G2081124 - Química Orgánica I (Química) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Orgánica
- Áreas: Química Orgánica
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA formación integral básica do alumno nos aspectos conceptuais e metodolóxicos da Química Orgánica na súa dobre vertente teórico-experimental, incluíndo:
• A comprensión dos conceptos, datos, procedementos e ferramentas teórico-experimentais que se describen no apartado “Contidos” e a adquisición das capacidades que se detallan no apartado “Competencias”.
• A súa relación con outras materias do Grado e a súa relevancia no contexto científico-económico-social actual.
• A procura e a obtención de información adicional pertinente e fiable na área a partir de fontes solventes.
• O procesado e a análise comprensiva e crítica da información recibida e/ou procurada a través de calquera medio na área da Química Orgánica.
• A aplicación do coñecemento e das capacidades adquiridas á resolución de cuestións e problemas teórico-prácticos.
• A presentación rigorosa, sintética, clara e estética de datos e información da área, tanto a nivel escrito como nos ámbitos da discusión e exposición oral.
ContidosEstrutura, nomenclatura e propiedades mais relevantes,
con especial énfase no estudo da reactividade e dos mecanismos de reacción,
de: alcanos, alquenos, alquinos, sistemas pi-deslocalizados e sistemas aromáticos,
alcoholes, éteres, aminas e derivados haloxenados.
Análise conformacional e estereoquímica.
Modelos moleculares. Algunhas ferramentas informáticas básicas en Química Orgánica.
Laboratorio: seguridade, rexistro e redacción de procedementos experimentais, algunhas técnicas e operacións básicas, sínteses orgánicas sinxelas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica Teoría:
Química Orgánica. K. P. C. Vollhardt e N. E. Schore. Omega. Barcelona, 5ª ed. 2008.
Química Orgánica. M. P. Cabildo, A. García, C. López e M. D. Santa María. Librería UNED, Madrid 2008.
Bibliografía Complementaria:
a) Problemas
Study Guide/Solutions Manual for Organic Chemistry. N. E. Schore. Ed. W. H. Freeman. 6ª ed. 2011.
Problemas resueltos de Química Orgánica. F. García e J. A. Dobado. Ed. Thomson. 1ª ed. 2ª impr. 2008.
Nomenclatura y representaciones de Compuestos Orgánicos. E. Quiñoa e R. Riguera. McGrawHill Interamericana de España, S.L. 2ª ed. 2005.
Cuestiones y ejercicios de Química Orgánica. E. Quiñoa e R. Riguera. McGrawHill. Interamericana de España, S.L. 2ª ed. 2004.
b) Prácticas
Técnicas experimentales en síntesis orgánica. M. A. Martínez e A. Csákÿ. Ed. Síntesis.
Curso experimental en Química Orgánica. M.ª J. Rodríguez e F. Gómez. Ed. Síntesis. 2008.
CompetenciasSaber representar correctamente compostos orgánicos cos grupos funcionais más importantes empregando estruturas de Lewis, Kekulé, fórmulas estruturais e estereoquímicas (Newman, Fischer, perspectiva, etc.).
Realizar adecuadamente a análise conformacional dos compostos orgánicos.
Estimar de xeito racional, baseándose na estrutura molecular do composto obxecto de estudo, algunhas das súas propiedades, tales como os puntos de fusión e ebulición, a solubilidade, a acidez, quiralidad, actividade óptica, isomería, etc., así como as similitudes ou diferenzas esperadas coas propiedades de outros compostos.
Nomear adecuadamente (IUPAC) os tipos de compostos orgánicos estudados a partir da súa estrutura, incluíndo a notación de centros estereogénicos e a configuración de dobres enlaces, así como saber realizar o proceso inverso.
Coñecer as principais reaccións químicas dos grupos funcionais estudados, en particular, o seu ámbito de aplicación, as condicións de reacción (temperatura, disolventes, catalizadores, presión…), e o seu resultado (produtos obtidos, rendementos habituais e selectividade).
Coñecer e manexar con soltura e rigor os aspectos e conceptos básicos relacionados coa cinética e a termodinámica dun proceso (mecanismo de reacción, etapa elemental, intermedio de reacción, estado de transición, diagramas de enerxía, enerxía libre de reacción e de activación, etapa lenta, constante de velocidade, constante de equilibrio, significado e emprego de frechas curvas, etc.) aplicadas, en particular, as transformacións estudadas.
Ser capaces de predicir adecuadamente o resultado de someter un composto dado a unhas determinadas condicións de reacción, así como de propoñer un esquema razoable para a sínteses dun composto sinxelo nun reducido número de etapas que inclúa os materiais de partida, as condicións de reacción e a estrutura dos intermedios; todo elo prestando especial atención os aspectos relacionados coa quimioselectividad, regioselectividad e estereoselectividad.
Ser capaz de traballar tanto individualmente como en grupo e haber desenrolado habilidades para a comunicación oral mediante a defensa en público de aspectos relacionados cos contidos da materia, as súas aplicacións e a súa relevancia económica e social.
Coñecer e saber aplicar as normas de seguridade no laboratorio.
Rexistrar adecuadamente as operacións e experimentos do laboratorio no caderno de laboratorio e viceversa: saber levar a práctica con éxito no laboratorio un procedemento experimental que implique operacións básicas de química orgánica.
Metodoloxía da ensinanza Levaranse a cabo de xeito coordinado as seguintes actividades formativas por alumno: 30 horas de clases maxistrais en grupo grande, 14 horas de seminarios en grupo reducido e 10 horas de laboratorio, ademais das titorías correspondentes.
A plataforma virtual da USC utilizarase como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno.
