G2081205 - Fisioloxía Vexetal (Bioloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal
- Áreas: Fisioloxía Vexetal
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Proporcionar ós estudiantes os coñecementos teórico-prácticos básicos requeridos para unha correcta comprensión da morfoloxía, funcións e actividades das plantas.
- Comprender que as plantas elaboran unha gran cantidade de principios activos de interese farmacéutico cuxa síntese e produtividade están determinadas por factores xenéticos, ontoxénicos e ambientais.
- Adquirir experiencia práctica de laboratorio a preto de aspectos puntuais do programa.
Contidos1. Programa de clases expositivas
Tema 1. INTRODUCCIÓN: Concepto de Fisioloxía Vexetal. As plantas como fonte de alimentos e medicamentos. A célula vexetal.
Tema 2. RELACIÓNS HÍDRICAS: Concepto de potencial hídrico. Absorción, transporte e pérdida de auga. O aparato estomático
Tema 3. A NUTRICIÓN MINERAL E TRANSPORTE: Elementos esenciais. Absorción, transporte e distribución dos nutrientes minerais no corpo das plantas.Transporte no floema.
Tema 4. FOTOSÍNTESE: A Fase luminosa e a fotofosforilación. Fixación do CO2 en plantas C3, C4 y CAM. Síntese de sacarosa e almidón. Fotosíntese do nitróxeno e xofre.
Tema 5. CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO: Principios básicos do desenvolvemento das plantas. Regulación hormonal e resposta aos estímulos medioambientais.
Tema 6. METABOLISMO SECUNDARIO: Concepto. Tipos de metabolitos secundarios. Introducción a Biotecnoloxía Vexetal A producción de metabolitos mediante inxeniería genética.
2. Programa de clases prácticas
Práctica 1. Determinación do potencial osmótico dun tecido vexetal mediante o método plasmolítico.
Práctica 2. Determinación do potencial hídrico polo método gravimétrico.
Práctica 3. Separación de pigmentos fotosintéticos.
Práctica 4. Fotosíntesis en cloroplastos illados.
Práctica 5. Efecto das quinetinas sobre o atraso do envellecemento.
Bibliografía básica e complementaria1. Básica
(i) Azcón-Bieto, J. y Talón, M. (2008). Fundamentos de Fisiología Vegetal. 2ª Ed. McGraw-Hill. España. ISBN. 978-84-475-3230-8.
(ii) Taiz, L. y Zeiger, E. (2010). Plant Physiology. 5th Ed. Sinauer Assoc. Inc. USA ISBN: 978-0-87893-866-7.
2. Complementaria
(i) Buchanan, BB., Gruissem, W. y Jones, RL. (2000). Biochemistry and Molecular Biology of Plants. American Society of Plant Physiology (ASPP). USA. ISBN: 0-943088-39-9.
(ii) Evert, RF. (2008). Esau Anatomía Vegetal. 3ª Ed. Omega. España. ISBN: 978-84-282-1443-3.
(iii) Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L. et al. (2009). Plant Biology. Garland Science, NY, USA. ISBN: 978-0-8153-4025-6.
(iv) Wink, M. (2010). Biochemistry of Plant Secondary Metabolism. 2nd Ed. U.K. Annual Plant Review, Vol. 40. Willey-Blackwell Ltd. ISBN: 978-1-4051-8397-0.
Competencias1. Xenerais
Nº 16: Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible
2. Epecíficas
B01: Coñecer as estruturas das biomoléculas e as súas transformacións nas células
B10: Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión
3. Transversais
CI09: Resolución de problemas
CS01: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CS03: Capacidade de aprender
Metodoloxía da ensinanza - Clases expositivas: 2 horas de teoría semanais, nas que se fomentará a participación dos alumnos mediante preguntas e/ou resolución de cuestións ao final da clase.
- Clases interactivas de laboratorio: As horas prácticas desenvolveranse no laboratorio ao longo de cinco sesións, cun máximo de 20 alumnos por grupo. Aos alumnos subministraráselles un guión de prácticas no que se especifica con claridade a metodoloxía a desenvolver baixo a estrita supervisión do profesor. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas despois de ler atentamente o contido deste manual. Antes do inicio de casa sesión práctica realizarase unha breve introdución na que se recollen os conceptos máis importantes do tema obxecto da mesma. Así mesmo o guión de prácticas conterá unha serie de cuestións e problemas sinxelos que o alumno deberá resolver ao final de cada sesión práctica.
- Clases interactivas de Seminario: 2 sesións nas que se propoñen e resolven aplicacións da
teoría, problemas, exercicios, traballos, … O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, traballos, etc.
- Tutorías. Formularanse actividades como aclaración de dúbidas sobre teoría ou prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
Sistema de evaluación1. A avaliación consistirá en:
- Exame teórico, que supoñerá un 70% da cualificación final. Será necesario que a nota obtida no exame teórico (máximo 7,0) sexa igual ou superior a 3,5 puntos para superar esta parte e poder valorar o resto dos méritos. O exame consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test de resposta múltiple.
A cualificación só manterase durante o presente curso académico.
- Parte práctica, que supoñerá o 15% da nota final (máximo 1,5). Será obrigatoria a asistencia ao total das clases prácticas. Realizarase unha proba escrita, que consistirá en preguntas curtas, coincidindo co final da última práctica de cada grupo de laboratorio (máximo 1,3 puntos) e, valorarase a participación activa nestas (ata 0,2 puntos da cualificación parcial).
Será necesario que a cualificación obtida na proba escrita sexa igual ou superior ao 50% para superar esta parte e a materia.
As prácticas aprobadas gardaranse durante os dous cursos académicos seguintes; pasado ese período será necesario realizar un exame de prácticas, sen necesidade de repetir o laboratorio. Para alumnos repetidores con prácticas suspensas rexen as mesmas normas que para os que cursan a materia por primeira vez.
- A asistencia con participación activa e a actitude nas clases expositivas en grupo grande, clases interactivas de seminario e as titorías, así como a elaboración de exercicios de avaliación continua, constituirán o 15% restante da cualificación final (máximo 1,5 puntos) correspondendo ata 1,0 punto ás clases interactivas de seminario e titorías e, 0,5 puntos ás clases expositivas.
2. A suma de todas as cualificacións deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para aprobar a materia.
3. En caso de ter que recorrer á segunda oportunidade, xullo, utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoal1. Traballo presencial na aula (45 horas)
- Clases expositivas: 22,5 horas
- Clases interactivas de seminario: 3 horas
- Clases interactivas de laboratorio: 15 horas
- Titorías: 2horas
- Exames e revisión: 2,5 horas
2. Traballo persoal do alumno (67,5 horas)
- Clases expositivas (estudo autónomo individual ou en grupo): 45 horas
- Clases interactivas de seminarios: 9 horas
- Clases interactivas de laboratorio (preparación previa e elaboración da memoria das prácticas): 6 horas
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 5 horas
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistencia a todas as clases de Fisioloxía Vexetal.
2. Participación activa nos Seminarios programados e preparación previa destes mediante a resolución das actividades propostas.
3. Utilización das titorías programadas para cada Grupo.
4. Realización das actividades da materia propostas polo Profesor.
5. Utilización da plataforma virtual da USC.
6. Preparación das clases prácticas antes da entrada no laboratorio.