G2081325 - Nutrición e Bromatoloxía I (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer as necesidades nutritivas do organismo humano e as Inxestas Dietéticas Recomendadas, para dar consellos prácticos e seguir unha dieta saudable para evitar ou previr a aparición de enfermidades crónicas.
Coñecer a composición dos alimentos como fontes de nutrientes.
Utilizar e saber interpretar as táboas de composición de alimentos e as de inxestas recomendadas de enerxía e nutrientes para poder deseñar, valorar e interpretar dietas.
Confirmar a importancia da dieta no tratamento de determinadas patoloxías.
ContidosPrograma de clases expositivas.
As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións de 50-55 minutos cada unha.
Tema 1: Alimentación e saúde: concepto de nutrición e dietética humanas.
Tema 2: A dieta na saúde. Inxestas Dietéticas de Referencia. Obxectivos nutricionais.
Tema 3: Necesidades enerxéticas: lípidos e carbohidratos.
Tema 4: Necesidades plásticas: proteínas e aminoácidos.
Tema 5: Necesidades protectoras: auga, vitaminas e minerais.
Tema 6. Outros alimentos: Augas e bebidas. Especias e alimentos estimulantes
Tema 7: Alimentación nas distintas etapas da vida.
Tema 8: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas nos trastornos da alimentación.
Tema 9: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas nas alerxias, intolerancias e trastornos metabólicos.
Tema 10: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas en diferentes patoloxías.
Programa de clases interactivas.
Programa de clases interactivas.
As clases expositivas completaranse con 9 clases interactivas. Nelas os alumnos completarán os coñecementos adquiridos nas clases expositivas, resolveranse cuestións e problemas relacionados coa materia sobre a que terán traballado previamente eerealizarase a formulación e posterior exposición dun traballo.
Programa de clases prácticas
As clases prácticas desenvolvésense en 16 horas, en 4 sesións.
Práctica 1. Avaliación da dieta persoa.
Práctica 2. Elaboración e avaliación de dietas para as distintas etapas da vida.P
Prácticas 3 e 4. Dietoterapia: preparación e avaliación de dietas en trastornos xerais da saúde.
Bibliografía básica e complementariaBásica
GIL, A. Tratado de Nutrición Tomos I a IV (2010) 2ª ed. Ed. Panamericana.
MATAIX, J. Tratado de Nutrición y alimentación. Vol. I y II (2009). Ed. Ergon
Complementaria.
ASTIASARAN ANCHIA, I; LASHERAS ALDAZ, B: ARIÑO PLANA, A; MARTINEZ HERNANDEZ, J.A. Alimentos y nutrición en la práctica sanitaria (2003) Ed. Diaz de Santos
BIESALSKI, H.K, GRIMN, P. Nutrición. Texto y Atlas (2007) Ed. Panamericana.
CERVERA, P.; CLAPES, F. y RIGOLFAS, R. Dietética y dietoterapia (2004) 4ª ed. Ed. Graw-Hill Interamericana.
CESNID (Centre d’Enseyament Superior de Nutrició i Dietética). Tablas de composición de alimentos por medidas caseras de consumo habitual en España (2008) Ed. Mc Graw-Hill Interamericana.
CUERVO, M.; RUIZ DE LAS HERAS, A. Alimentación Hospitalaria. 2. Dietas hospitalarias (2003). Ed. Díaz de Santos.
MAHAN, I.K.; ESCOTT-STUMP, S. Nutrición y dietoterapia de, Krause (2001) 10ªed. Ed. Saunders Company. México.
MATAIX, J. Y LLOPIS, J. Manual gráfico e contido nutricional de pratos galegos (1993). Ed. Carrefour Galicia.
MATAIX, J. Tabla de composición de alimentos españoles (1993) Universidad de Granada.
MATAIX, J. Tratado de Nutrición y alimentación. Vol. I y II (2009). Ed. Ergon
MOREIRAS, O.; CARBAJAL, A.; CABRERA, L.; CUADRADO, D. Tablas de composición de alimentos (2005) 9ª ed. Ed Pirámide.
BOE (BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO)
DOUE (DIARIO OFICIAL DE LA UNION EUROPEA)
http://www.nal.usda.gov
http://www.uned.es/pea-nutricion-y-dietetica-guia
http://www.cdc.gov/nccdphp/dnpa/physical/measuring/index.htm
http://www.aesa.msc.es
http://www.bedca.net/
CompetenciasCompetencias xerais.
Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello nutricional e alimentario aos usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
Comprender a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos coma os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Competencias específicas.
Coñecer as necesidades nutritivas do organismo humano.
Coñecer as Inxestas Dietéticas de Referencia, nas distintas etapas da vida e obxectivos nutricionais.
