Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081202 - Bioquímica I (Bioloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 19.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Abad Caeiro, Marcelina.NON
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES.NON
GARCIA MARTIN, LEOPOLDO OSCAR.SI
García Martínez, María Paz.NON
Sánchez López, José Luis.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosHoras de TitoríasNONSI
HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLE01 (Grupo A)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo B1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo B2)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo C1)HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo C2)HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C3)HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer a composición química da materia viva, así como a estrutura e propiedades das biomoléculas.

    2. Comprender o funcionamento das encimas como catalizadores en sistemas biolóxicos mediante o estudo da enzimología básica e cinética enzimática. Estes coñecementos teóricos aplicásense ás análises bioquímicos no laboratorio e á resolución de problemas prácticos.

    3. Estudar os ácidos nucleicos como biomoléculas transmisoras da información xenética, este estudo abarcará desde aspectos estruturais ata as rutas principais da información xenética.

    4. Introdución ao metabolismo e estudo das rutas metabólicas centrais do metabolismo intermediario

    Contidos
    Programa de clases expositivas:
    As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións dunha hora cada unha.

    Tema 1. A lóxica molecular da vida. Produción e consumo de enerxía. Características químicas da materia viva. Bioelementos e biomoléculas.

    Tema 2. Estrutura e función de aminoácidos, péptidos e proteínas.

    Tema 3. Enzimas. Cinética enzimática. Mecanismos de regulación enzimática.

    Tema 4. Estrutura e función de glúcidos: Monosacáridos, oligosacáridos e polisacáridos. Glucoconjugados.

    Tema 5. Estrutura e función de lípidos. Lípidos de reserva. Lípidos estruturais. Lípidos con actividades biolóxicas específicas. Lipoproteínas

    Tema 6. Membranas biolóxicas e transporte celular.

    Tema 7. Estrutura e función de nucleótidos e ácidos nucleicos. Xenes e cromosomas

    Tema 8. Rutas da información xenética: replicación, transcrición e tradución.

    Tema 9. Bioenerxética e metabolismo. Visión xeral do metabolismo.

    Tema 10. Rutas centrais do metabolismo intermediario.


    Programa de clases interactivas:
    As clases expositivas completaranse con 8 horas de clases interactivas, agrupadas en catro sesións de 2 horas cada unha. Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia sobre as que traballarían previamente. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da materia e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente.

    Programa de clases prácticas:
    As clases prácticas de laboratorio desenvolvésense en 5 sesións de 3 horas e una proba escrita de 1 hora ao final das mesmas

    Práctica 1. Obtención dun extracto proteico e purificación parcial de proteínas.
    Práctica 2. Determinación da concentración proteica. Método de Lowry.
    Práctica 3. Separación e identificación das proteínas do soro humano.
    Práctica 4. Efecto da concentración de substrato na actividade encimática. Cálculo da Km.
    Práctica 5. Estudo da variación da actividade encimática co pH.
    Práctica 6. Obtención de almidón e reaccións características dos glúcidos.
    Práctica 7. Extracción e reaccións características de lípidos.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:

    - Bioquímica. Conceptos esenciales. Feduchi y col. Editorial Médica Panamericana, 2010.

    - Lehninger. Principios de Bioquímica. Nelson y Cox. Editorial Omega. 5ª ed., 2009.

    - Fundamentos de Bioquímica. Voet, Voet, Pratt. Editorial Médica Panamericana. 2ª ed., 2007


    Bibliografía Complementaria:

    - Bioquímica. Stryer, Berg y Tymoczko, . Editorial Reverté, S.A., 7ª ed., 2013

    - Bioquímica. Fundamentos para Medicina y Ciencias de la Vida. Werner Müller-Esterl. Editorial Reverté. 2008.

    - Bioquímica y Biología Molecular para ciencias de la salud. Lozano y col. Editorial McGraw-Hill-Interamericana. 3ª ed., 2005.

    - Bioquímica. Libro de texto con aplicaciones clínicas. Devlin. Editorial Reverté, S.A., 4ª ed., 2004.