Sistema de evaluaciónA cualificación global do alumno, un total de 10 puntos, será a suma do obtido na AVALIACIÓN CONTINUA, na nota de PRÁCTICAS (no aula de informática e no laboratorio) e no EXAME FINAL TEÓRICO, de acordo co indicado a continuación.
AVALIACIÓN CONTINUA (ata 1,5 puntos).
Avaliarase a participación do alumno nas clases interactivas en grupos reducidos (tamén denominados seminarios, que son de asistencia obrigada), así como tamén nas clases maxistrais e nas titorías.
Terase en conta a resolución individual de pequenas probas escritas, a resolución de problemas no encerado e a participación activa nas clases (preguntas, discusión).
TRABALLO DE LABORATORIO E NO AULA DE INFORMÁTICA (ata 1,5 puntos).
A realización e superación das prácticas no aula de informática e no laboratorio é obrigada.
No exame final de prácticas (que se realizará xusto a continuación do exame teórico) haberá unha primeira pregunta eliminatoria sobre cálculos estequiométricos e cálculo do rendemento dunha reacción.
A cualificación final de prácticas obterase como resultado de avaliar:
a. as probas escritas individuais que se realizarán ao comezo de cada sesión de prácticas que versarán sobre o traballo previo indicado para cada sesión: vídeos, seccións de libros, guión, etc. (ata 0,4 puntos),
b. as anotacións do caderno de laboratorio e da destreza, limpeza e eficiencia mostradas durante as sesións (entre -0,3 e 0,3 puntos), e
c. o exame final de prácticas (ata 0,8).
Si un alumno non supera as prácticas (é dicir, non obtén unha puntuación mínima global de 0,75 puntos ou non resolve satisfactoriamente a resolución da pregunta eliminatoria sobre cálculos estequiométricos e rendemento do exame final de prácticas), será cualificado como “suspenso” na asignatura.
A cualificación obtida nas prácticas nun determinado curso académico terá unha validez temporal limitada ás convocatorias de devandito curso académico e ás dos dous cursos académicos seguintes. De non superar a materia nas convocatorias do curso no que superou as prácticas nin naquelas dos dous cursos académicos que lle seguen, o alumno poderá ter que volver realizar e superar as clases prácticas, a xuízo dos profesores ao cargo da asignatura.
EXAME FINAL TEÓRICO (ata 7,0 puntos).
No exame teórico final, e para poder sumar o apartado de avaliación continua, o alumno deberá obter unha cualificación mínima global de 3 puntos sobre 7.
Ademais, o alumno debe obter, como mínimo, un 40% do total dos puntos correspondentes a cuestións de tipo estrutural e un 40% dos puntos correspondentes a cuestións de reactividade.
O exame teórico final poderá incluír unha primeira pregunta de carácter eliminatorio relacionada con aspectos moi básicos da asignatura. Estes aspectos daranse a coñecer durante o curso.
A avaliación do alumno na oportunidade de recuperación do semestre réxese polos mesmos criterios que os indicados para a oportunidade ordinaria.
A avaliación de alumnos repetidores segue así mesmo os criterios indicados para a oportunidade ordinaria.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais dun total de 60 horas de traballo presencial na aula e no laboratorio, o alumno deberá traballar 90 horas adicionais de xeito autónomo, individual e en grupo, en:
a) as clases maxistrais (38 h),
b) a resolución de exercicios e outras actividades propostas nos Seminarios e nas Titorías (40 h),
c) as prácticas no laboratorio (8 h) e na aula de informática (2 h)
d) os exames (2 h).
CADRO RESUMO DA DEDICACIÓN HORARIA POR ACTIVIDADES:
(F: factor multiplicativo)
Teoría: Presenciais: 30, F: 1.25, Traballo persoal: 38, Totais: 68.
Seminarios: Presenciais: 14, F: 2.7, Traballo persoal: 38, Totais: 52.
Titorías: Presenciais: 2, F: 1, Traballo persoal: 2, Totais: 4.
Laboratorio: Presenciais: 8, F: 1, Traballo persoal: 8, Totais: 16.
Aula
Informática: Presenciais: 2, F: 1, Traballo persoal: 2, Totais: 4.
Exames
e revisión: Presenciais: 4, F: 0.5, Traballo persoal: 2, Totais: 6.
Horas
Globais: Presenciais: 60, Traballo persoal: 90, Totais: 150.
Recomendacións para o estudo da materiaMostrar unha disposición aberta e sen prexuizos cara á materia, analizando obxetivamente a relevancia da mesma no contexto da súa formación profesional e integral.
Implicarse activamente no proceso de aprendizaxe e formación para poder así rentabilizar o máximo o seu esforzo e “disfrutar” do descubrimento da Química Orgánica.
A asistencia a toda-las clases, un factor que ao longo dos anos ven demostrando ser crítico para o bo aproveitamento, a eficiente formación e a obtención dunha avaliación positiva na materia.
O estudo continuado.
A resolución intensiva de exercicios adicionais aos suxeridos polos docentes ao longo de todo o curso, fundamentalmente de xeito individualizado mais tamén en grupo; para elo recoméndase o emprego de coleccións de exercicios resoltos nas guías de autoavaliación e nas guías do estudante que acompañan os textos de Química Orgánica.
O emprego continuado dos modelos moleculares, das ferramentas informáticas e da Aula Virtual.
A adquisición de modelos moleculares propios, e dunha bata e unhas gafas persoais de laboratorio.
A preparación polo miúdo de cada unha das actividades de laboratorio previa a súa celebración.
O contar con e acudir a os seu(s) profesor(es) universitarios, os primeiros interesados en que os alumnos acaden a excelencia na súa formación.