Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081225 - Inmunoloxía (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BUSCH ., LISA KAY.NON
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES.NON
VARELA CALVIÑO, RUBEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01(Grupo A)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03 (Grupo C) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_11 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05 (Grupo A3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07 (Grupo C1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_08 (Grupo C2) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09 (Grupo C3) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Transmitir unha comprensión exacta e actual do sistema inmune, enfatizando os principios de organización da inmunidade.

    - Identificar as células e moléculas específicas, que son compoñentes esenciais do sistema inmunitario e as funcións exercidas por eles na defensa do hospedeiro fronte á infección.

    - Aplicar os principios da inmunidade á comprensión de enfermidades humanas: protección contra infeccións e enfermidades causadas por unha resposta anormal do sistema inmunitario.

    - Ensinar técnicas básicas específicas dun laboratorio de inmunoloxía.

    Contidos
    Programa de la materia:
    Tema 1. Introdución á Inmunoloxía
    Tema 2. Os tecidos e células do sistema inmunitario
    Tema 3. Inmunidade innata
    Tema 4. Citocinas
    Tema 5. Anticorpos: estrutura e función
    Tema 6. Bases xenéticas da diversidade de anticorpos
    Tema 7. O complexo principal de histocompatibilidade
    Tema 8. Receptor de antíxenos de linfocitos T
    Tema 9. Procesamento e presentación de antíxenos ás células T
    Tema 10. A sinalización a través de receptores de antíxeno
    Tema 11. Desenvolvemento de linfocitos B
    Tema 12. Desenvolvemento de linfocitos T
    Tema 13. Activación de células T
    Tema 14. Activación de células B e síntese de anticorpos
    Tema 15. Regulación da resposta inmune
    Tema 16. Inmunidade contra microorganismos
    Tema 17. Inmunodeficiencia conxénitas e adquiridas
    Tema 18. Autoimunidade
    Tema 19. Hipersensibilidade inmediata e alerxias
    Tema 20. Inmunoloxía de transplantes
    Tema 21. Inmunoloxía tumoral

    Programa de clases interactivas:
    As clases expositivas complementaranse con 3 horas de clases interactivas, agrupadas en 2 sesións de 1 e 2 horas cada unha. Nelas os alumnos discutirán e resolverán cuestión e problemas relacionados coa materia. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da materia e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente.

    Programa de clases prácticas:
    As clases prácticas de laboratorio desenvolveranse en 5 sesións de 3 horas cada unha e cunha proba ao final das mesmas.
    Práctica 1. Reaccións de aglutinación
    Práctica 2. Reaccións de inhibición da hemólise
    Práctica 3. Reaccións de inmunoprecipitación
    Práctica 4. Reaccións de fixación do complemento

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    - Abbas, A.K., Litchtman, A.H., y Pillai, S. Inmunología celular y molecular. 7ª Edición. Elsevier (2012).
    - Janeway, C.A., Travers, P., Walport, M., y Capra, J.D. Inmunobiología. El sistema inmunitario en condiciones de salud y enfermedad. 4ª Edición. Masson (2000).
    - Roitt, I. y Delves, P.J. Inmunología. Fundamentos. 10ª Edición. Editorial Médica Panamericana (2003).

    Complementaria:
    - Regueiro González, J.R., López Larrea, C., González Rodríguez, S. y Martínez Naves, E. Inmunología. Biología y patología del sistema inmune. 4ª Edición. Editorial Médica Panamericana (2010).
    - Parham, P. Inmunología. 2ª Edición. Editorial Médica Panamericana (2006).
    - Goldsby, R.A., Kindt, T.J., Osborne, B.A., y Kuby, J. Inmunología. 5ª Edición. Editorial McGraw-Hill (2004).

    Competencias
    Xerais:
    - Desenvolver análises hixiénico-sanitarios (bioquímico, bromatolóxicos, microbiolóxicos, parasitolóxicos) relacionadas coa saúde en xeral.
    - Coñecer as técnicas analíticas relacionadas co diagnóstico de laboratorio.

    Específicas:
    - Coñecer e comprender os mecanismos xerais das enfermidades, alteracións moleculares, estruturais e funcionais.
    - Coñecer e comprender os conceptos básicos das análises clínicas e a natureza e contido dos ditames do diagnóstico de laboratorio.

    Transversais:
    - Capacidade para aplicar coñecementos na práctica.
    - Habilidade para aprender.
    - Coñecementos básicos en xeral.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande. Lección ensinada polo profesor no que se exporán os contidos teóricos da materia. O profesor poderá contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. A plataforma virtual USC vai apoiar e complementar o ensino teórico.

