará o alumno tanto en propostas de carácter global como en cuestións concretas relacionas cos contidos da materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.

    Sistema de evaluación
    1.O alumno non será avaliado se non realiza e aproba as prácticas de laboratorio.
    2.A avaliación consistirá en:

    - O exame escrito que se realizará ao final do cuadrimestre. Constará dun conxunto de cuestións teórico-prácticas e de varios exercicios numéricos que abarquen os diferentes contidos da materia asimilados coas competencias (xerais e específicas) e habilidades, representando o 70 % da avaliación global.
    - A realización e superación da avaliación das prácticas interactivas de laboratorio (15 horas) será imprescindible para superar a materia. O exame de prácticas constará de preguntas relacionadas cos coñecementos adquiridos no laboratorio. A cualificación das prácticas basearase no devandito exame e na presentación dos resultados obtidos en cada sesión práctica reflectidos no diario de laboratorio, representando o 15% da avaliación global.
    - Avaliarase o interese e a participación nas clases expositivas e interactivas de seminario e titorías, realización de exercicios e traballos propostos polo Profesor durante o semestre, representando o 12 % da avaliación global. Ademais, avaliarase a presentación de traballos, capacidade de expresión oral e escrita e debate profesor / alumno, representando o 3% da avaliación global.
    3. Na segunda oportunidade mantieñense os mismos criterios de evaluación, descritos nosapartados 1 y 2, que naprimeira oportunidade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABAJO PRESENCIAL na AULA...... HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO............. HORAS
    Clases expositivas en grupo grande .....30 Estudio autónomo individual o en grupo 45
    Clases interactivas en grupo reducido..... 9 Resolución de ejercicios.Presentación e discusión e
    casos prácticos..........................................13,5
    Traballos (individuales o en grupo)......... 1 Elaboración, presentación e exposición...........13
    Prácticas de laboratorio + Memoria....... 15 Traballo experimental en el laboratorio y elaboración
    da memoria das prácticas.............................7,5
    Tutorías en grupo moi reducido............. 2 Orientación e resolución de dudas..................2
    Exámenes e revisión..............................3 Realización e revisión do exame....................9
    Total horas presenciales...................... 60 Total horas no presenciales..........................90
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás clases expositivas.
    - Estudo previo e realización dos exercicios e cuestións recollidos nos boletíns que se entregarán previamente á realización das clases de seminario.
    - Participación activa do alumno nas clases de seminario e entrega dos exercicios propostos polo Profesor.
    - É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos necesarios para a realización de cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
    - Consulta da bibliografía recomendada.
    - Aproveitamento das horas de titorías durante o desenvolvemento da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as dicir dificultades.