G2081223 - Parasitoloxía (Bioloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 7.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Parasitoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia - Recoñecer e identificar as principais especies parasitas responsables de enfermidade no home.
- Aplicar e relacionar os coñecementos morfolóxicos e biolóxicos no diagnóstico parasitolóxico.
- Coñecer as principais técnicas para o illamento, concentración e identificación de formas parasitarias.
- Aplicar os fundamentos biolóxicos e epidemiolóxicos na prevención e control das enfermidades parasitarias.
- Desenvolver capacidades para formular e resolver problemas prácticos de tipo parasitolóxico.
ContidosPrograma de clases expositivas:
BLOQUE I. XENERALIDADES
Tema 1. O parasitismo como asociación biolóxica. Ciclos biolóxicos. Tipos de parasitos e de hóspedes.
Tema 2. Taxonomía e nomenclatura parasitarias. Bases e limitacións da caracterización morfolóxica.
Tema 3. Accións do parasito sobre o hóspedes: os parasitos como organismos patóxenos. Impacto das enfermidades parasitarias en poboacións humanas e animais.
Tema 4. Factores que determinan a distribución e prevalencia das parasitoses: factores bióticos, abióticos e sociais. Epidemioloxía. Zoonoses parasitarias.
Tema 5. Bases para o control das enfermidades parasitarias.
BLOQUE II. PROTOZOOLOXÍA
Tema 6. Protozoos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 7. Amebas intestinais: Entamoeba histolytica. Amebas anfizoicas: Naegleria, Acanthamoeba e Balamuthia.
Tema 8. Flaxelados intestinais: Giardia intestinalis. Flaxelados uroxenitais: Trichomonas vaginalis.
Tema 9. Flaxelados hemotisulares: Leishmania e Trypanosoma.
Tema 10. Ciliados: Balantidium coli.
Tema 11. Apicomplexos intestinais: Cryptosporidium, Cyclospora e Isospora.
Tema 12. Apicomplexos tisulares: Sarcocystis e Toxoplasma.
Tema 13. Apicomplexos hemáticos: Plasmodium.
BLOQUE III. HELMINTOLOXÍA
Tema 14. Trematodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 15. Trematodos hepatobiliares: Fasciola, Clonorchis e Opistorchis.
Tema 16. Trematodos intestinais: Fasciolopsis e Heterophyes. Trematodos pulmonares: Paragonimus.
Tema 17. Trematodos hemáticos: Schistosoma.
Tema 18. Cestodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 19. Pseudofílidos: Diphyllobothrium e Spirometra.
Tema 20. Ciclofílidos: Taenia, Echinococcus e Hymenolepis.
Tema 21. Nematodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 22. Tricúridos: Trichuris e Trichinella.
Tema 23. Ascáridos: Ascaris, Toxocara e Anisakis.
Tema 24. Estrongílidos: Ancylostoma e Necator. Rabdítidos: Strongyloides.
Tema 25. Oxiúridos: Enterobius vermicularis.
Tema 26. Filarias: Wuchereria, Brugia, Onchocerca, Loanza e Mansonella.
BLOQUE IV. ARTROPODOLOXÍA
Tema 27. Artrópodos: introdución, bioloxía e clasificación. Interese sanitario e papel vectorial.
Tema 28. Ácaros: Sarcoptes e Demodex. Carrachas: Argas e Ixodes.
Tema 29. Insectos. Piollos: Pediculus e Pthirus. Chinches: Triatómidos e Cimex. Pulgas: Pulex e Tunga.
Tema 30. Dípteros (mosquitos, moscas e tabáns): Anopheles, Culex e Aedes. Phlebotomus e Lutzomyia. Simulium. Culicoides. Glossina. Chrysops. Principais axentes etiolóxicos de míase.
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Descrición e funcionamento do microscopio. Asociacións heteroespecíficas. Parasitismo. Protozoos: características morfolóxicas de amebas, flaxelados, ciliados e apicomplexos. Observación de preparacións.
Práctica 2. Descrición e funcionamento do estereomicroscópico. Trematodos: características morfolóxicas de adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións.
Práctica 3. Cestodos: características morfolóxicas dos adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións.
Práctica 4. Nematodos: características morfolóxicas dos adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións. Infección natural e experimental.
Práctica 5. Artrópodos: características morfolóxicas dos ácaros e dos insectos. Observación de preparacións con diferentes fases de desenvolvemento.
Bibliografía básica e complementariaBásica
- Foundations of Parasitology. G.D. Schmidt and L.S. Roberts. Editorial McGraw-Hill Higher Education. 8ª Edición. 2009.
