G2081226 - Saúde Pública I (Lexislación e Farmacia Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia Coñecer os fundamentos do método epidemiolóxico como núcleo esencial da Saúde Pública.
•Coñecer e aplicar os criterios de causalidade en Epidemioloxía e Ciencias da Saúde.
•Coñecer as claves da análise epidemiolóxica: deseños (observacionais e analíticos); medidas de frecuencia (de prevalencia e de incidente), medidas de efecto (risco relativo, atribuíble, fracción etiolóxica); identificación de nesgos (de selección, de información, de confusión); epidemioloxía clínica: tests diagnósticos, decisión clínica, ética na actuación médica; etc.
•Coñecer e saber aplicar os fundamentos da Demografía como ciencia auxiliar da Epidemioloxía e da Saúde Pública: identificación e análise das poboacións, tanto estática cómo dinámica.
•Coñecer e aplicar os principais indicadores socio-sanitarios no diagnóstico de saúde das poboacións.
•Saber interpretar unha publicación epidemiolóxica.
•Saber planificar, co deseño idóneo, un estudo epidemiolóxico.
ContidosPrograma Teórico
Tema 1. Saúde Pública: Conceptos e contidos. Evolución histórica.
Tema 2. A Saúde e os seus determinantes. Historia natural da enfermidade. Niveis de prevención.
Tema 3. Epidemioloxía: evolución histórica, concepto e aplicacións.
Tema 4. O método científico en epidemioloxía. Inferencia causal en epidemioloxía.
Tema 5. Medidas de frecuencia e de efecto.
Tema 6. Demografía estática e dinámica. Sistemas de información sanitaria e indicadores de saúde.
Tema 7. Estudos experimentais.
Tema 8. Estudos de cohortes.
Tema 9. Estudos de casos e controis.
Tema 10. Estudos transversais e ecolóxicos.
Tema 11. Estudos de probas diagnósticas.
Tema 12. Revisións sistemáticas e metaanálise.
Tema 13. Erros sistemáticos e aleatorios.
Tema 14. Epidemioloxía ambiental, epidemioloxía nutricional, farmacoepidemioloxía.
Tema 15. Epidemioloxía xenética, xenética de poboacións.
Programa de clases prácticas:
Práctica 1. Demografía
Práctica 2. Medidas de frecuencia e efecto
Práctica 3. Experimentais
Práctica 4. Cohortes
Práctica 5. Casos e controis
Práctica 6. Transversais e ecolóxicos
Práctica 7. Validez proba diagnóstica
Práctica 8. Revisións sistemáticas e metaanálise.
Bibliografía básica e complementariaBásica.
Escuela Nacional de Sanidad (ENS). Instituto de Salud Carlos III - Ministerio de Ciencia e Innovación. Miguel Ángel Royo Bordonada, Javier Damián Moreno, “Método epidemiológico”. Madrid: ENS-Instituto de Salud Carlos III, Octubre de 2009.
De Irala J, Martínez-González MA, Seguí-Gómez M. Epidemiología Aplicada. 2º Ed. Barcelona: Ariel, 2008.
Piédrola et al. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Masson. Barcelona, 2008
Complementaria.
Hernández-Aguado I, Gil A, Delgado M, Bolúmar F. Manual de Epidemiología y Salud Pública. Para Licenciaturas y Diplomaturas en Ciencias de la Salud. 1ª ed. Barcelona: Editorial Médica Panamericana, 2005.
Martínez Navarro F et al. Salud Pública. MACGRAW-HILL-INTERAMERICANA. Madrid, 1997.
OMS Estrategias de salud para el año 2000. Geneve, 1999.
Ahlbon A, Norell S. Fundamentos de epidemiología. Madrid: Ed s XXI, 1992
CompetenciasCompetencias xerais.
a)Interpretar criticamente a literatura científica procedente de diversas fontes.
b)Saber traballar en equipo no deseño de estudos sanitarios.
c)Utilizar a capacidade indutiva para a realización de estudos sanitarios.
Competencias específicas.
a)Comprender o concepto de epidemioloxía como unha ciencia aplicada a tódolos campos sanitarios.
b)Entender a necesidade do método científico como algo necesario na realización de investigación.
c)Dar resposta a través dos deseños epidemiolóxicos específicos a preguntas de investigación concretas.
d)Entender cales son os principais aspectos que poden afectar á validez dos estudos sanitarios.
e)Entender a utilidade e interpretar adecuadamente os estudos de probas diagnósticas.
f)Coñecer os diferentes métodos de síntese de información científica e onde conseguir documentos de síntese.
g)Coñecer e aplicar os diferentes índices demográficos ás poboacións. Contextualizalos ás decisións de planificación sanitaria.
Competencias transversais.
a)Capacidade de análise e síntese.
b)Capacidade de organizar e planificar
c)Resolución de problemas.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositivas en grupo grande: Lección maxistral impartida polo profesor O profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participará activamente nestas clases de distintas formas: resolución de exercicios na aula etc.
E) Titorías de encerado en grupo moi reducido: Supervisaranse os traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
Sistema de evaluaciónExamen final: 8 puntos, mediante exame test.
Avaliación continua: 2 puntos. Deles 1.5 puntos outorgaranse nos controis tipo test ao final das sesión interactivas e de controis aleatorios tipo test en clases expositivas. Os controis en expositivas realizaranse sobre toda a materia impartida ata o momento de realizar o control. Os restantes 0.5 puntos asignaros o profesor en función participación activa en clases (0.5).
Para superar a materia o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
Na avaliación extraordinaria de Xullo, manterase o sistema de avaliación e o peso de cada parte.
Non se “gardan” as notas da avaliación continua para sucesivos cursos.
Tempo de estudo e traballo persoal65 horas de estudo aproximadamente.
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia a clases
• Participación activa nas clases
• Utilización da bibliografía recomendada
• Utilización dos apuntes de clase
• Utilización de materiais e documentos facilitados polos profesores
• Dedicación continua de, polo menos, 30 minutos despois de cada clase ao estudo da materia
• Realización de traballo persoal do alumno na resolución de problemas e na realización de traballos.