G2081203 - Fisioloxía Humana II (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer e comprender as funcións que desempeñan o sistema cardiovascular, respiratorio, dixestivo e renal na actividade do organismo humano san.
Comprender os mecanismos de integración e como o organismo se comporta como unha unidade funcional.
ContidosPrograma de clases expositivas:
Tema 1. Organización e funcións do sistema cardiovascular. Actividade eléctrica do corazón
Tema 2. Ciclo cardíaco. Traballo cardíaco. Electrocardiograma.
Tema 3. Regulación da función cardíaca: volume minuto cardíaco.
Tema 4. Fisioloxía do sistema vascular.
Tema 5. Regulación da circulación sanguínea.
Tema 6 Circulacións especiais.
Tema 7. Organización e funcións do sistema respiratorio. Mecánica ventilatoria. Ventilación pulmonar.
Tema 8. Intercambio e transporte de gases.
Tema 9. Regulación da respiración.
Tema 10. Organización e funcións do sistema dixestivo. Dixestión na boca.
Tema 11. Funcións do estómago.
Tema 12. Secreción pancreática exócrina. Fígado e secreción biliar.
Tema 13. Fisioloxía do intestino delgado.
Tema 14. Fisioloxía do intestino groso.
Tema 15. Organización e funcións do sistema urinario.
Tema 16. Fisioloxía da nefrona.
Tema 17. Regulación renal do balance hidroelectrolítico.
Tema 18. Regulación do equilibrio ácido-base.
Programa de clases prácticas:
10 horas (8 aula informática e 2 de laboratorio)
Práctica 1. Exploración da función respiratoria: volumes e capacidades pulmonares.
Práctica 2. Exploración da función cardiovascular: electrocardiograma e determinación da presión arterial.
Práctica 3. Exploración da función dixestiva.
Práctica 4. Exploración da función renal.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía xeral que se recomenda para todos os temas do programa é:
Tratado de Fisiología Humana. A.C Guyton; J.E.Hall. McGraw-Hill. 2006.
Fisiología Humana. G. Pocock; C.D. Richards. Ed. Masson. 2005.
Fisiología. R.M. Berne; M.N. Levy. Ed. Mosby. 2009.
Fisiología Humana. A.C. Silverthorn. Ed. Panamericana. 2007.
Complementaria
Medical Physiology.F.W. Boron; E.L. Boulpae. Ed. Saunders. 2003.
Medical Physiology. W.F. Ganong. Ed. Appleton&Lange. 1999.
Human Physiology. S.I. Fox. Ed. McGraw-Hill. 2008.
Fisiología Humana. J.A.F. Tresguerres. Ed. McGraw-Hill. 1999.
CompetenciasCompetencias xerais:
- Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
- Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacións con outros profesionais sanitarios.
- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Competencias específicas:
MF12: Coñecer e comprender as funcións que desempeñan o sistema cardiovascular, o sistema respiratorio, o sistema dixestivo e o sistema urinario. Comprender os mecanismos de integración e como o organismo se comporta como unha unidade funcional
Competencias transversais:
CI03: Coñecementos xerais básicos
CS01: Capacidade de aprender
CS01: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CP01: Capacidade crítica e autocrítica
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas
Seminarios interactivos
Prácticas de ordenador en aula de informática
Prácticas de laboratorio
Tanto as clases expositivas coma os seminarios terán unha duración de 55 minutos aproximadamente e nelas pedirase a participación do alumno
Utilizarase a plataforma virtual como complemento
Sistema de evaluación1. A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte práctica e parte correspondente á avaliación continuada. A cualificación final será a suma da nota obtida no exame de teoría, nas prácticas e na avaliación continuada.
2. O alumno non poderá superar a materia se non realiza e aproba as prácticas.
3. O exame de teoría constará de preguntas test e/ou curtas e a cualificación máxima no exame de teoría será de 8 puntos.
Para aprobar o exame requírese unha puntuación mínima de 3 sobre 10 en cada un dos sistemas fisiolóxicos (sistema cardiovascular, sistema respiratorio, sistema dixestivo e sistema renal).
Para valorar o resto dos méritos (prácticas e avaliación continua) será necesario obter un mínimo de 3,7 puntos no exame teórico.
4. A cualificación máxima das prácticas será de 1 punto. Para aprobar as prácticas será necesario obter un mínimo de 0.5 puntos sobre 1, correspondendo o 40% da puntuación á participación durante a realización das diferentes prácticas e o 60% restante ao exame de prácticas.
O exame levarase a cabo unha vez que todos os alumnos realicen as prácticas. A data de realización comunicarase a través do Campus Virtual e no taboleiro de anuncios do Departamento, cunha antelación mínima de 15 días.
Os alumnos que non realicen todas as prácticas e se presenten ao examen final da materia recibirán a calificación de suspenso (0,0).
Os alumnos repetidores non terán que realizar as prácticas novamente, se non o desexan, se xa as realizaron en convocatorias anteriores. No caso de non as ter aprobado ou se non se presentaron ao exame terán que realizar o exame de prácticas o día fixado para iso.
5. Á avaliación continuada correspóndelle un máximo de 1 punto. A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria e para valorar a avaliación continuada é requisito indispensable a asistencia a clases expositivas de forma regular (80% de asistencias). Valorarase o interese e a participación activa nas clases, a realización de exercicios e actividades propostos polo profesor e probas que se poidan realizar.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 30
Clases interactivas en grupo reducido 14
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 6
Titorías en grupo moi reducido 2
Prácticas de laboratorio 4
Exames e revisión 4
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 58
Resolución de exercicios, ou outros traballos 26
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador 2
Orientación e resolución de dúbidas 1
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas 2
Realización e revisión do exame 1
Total horas traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás clases expositivas e seminarios interactivos
Dedicación regular
Non avanzar sen entender e coñecer a materia anterior
Utilizar a plataforma virtual como complemento
Consultar a bibliografía
Utilizar as horas de titorías para resolver as dificultades
Ler o guión de prácticas antes de acudir a realizalas