- Atlas de Parasitología humana. L.R. Ash and T.C. Orihel Editorial Médica Panamericana. 5ª Edición. 2010.
Complementaria
- Manual de parasitología: morfología y biología de los parasitos de interese sanitario. J. Gállego Berenguer. Publicacions i Edicions Universitat de Barcelona, D.L. 2007.
- Parasitic diseases. D.D. Despommier;J.W. Karapelou and J. Jensen. New York: Apple Trees. 5ª Edicción. 2006.
http://www.facmed.unam.mx/marco/index.php?dir_ver=87
http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Para_Health.htm
http://apps.who.int/tdr/svc/publications
CompetenciasCompetencias xerais
-Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
-Desenvolver análises hixiénico-sanitarias, especialmente as relacionadas cos alimentos e medioambiente.
-Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais coma escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
-Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinais e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
-Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Competencias específicas
-Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
-Coñecer a natureza e comportamento dos axentes infecciosos.
-Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio.
-Desenvolver análises hixiénico-sanitarias (bioquímicas, bromatolóxicas, microbiolóxicas, parasitolóxicas) relacionadas coa saúde, en xeral, e cos alimentos e medio ambiente en particular.
-Comprender a relación existente entre alimentación e a saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
-Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes da saúde na poboación, tanto os xenéticos coma os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas: leccións impartidas polo profesor que pode ter formatos diferentes. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa proposto na Guía Docente da materia.
Clases interactivas: Clases teórico/prácticas na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría. O alumno deberá participar activamente nestas clases.
Clases interactivas con ordenador: Inclúense aquí as clases nas que o alumno utiliza o ordenador en aula de informática. O alumno deberá participar activamente nestas clases.
Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de Parasitoloxía. Cada unha das prácticas constará dunha breve presentación de fundamentos e metodoloxía a seguir. O alumno non será avaliado se non realiza as prácticas de laboratorio. Os alumnos que por un motivo xustificado non poidan asistir ao grupo de prácticas asignada, deberán comunicalo coa suficiente antelación ao profesor responsable co fin de reestruturar os grupos. As prácticas de laboratorio terán unha validez de tres cursos.
Titorías: estarán dedicadas á aclaración de dúbidas, lecturas ou outras tarefas propostas.
Sistema de evaluación Sistema de avaliación
-O alumno non será avaliado se non realiza as prácticas de laboratorio e a súa nota final na materia será "Non Presentado".
-A avaliación consistirá nun exame teórico que supoñerá un 80% da cualificación final e constará de: definición de conceptos básicos, resposta a preguntas curtas e tipo test, interpretación de imaxes e esquemas, resolución de casos prácticos e desenvolvemento de temas fundamentais. Serán tamén obxecto de avaliación os fundamentos teóricos das clases prácticas.
-Haberá unha avaliación directa na que se valorarán a asistencia, participación e actitude nas diferentes actividades programadas (realización de traballos, resolución de problemas, interpretación de lecturas recomendadas,….) a súa valoración será o 20% da cualificación final, pero será necesario obter unha nota mínima (5 sobre 10) no exame teórico para aplicar esta valoración.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
HORAS
Clases expositivas en grupo grande: 30
Clases interactivas en grupo reducido: 2
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: 2
Titorías en grupo moi reducido: 2
Prácticas de laboratorio: 20
Exames e revisión: 4
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo: 52,5
Lecturas, páxinas Web recomendadas,….: 10
Realización de prácticas: 20
Elaboración de traballos: 7,5
Total horas traballo persoal do alumno: 90
Recomendacións para o estudo da materia - Asistir ás clases expositivas.
- Manter o estudo ao día.
- En cada tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma a súa aplicación.
- Consultar calquera dúbida xurdida ao profesor responsable.
- Utilizar a plataforma virtual como complemento e consultar a bibliografía.
- Empregar as horas de titoría para resolver calquera dúbida.
Recomendacións de cara á avaliación
Recoméndase ler detidamente o exame co fin de axustar as respostas ás cuestións formuladas.
Recomendacións de cara á recuperación.
Aquel alumno que non supere con éxito o proceso de avaliación, debería acudir ao profesor para unha vez comprobados os fallos que motivaron non ter superado o exame, buscar o asesoramento necesario. Nesta segunda convocatoria do curso académico utilizaranse os mesmos criterios que na primeira.
ObservaciónsNOTA: Todos os xéneros e especies do programa deberían estar correctamente escritos en letra cursiva, a aplicación informática dispoñible actualmente non o permite.