    - Bioquímica: La base molecular de la vida. McKee & McKee. Editorial McGraw-Hill-Interamericana. 5ª ed., 2003.

    - Fundamentos de Bioquímica. Parte 1. Bioquímica estructural. Garrido-Pertierra y col. Editorial Tébar, 2006.

    - Fundamentos de Bioquímica. Parte 2. Bioquímica metabólica. Garrido-Pertierra y col. Editorial Tébar, 2006.

    Competencias
    Competencias xerais:

    • Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo de fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos.
    • Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames de diagnóstico de laboratorio.
    • Desenvolver habilidades de comunicación e información, orais e escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
    • Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipo

    Competencias específicas:

    • Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións na célula
    • Coñecer as propiedades das membranas celulares e a distribución de fármacos
    • Coñecer as principais rutas metabólicas que interveñen na degradación de fármacos

    Competencias transversais:

    • Coñecementos xerais básicos.
    • Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    • Capacidade de aprender


    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expón os contidos teóricos da materia. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica.

    B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios no aula, etc. Inclúense probas escritas sobre apartados específicos. A asistencia a estas clases interactivas é obrigatoria.

    D) Clases prácticas de laboratorio: Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun guión de cada unha das prácticas a realizar. O alumno realizará todas as prácticas individualmente, ou en grupos reducidos, recollendo no guión os resultados que procedan, presentándoos ao profesor ao final de cada sesión. A asistencia a estas clases prácticas é obrigatoria.

    E) Titorías programadas en grupo moi reducido: Suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre. Proponse actividades como a supervisión do grao de aprendizaxe e comprensión da materia, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.

    D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.


    Sistema de evaluación
    1. A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte práctica e parte correspondente ás clases interactivas.

    2. O exame teórico suporá o 70% da cualificación final (máximo de 7 puntos). O exame será de tipo mixto, con preguntas tipo test para cubrir todas as partes fundamentais da materia, e con preguntas curtas e concretas, que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% (3,2) do máximo (7) correspondente a devandito apartado para valorar o resto dos apartados.

    3. A avaliación das prácticas suporá o 10% (máximo de 1 punto) da nota final. Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno no laboratorio xunto coa comprensión por parte do alumno do protocolo experimental e dos resultados experimentais obtidos, que se realizará ao final das prácticas través dunha proba escrita que consistirá en preguntas curtas.

    O alumno non poderá superar a materia de Bioquímica I se non realiza as prácticas de laboratorio e a proba escrita correspondente, ao final das mesmas.
    A nota das prácticas manterase durante os dous cursos académicos seguintes en caso de suspender a materia.

    4. A avaliación das clases interactivas suporá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se poidan realizar, etc. A cualificación correspondente a este apartado só é aplicable ao curso académico no que se realicen.

    5. Na 2ª convocatoria do curso académico, realizarase só o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás prácticas e ás clases interactivas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.

    6. O alumno debe obter cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA EN HORAS

    Clases expositivas en grupo grande 30
    Clases interactivas en grupo reducido 8
    Titorías en grupo moi reducido 2
    Prácticas de laboratorio 16
    Exames e revisión 4

    Total horas traballo presencial
    no aula ou no laboratorio 60


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO EN HORAS

    Estudo autónomo individual ou en grupo 60
    Resolución de exercicios, ou outros traballos 16
    Orientación e resolución de dúbidas 4
    Preparación do traballo de laboratorio e
    elaboración da memoria das prácticas 6
    Realización e revisión do exame 4

    Total horas traballo persoal do alumno 90


    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable asistir ás clases expositivas e no posible manter o estudo da materia ao día.

    - É imprescindible que os alumnos intenten resolver as cuestións propostas nas clases expositivas para que poidan expor as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.

    - É aconsellable o uso da USC virtual xa que os alumnos poden consultar directamente co profesor as súas dúbidas mediante un correo electrónico. Ademais nesta páxina iranse incluíndo aqueles materiais que poden axudar ao alumno a superar a materia, esquemas, resumos, así como as cuestións e problemas a resolver nas clases interactivas.

    - É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor