Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081222 - Microbioloxía I (Bioloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 19.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
  • Áreas: Microbioloxía
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CRIADO ALVAREZ, MARIA TERESA.NON
DE MIGUEL BOUZAS, MARIA TRINIDAD.NON
FREIXEIRO DIAZ, PAULA.NON
GARRIDO VAZQUEZ, MANUEL JOAQUIN.NON
GONZALEZ VILLA, TOMAS.NON
SANCHEZ POZA, MARIA SANDRA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLE01 (Grupo A)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo B1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo B2)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B3)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo C1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo C2)HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C3)HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Se trata dunha materia sustantiva que servirá tanto para unha formación básica como transversal, sendo fundamental para algunhas das saídas profesionais da titulación como as desenvoltas nas áreas de control sanitario e ambiental, a epidemioloxía, a clínica e a industria.
    Con esta materia pretendese dotar ao estudante de Farmacia dos coñecementos básicos imprescindíbeis para a comprensión do mundo microbiano e da súa importancia para o home, especialmente no que compite á saúde, ao medio ambiente e á industria.

    Co desenvolvemento das clases prácticas preténdese que os alumnos adquiran competencias e habilidades nas seguintes áreas:
    - Aplicación dos conceptos de esterilización e desinfección
    - Observación de poboacións de bacterias, leveduras e fungos
    - Illamento de microorganismos
    - Análise de curvas de crecemento de bacterias
    - Análise de mostras de auga
    - Interpretación de resultados
    - Elaboración dun informe do traballo práctico no que se sintetice e describa con rigor a súa experiencia no traballo con microorganismos


    Contidos
    Programa de clases expositivas:
    As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións dunha hora cada unha.
    Tema 1. Concepto e desenvolvemento histórico da Microbioloxía
    Tema 2. Natureza e estrutura da célula bacteriana
    Tema 3. Metabolismo e crecemento bacterianos
    Tema 4. Control de microorganismos
    Tema 5. Natureza e estrutura dos virus
    Tema 6. Xenética bacteriana
    Tema 7. Natureza e estrutura de fungos filamentosos e levaduras
    Tema 8. Introdución a Biotecnoloxía microbiana
    Tema 9. Introdución a Microbioloxía ambiental
    Tema 10. Introdución a Microbioloxía dos alimentos

    Programa de clases prácticas:
    As clases prácticas desenvolveranse en 4 sesións de 4 horas cada unha.
    Práctica 1. Preparación de medios e solucións. Conceptos de esterilización e reciclado de material
    Práctica 2. Observación macroscópica de bacterias, fungos e levaduras.
    Práctica 3. Observación microscópica
    Práctica 4. Técnicas de illamiento e cultivo
    Práctica 5. Curva de crecemento bacteriano
    Práctica 6. Análise microbiolóxico de auga

    Bibliografía básica e complementaria
    Título: Microbioloxía, 5ª edición
    Autores: Prescott LM, Harley JP y Klein DA
    Editorial: McGraw-Hill Interamericana

    Título: Brock: Bioloxía dos microorganismos, 12ª edición
    Autores: Madigan MT, Martinko JM, Dunlap PV y Clask DP
    Editorial: Pearson Educación



    De considerarse necesario faranse recomendacións de bibliografía complementaria ó longo do transcurso do curso

    Competencias
    1. Competencias xerais.
    - Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual,
    familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
    - Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as
    relacionadas con outros profesionais sanitarios.
    - Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia
    profesional, dándolle especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose
    na evidencia científica dispoñíbel.

    2. Competencias específicas.
    B04: Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
    B05: Desenrolar habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como de uso da terapia xénica.
    B06: Coñecer e comprender o control microbiolóxico dos medicamentos.
    B08: Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos.

    3. Competencias transversais.
    CI03: Coñecementos xerais básicos
    CS03: Capacidade de aprender

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupos grandes:
    Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes con apoio de medios audiovisuais. Estas clases seguirán os contidos teóricos propostos na Guía Docente da materia, dispoñible na USC virtual.

    B) Clases interactivas en grupo reducido:
    As clases interactivas desenvolveranse en 4 sesións de 2 horas. Serán clases de discusión nas que se poden propoñer e resolver aplicacións da teoría, cuestións e comentarios sobre lecturas complementarias recomendadas, presentación de traballos, etc. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais. A realización das diferentes actividades terá lugar de forma individual ou en grupo segundo estableza o profesor previamente. A avaliación da participación e competencia dos alumnos realizarase mediante a participación nas discusións, mediante exercicios escritos sobre apartados específicos ou mediante a presentación ou desenvolvemento de traballos (un máximo de dous). Tamén será valorada a actitude do alumno durante o desenvolvemento das diferentes actividades. A asistencia a estas clases es obrigatoria para a obtención da calificación correspondente na evaluación continua.

    C) Clases prácticas de laboratorio:
    Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas o alumno disporá dun manual de laboratorio na USC virtual. Este manual incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar no que se fará constar una breve presentación dos fundamentos e a metodoloxía a seguir. Tras una explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, por parellas o en grupos reducidos as experiencias necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo nunha memoria o desenvolvemento das mesmas, a súa comprensión e adecuación a teoría, a súa experiencia persoal, etc. A memoria de prácticas, xunto coa actitude do alumno durante as prácticas e as destrezas adquiridas na súa consecución, será esencial para a avaliación do alumno.
    A realización das prácticas é OBRIGATORIA. A nota das prácticas de laboratorio en caso de igualar ou superar 1 punto dun máximo de 2 manteranse ata que o alumno aprobe a materia.

    D) Titorías en grupo moi reducido:
    Son titorías programadas nas que se aclaran as dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.

    Sistema de evaluación
    • A avaliación consistirá en:
    - Realización dun exame sobre os contidos teóricos da asignatura. Consistirá nun
    exame con preguntas de desenrolo (tipo 'tema'), e/ou preguntas sobre conceptos clave
    (preguntas 'curtas').
    - Avaliación da actitude durante as prácticas e da memoria de prácticas realizada.
    - Avaliación continuada durante as clases interactivas mediante a valoración das actividades
    realizadas durante as mesmas.

    • Cualificación global: A cualificación global da materia, en total 10 puntos, será a suma do obtido no exame teórico, nas prácticas de laboratorio y das clases interactivas, de acordo coa seguinte distribución:
    –Exame de teoría 6 puntos, sendo obrigado obter polo menos 3 puntos para poder aprobar la
    materia.
    –Prácticas de laboratorio 2 puntos, sendo obrigado obter polo menos 1 punto para poder
    aprobar a materia.
    –Clases interactivas 2 puntos, sendo obrigada a asistencia ás mesmas para á obtención de puntos neste apartado da evaluación

    • Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos 3 puntos dos 6 correspondentes ao exame de teoría e 1 punto dos 2 correspondentes ás prácticas. Unha vez sumadas as notas dos tres apartados, o alumno deberá alcanzar o 50% da puntuación total (5 puntos dun total de 10) para aprobar a asignatura.

    • Na 2ª convocatoria do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente as prácticas e as clases interactivas. A nota final seguirá os mesmos criterios que na 1ª convocatoria

    • En convocatorias sucesivas manteranse as cualificacións correspondentes as clases interactivas e as prácticas de laboratorio.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL AULA OU NO LABORATORIO:
    Clases expositivas en grupo grande (30 horas)
    Clases interactivas en grupo reducido (8 horas)
    Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
    Prácticas de laboratorio (16 horas)
    Exames e revisión (4 horas)

    Total de horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio (60 horas)


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
    Estudio autónomo individual ou en grupo (60 horas)
    Resolución de exercicios, ou outros traballos (14 horas)
    Orientación e resolución de dúbidas (8 horas)
    Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas (4 horas)
    Realización e revisión do exame (4 horas)

    Total horas de traballo persoal do alumno (90 horas)
    Recomendacións para o estudo da materia
    • Es recomendábel que os alumnos asistan regularmente ás clases expositivas, así como que preparen a materia como mínimo semanalmente có obxectivo de que se podan realizar as clases interactivas cun coñecemento suficiente do alumno sobre a materia.
    • Nas clases prácticas, esixirase unha actitude responsábel e un coñecemento, desde o seu comezo, dos riscos e medidas de seguridade a observar durante o traballo con microorganismos.
    • Nas clases interactivas, o alumno deberá mostrar unha actitude positiva e participativa, e deberá demostrar o seu coñecemento dos temas a debater.

    Observacións
    • Recomendacións de cara á avaliación.
    - Preparar adecuadamente a materia, especialmente nos conceptos e temas chave que serán resaltados polo profesor durante as clases expositivas polo que se recomenda a asistencia a todas as clases o traballo continuado.
    - Nas prácticas de laboratorio recoméndase ao alumno mostrar atención as indicacións do profesorado, seguir estrictamente as normas de seguridade, e esforzarse en adquirir as destrezas necesarias durante os exercicios. Así mesmo recoméndase encarecidamente que o alumno lea atentamente antes de acudir a cada sesión de prácticas o contido do manual de prácticas facilitado a través de la USC virtual.
    - É importante que o alumno demostre unha actitude activa e de participación durante as clases interactivas.

    • Recomendacións de cara a recuperación.
    - Repasar extensivamente a materia, especialmente en aqueles aspectos nos que se demostraran debilidades (que serán indicadas polo profesor durante a revisión dos exames).