Coñecer os nutrientes, fontes alimentarias e recomendacións dietéticas.
Coñecer a composición e o valor nutritivo dos alimentos.
Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello nutricional e alimentario.
Comprender a relación existente entre alimentación e saúde, fomentar a educación alimentaria e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Proporcionar as ferramentas necesarias para a realización, avaliación e interpretación de dietas de acordo cos criterios actuais e as necesidades individuais e/ou de grupos.
Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello en dietoterapia.
Competencias transversais.
Capacidade de análise e síntese.
Habilidades de xestión da información (habilidad de recuperar e analizar información de varias fontes)
Resolución de problemas.
Capacidade crítica e autocrítica.C
apacidade deaprender e aplicar os coñecementos na práctica.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor no que se expoñen os contidos teóricos da materia. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento teórico da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas,planteamento e presentación do traballo, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, presentación de un traballo, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos e os alumnos poderán usarlo na presentación do traballo. Inclúense as probas de avaliación sobre apartados específicos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases Prácticas con ordenador en grupo reducido: Inclúense aquí as clases prácticas nas que o alumno utiliza o ordenador en aula de informática (clases de informática, uso de paquetes para ilustración práctica da teoría, etc.). O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas e presentará ao Profesor os resultados para a súa avaliación (algúns propostos previamente polo profesor coa suficiente antelación). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
O alumno non será avaliado se non asiste, realiza e aproba as prácticas que se lle indiquen. A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de suspender a materia
D) Plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno. Nela poñeranse a disposición dos alumnos os recursos teóricos e prácticos, necesarios para o estudo da materia.
E) Titorías en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor. Supoñen para cada alumno 2 horas. Propóñense actividades como a supervisión do traballo dirixido, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
Sistema de evaluaciónA avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá en tres partes: parte teórica, parte correspondente ás clases interactivas e parte práctica.
O exame teórico supoñerá o 70% da cualificación final (máximo 7 puntos). O exame deberá cubrir todas as partes fundamentais da materia que permitan valorar o desenvolvemento dun razoamento e a asimilación da materia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% da nota máxima (3,2), para valorar o resto dos apartados.
A asistencia e avaliación das clases interactivas supoñerá o 20% (máximo de 2 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, realización de actividades propostas, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se poidan realizar, presentación e debate do Traballo etc.
A avaliación das prácticas supoñerá o 10% (máximo de 1 punto) da nota final. Para esta avaliación terase en conta o traballo desenvolvido polo alumno na aula de informática e a súa presentación ao Profesor cos resultados obtidos.
A realización, entrega e superación das prácticas é requisito indispensable para poder superar a materia de Nutrición e Bromatoloxía I.
O 40% da nota de prácticas corresponde ao desenvolvemento destas na aula e o 60% á memoria presentada. O mínimo para aprobalas é 0.5 puntos sobre 1.
A nota de prácticas manterase nos dous cursos académicos posteriores en caso de suspender a materia. A realización, entrega e superación das prácticas é requisito indispensable para poder superar a materia de Nutrición e Bromatoloxía I.
Na 2ª oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás clases interactivas e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido, será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.
O alumno debe obter cinco puntos sobre dez para aprobar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoal TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
Clases interactivas en grupo reducido. Presentación y debate dun traballo: 8 horas
Prácticas con ordenador en grupo reducido:16 horas
Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
Exámenes y revisión: 4 horas
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual o en grupo: 54 horas
Resolución de exercicios, preparación do traballo: 14 horas
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador: 16 horas
Orientación y resolución de dubidas: 4 horas
Elaboración, presentación y exposición: 4 horas
Realización y revisión de exame: 4 horas
Total horas traballo persoal del alumno: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaÉ aconsellable asistir ás clases expositivas e estudar a materia con anterioridade á asistencia ás clases interactivas e prácticas, que constitúen unha aplicación dos coñecementos teóricos. Os alumnos deben comprender e poder resolver as cuestións propostas nas clases expositivas, para que poidan formular as súas dúbidas ao profesor nas clases interactivas.
É imprescindible o uso da USC virtual onde o Profesor incluirá o material que considere necesario para os alumnos, así como os anuncios e tarefas a realizar ao longo do curso. Ademais os alumnos poden consultar directamente e en todo momento co profesor as súas dúbidas ou suxerir calquera aclaración.
Para as prácticas de ordenador é necesario coñecer e manexar os conceptos teóricos previos, que permitirán ao alumno a elaboración e/ou avaliación das diferentes axudas en estudo. Calquera dúbida que puidese xurdir antes ou durante as prácticas deberá ser consultada co profesor.