Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081125 - Físico-Química II (Química) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 15.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASAS PARADA, MATILDE.SI
Cid Rey, Luis.NON
Garcia Monteagudo, Juan Carlos.NON
MIÑONES CONDE, JOSE MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_12OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_13OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_14OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo A4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo B3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo B4) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10 (Grupo C2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11 (Grupo C3) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_12 (Grupo C4) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01 (Grupo A1)OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS02 (Grupo A2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS03 (Grupo A3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS04 (Grupo A4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS05 (Grupo B1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS06 (Grupo B2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS07 (Grupo B3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS08 (Grupo B4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS09 (Grupo C1) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS10 (Grupo C2) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS11 (Grupo C3) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS12 (Grupo C4) OrdinarioHoras de TitoríasSISI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS28OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Dotar dun fundamento teórico os coñecementos de química dos alumnos, máis amplo e rigoroso que o procedente da Química Xeral.

    - Mostrar a forma na que este fundamento permite abordar problemas de certo nivel de complexidade pertencentes ao ámbito da Química, a Bioloxía, a Medicina e a Farmacoloxía.

    - Pór en contacto os alumnos con procedementos experimentais directamente relacionados coa disciplina.

    Contidos
    Bloque I
    Lección 1: Condición xeral de equilibrio entre fases. Variables intensivas independentes: regra das fases. Equilibrio de fases en sistemas dun compoñente: diagramas de fases. Ecuaciones de Clapeyron e de Clausius-Clapeyron.
    Bloque II:
    Lección 2: Equilibrio de fases en sistemas multicompoñente. Mesturas líquidas de compoñentes volátiles, miscibles entre si en todas as proporcións, en equilibrio co seu vapor. Disolucións ideais: Lei de Raoult; diagramas presión-composición e temperatura-composición. Disolucións non ideais: Lei de Henry (disolución de gases en líquidos); diagramas presión-composición e temperatura-composición. Destilación. Líquidos inmiscibles en equilibrio cos seus vapores: destilación en corrente de vapor
    Lección 3: Interpretación molecular do comportamento das disolucións. Expresións dos potenciais químicos dos compoñentes en mesturas de compoñentes miscibles en disolucións ideais e non ideais: actividade e coeficiente de actividade. Expresións dos potenciais químicos de compoñentes con solubilidade limitada.
    Lección 4: Disolucións de soluto non volátil: propiedades coligativas. Descenso da presión de vapor. Aumento da temperatura de ebulición. Descenso da temperatura de conxelación. Osmose e presión osmótica. A osmose en Bioloxía e en Farmacia. Propiedades coligativas en disolucións de electrólitos. Aplicacións das propiedades coligativas á determinación de masas moleculares. Distribución dun soluto entre dous líquidos inmiscibles: coeficiente de repartición ou de reparto.
    Bloque III:
    Lección 5: Equilibrio químico. Condición termodinámica de equilibrio. Equilibrio químico en fase gasosa. Equilibrio químico en disolución. Equilibrio químico heteroxéneo. Factores que modifican o estado de equilibrio químico: influencia da presión, da temperatura e da adición de compoñentes reactivos e inertes. O cociente de reacción como criterio de espontaneidade e equilibrio: a isoterma de reacción.
    Lección 6: Equilibrios en disolucións de electrólitos. Equilibrios de disolución: producto de solubilidade. Coeficiente de actividade iónica media. Ecuación de Debye-Hückel. Forza iónica. Resultados experimentais das medidas do coeficiente de actividade iónica media. Influencia do ión común e de sales neutras sobre a solubilidade de sales pouco solubles. Equilibrios de disociación de ácidos e bases débiles monopróticos. Autodisociación da auga. Disociación de aminoácidos e proteínas: punto isoeléctrico.

    Bibliografía básica e complementaria
    "Química ´Física”. T. Engel y P. Reid. Ed. Addison-Wesley

    "Fisicoquímica para Farmacia y Biología". P. Sanz y otros. Ediciones Científicas y Técnicas S.A., SALVAT.

    "Fisicoquímica". I. N. Levine. Ed. McGraw-Hill.

    "Fisicoquímica". P. W. Atkins. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana.

    "Fisicoquímica". D.W. Ball. Ed. Thomson.

    Competencias
    - Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.

    - Coñecer as características físico-químicas das sustancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
    - Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
    - Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición, en función das súas vías de administración.
    - Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
    - Utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.