    B) Clases interactivas en pequenos grupos. Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas ou exercicios. O alumno participará activamente nestas clases de distintas formas, tales como a entrega de traballos ou exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns que o profesor ofrece aos alumnos con antelación) e a resolución de exercicios en clase, incluíndo outras posibilidades. O profesor pode contar co soporte de medios audiovisuais e informáticos. Inclúense probas de evaluación se fosen necesarias. La asistencia a estas clases es obligatoria para la obtención de la puntuación correspondiente a la evaluación continua.

    C) Clases prácticas de laboratorio. Inclúense aquí as clases que se dan nun laboratorio de prácticas. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio. Tras unha explicación por parte do profesor, os alumnos han facer individualmente ou en pequenos grupos, as experiencias e cálculos necesarios para acadar os obxectivos da práctica, recollendo no manual de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados obtidos. A participación nestas clases prácticas é obrigatoria.

    D) Tutoriais de pizarra en grupo moi reducido. Tutorias programadas polo profesor. Proporánse actividades como o seguimento do nivel de aprendizaxe e comprensión da asignatura, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.

    E) Plataforma virtual da USC. Será empregada para apoiar e complementar o ensino teórico e práctico e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poránse a disposición dos estudantes os recursos teóricos e prácticos necesarios para o estudo da materia.

    Sistema de evaluación
    1. A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico está composto por tres partes: parte teórica, parte práctica e a parte correspondente ás clases interactivas.

    2. A proba teórica suporá o 80% da nota final (máximo de 8 puntos). O exame será mixto, con preguntas test que abranguen todas as pezas fundamentais da materia e cuestións curtas e concretas, para avaliar o desenvolvemento dun razoamento e asimilación da materia. É necesario que a clasificación obtida neste exame supere o 45% (3.6) do valor máximo (8) para avaliar as seccións restantes.

    3. A avaliación das prácticas suporá o 10% (máximo 1 punto) da nota final. Para esta avaliación terase en conta o traballo realizado polo alumno no laboratorio xunto coa comprensión polo estudante do protocolo experimental e os resultados experimentais obtidos, que se fará a través dunha proba escrita que consta de preguntas curtas. O alumno non poderá superar a materia de Inmunoloxía se non fai as prácticas e a proba escrita correspondente ao final das mesmas. A nota das prácticas só se manterá durante os dous cursos académicos seguintes no caso de suspender a asignatura.

    4. A avaliación das clases interactivas suporá o 10% (máximo 1 punto). Establecerase tendo en conta: a participación activa do alumno nas clases, a realización dos traballos e actividades propostas, as notas correspondentes a probas escritas sobre seccións específicas que se puideran facer, etc. O alumno obterá una puntuación de evaluación continua proporcional ó traballo realizado e ás notas obtidas nas clases interactivas. A calificación para esta sección é aplicable só para o curso no que están feitos; excepto si o alumno ten aprobado o examen teórico nese caso gardarase a nota para o curso académico seguinte.

    5. Na 2 ª convocatoria do curso, só se fará o exame de teoría, conservando a avaliación para as clases prácticas e interactivas. A puntuación máxima sobre a que se calificará esta parte do exame e o mínimo esixido é o mesmo que o xa descrito para a primeira convocatoria.

    6. O alumno deberá obter cinco puntos sobre un total de 10 para aprobar a asignatura.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
    Clases expositivas en grupo grande: 23
    Clases interactivas en grupo reducido: 3
    Tutorías en grupo moi reducido: 1
    Prácticas de laboratorio: 15
    Exámes e revisións: 3
    Total de horas de traballo presencial na clase e no laboratorio: 45

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (HORAS)
    Estudio autónomo Individual ou en grupo: 46
    Resolución de exercicios ou outros traballos: 20
    Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 1,5
    Total de horas de traballo persoal do estudante: 67,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    O estudante deberá evitar o simple esforzo memorístico, pois non é adecuado ou suficiente, de cara o estudo para acadar a comprensión, razoamento e a relación dos contidos da materia.

    En relación ás clases interactivas, a participación activa nas mesmas, permitirá ao alumno unha mellor comprensión de moitos aspectos explicados nas clases teóricas, o que facilitará o estudo para o exame final.

    Recoméndase aos alumnos a que asistan á revisión do exame, onde o profesor poderá indicar cáles foron os seus erros e cómo supera-los, así como en qué partes da materia deberá facer un maior esforzo de cara á recuperación.

    Tamén é para o alumno tentar resolver todas as cuestión que foron propostas durante o curso, así como de outras novas que figuran na bibliografía recomendada e ir ás tutorías para resolver as dúbidas coa axuda do profesor.