    - Capacidade crítica e autocrítica.
    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de comunicarse con expertos doutras áreas



    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - Clases expositivas en grupo grande: leccións impartidas polo profesor nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia e propóñense e realizan problemas básicos de aplicación dos mesmos.
    Tamén plantéxanse actividades complementarias que debe realizar o alumno: estudo de contidos adicionais de teoría non incluídos nestas clases, realización individual de problemas numéricos e outras actividades individuais ou en grupo.
    - Clases interactivas en grupo reducido: clase teórico/práctica na que se propóñen e resolven dúbidas e aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas maneiras: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, sesións relativas a algunha aprendizaxe cooperativa proposta, etc. A asistencia a estas clases interactivas en grupo reducido será obrigatoria.
    - Titorías de “pizarra” en grupos moi reducidos: Titorías programadas polo profesor. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas programadas.
    - Clases prácticas de laboratorio: inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias do traballo de laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas e tras a realización das experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica o alumno recollerá no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando estes para a súa avaliación.

    Sistema de evaluación
    A cualificación global na 1ª convocatoria do curso, será a resultante de sumar a obtida no exame de teoría e problemas máis a correspondente á avaliación continua e máis a obtida nas prácticas de laboratorio. De non ter realizadas e aprobadas as prácticas a cualificación obtida polo alumno será a de non presentado.

    O exame teórico estará composto de varias cuestións diferentes aplicadas e con varios apartados cada unha delas .O de problemas estará composto por dous problemas, tamén con apartados diferentes. A cualificación máxima que se pode alcanzar no exame de teoría e problemas será de 8 puntos, correspondendo 5,5 puntos á teoría e os 2,5 restantes á nota de problemas. Un requisito indispensable para aprobar a materia será obter unha nota igual ou superior a 2 en teoría e igual ou superior a 1 en problemas.

    A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 1,5 puntos e establecerase tendo en conta: a participación activa do alumno nas clases interactivas, a realización de actividades propostas, a asistencia a titorías, as notas correspondentes ás probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. Para que o alumno poida acceder á cualificación correspondente á avaliación continua, é requisito indispensable a asistencia do alumno ás clases interactivas.

    Ao final das prácticas realizarase un exame, cuxa cualificación máxima será de 0,5 puntos. Os alumnos que repitan a materia non terán que realizalas novamente, se non queren. Os 0,5 puntos máximos do exame, só lle computarán na nota global do ano da súa realización e os anos seguintes eses 0,5 puntos estarán dentro da porcentaxe asignada á avaliación continua.

    Na segunda convocatoria do curso académico, só se realizará o exame de teoría e
    problemas, conservándose a cualificación correspondente ás prácticas e a á avaliación continua obtida durante o curso. As notas máximas sobre as que se calificarán estas duas partes do examen e os mínimos requeridos en cada unha serán os mesmos que os da primera convocatoria. Manterase tamen os requisitos de ter realizado e aprobado as prácticas asi como ter cuberta a asistencia obrigatoria ás clases interactivas durante o curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60 HORAS)

    - Clases expositivas : 30 horas

    - Clases interactivas de "pizarra": 15 horas

    - Clases interactivas de prácticas de laboratorio: 9 horas

    - Titorías (grupo moi reducido): 2,5 horas

    - Exame de teoría e problemas e a súa revisión: 3,5 horas


    TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO (90 HORAS)

    - Clases expositivas (estudio autónomo individual ou en grupo): 48 horas

    - Clases interactivas de "pizarra" (resolución de exercicios, ou outros traballos): 24 horas

    - Clases interactivas de prácticas de laboratorio (preparación previa e análise posterior dos

    resultados obtidos): 6,5 horas

    - Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 2,5 horas

    - Preparación de exames: 9 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Repaso ou posta ao día dun conxunto mínimo de coñecementos de matemáticas (cálculo infinitesimal e xeometría analítica), física (mecánica, electricidade, sistemas de unidades) e química xeral.
    Dedicación regular ao estudio da materia (períodos curtos diarios ou cada dous días, mellor que semanais).
    Evitar introducirse nun capítulo sen alcanzar un certo grao de comprensión do anterior.
    Adicar un esforzo especial á comprensión do significado ou natureza dalgúns contidos teóricos estratéxicos, así como aos métodos xerais de resolución dos problemas.

    Observacións
    Utilizarase a plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante da comunicación cos alumnos.