Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081329 - Técnicas Instrumentais (Química) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CONDE MOUZO, OLGA MARIA EMMA.SI
Sandez Macho, M Isabel.NON
Suárez Varela, Arturo.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_07 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_05 (Grupo B2) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06 (Grupo B3) HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo A3) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Estudio de todas as técnicas experimentais que, utilizando unha instrumentación complexa na maioría das ocasións, permite obter unha serie de datos cos que, ademáis da determinación analítica dunha substancia a nivel farmacéutico, se pode chegar tamén ao coñecemento das súas características estruturais.
    Contidos
    Métodos Espectroscópicos:
    Tema 1: Introdución. Tema 2: Espectrofotometría Visible-Ultravioleta. Tema 3: Espectrofotometría de Fluorescencia.

    Métodos de Separación:
    Tema 4: Introdución á Cromatografía. Tema 5: Cromatografía de Gases. Instrumentación. Tema 6: Cromatografía Líquida: Xeneralidades. Cromatografía Líquida de Adsorción e de Partición. Tema 7: Cromatografía Líquida: Cromatografía de Exclusión. Cromatografía Iónica. Instrumentación Cromatografía Líquida. Tema 8: Cromatografía Líquida Plana: Cromatografía en Capa Fina.
    Tema 9: Cromatografía de Fluídos Supercríticos. Tema 10: Electroforese e Isoelectroenfoque. Tema 11: Espectrometría de Masas.

    Métodos Electroquímicos:
    Tema 12: Técnicas Conductimétricas. Tema 13: Técnicas Potenciométricas.


    Programa de clases prácticas:

    Práctica 1. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible-ultravioleta: lei de Lambert-Beer
    Práctica 2. Análise de mostras por cromatografía de gases
    Práctica 3. Valoración potenciométrica dun ácido débil e determinación aproximada do seu pKa.
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    • Skoog, D. A.; Holler, F. J.; Nieman, T. A. Principios de Análisis Instrumental, (Traducción al español de Principles of Instrumental Análisis, por Mª C. Martín Gómez y otros), McGraw-Hill, Madrid, 2003.
    • Ewing, G. W. Métodos Instrumentales de Análisis Químicos, (Traducción ao español del original inglés Instrumental Methods of Chemical Analysis, 4th ed., McGraw-Hill, 1975, por Eva Estrada Meza), Mc Graw-Hill, México, 1978.

    Estes dous libros de carácter xeral pódense utilizar practicamente ao longo de todo o curso, por iso xa non se incluirán na bibliografía correspondente a cada capítulo xa que abranguen a maioría dos temas da materia cunha exposición clara e adecuada da materia para o alumno que os consulte.

    Complementaria.
    • Christian, G. D.; O´Reilly, J. E. Instrumental Analysis, 2nd ed., Allyn and Bacon, Boston, 1986.
    • Ewing, G. W. Analytical instrumentation handbook, Marcel Dekker, New York, 1990.
    • Miñones Trillo, J. Manual de Técnicas Instrumentales, 2 volúmenes, Círculo editor Universo, Barcelona, 1978.
    • Valls, O.; del Castillo, B. técnicas Instrumentales en Farmacia y Ciencias de la Salud, 4ª ed., Ediciones Piros, Barcelona, 1998.
    • Delahay, P. Análisis Instrumental: (métodos fisicoquímicos del Análisis), (Traducción ao español de Instrumental Analysis, Mc Millan, New York, 1963.
    Competencias
    Competencias xerais:
    1. Identificar, deseñar, analizar e controlar fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
    2. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
    3. Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictames de diagnóstico de laboratorio.
    4. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
    5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica disponible.

    Competencias específicas:
    . Identificar e analizar principios activos, fármacos e outros produtos e materiais de interese sanitario.
    . Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
    . Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopia.

    Competencias transversais:
    . Capacidade crítica e autocrítica.
    . Capacidade de análise e síntese.
    . Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    . Habilidade para traballar de forma autónoma.


    Metodoloxía da ensinanza
    As 30 horas de clases expositivas impartiranse como clases maxistrais presenciais xa que o elevado número de alumnos por grupo, non permite a utilización de métodos alternativos. Nas devanditas clases daranse os conceptos e contidos teóricos da materia. Para iso axudarémonos das novas tecnoloxías para presentacións colectivas, como power point e videos.
    As clases interactivas estarán dedicadas á resolución de cuestións prácticas e problemas. Tamén se poderá utilizar o sistema da aprendizaxe cooperativa (Método de Crebacabezas Prol) para a resolución dos problemas, no caso de que o profesor o considere oportuno. O traballo práctico no laboratorio levarase a cabo en grupos de 20 persoas como máximo. Todo iso estará implementado coa utilización da plataforma virtual da USC.
    Sistema de evaluación
    A Nota global será o resultante de sumar a cualificación obtida en tres actividades

    1º Un exame final de teoría e problemas

    2º A avaliación continua

    3º Prácticas de laboratorio.

    O exame final de teoría e problemas será cualificado sobre un máximo de 7.5 puntos correspondéndolle 6 puntos ao exame de teoría e 1.5 puntos ao exame de problemas
    O exame de teoría consistirá en varias cuestións aplicadas con varios apartados, podendo ser algunha delas tipo test.
    O exame de problemas consistirá en dous problemas con diferentes apartados.
    É requisito indispensable para aprobar a materia obter unha nota igual ou superior a 1,8 puntos no exame de teoría e unha nota igual ou superior a 0,45 puntos no exame de problemas.

    A avaliación continua constará dunha serie de probas que se levarán a cabo nas horas das clases interactivas. As devanditas probas constasen de preguntas curtas, algunhas das cales poderá ser de tipo test, así como algún problema relacionado coa materia recentemente explicada. A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 2 puntos. A realización das prácticas polo alumno é condición indispensable para poder ser avaliado da materia. Así mesmo será requisito indispensable superar un exame das devanditas prácticas que consistirá nunha serie de cuestións relacionadas con estas. A contribución á cualificación global será de 0.5 puntos.
    As prácticas aprobadas manteranse ao longo de dous cursos consecutivos, mantendo a nota obtida. Os alumnos repetidores que desexen realizar as prácticas de novo, deberán comunicárllelo ao profesor e terá que facer de novo o exame correspondente e aprobalo.

    Na segunda oportunidade da convocatoria do curso académico, soamente se realizará o exame final de teoría e problemas conservándose as cualificacións correspondentes á práctica e á avaliación continua obtidas. As notas máximas e os mínimos requiridos, serán os mesmos que para a primeira oportunidade
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial:

    -Clases expositivas en grupo grande: 30 horas
    -Clases interactivas en grupo reducido: 14 horas
    -Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
    -Prácticas de laboratorio: 10 horas
    -Exames e revisión: 4 horas
    -Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 horas


    Traballo persoal:

    -Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
    -Resolución de exercicios, ou outros traballos: 24 horas
    -Orientación e resolución de dúbidas: 2,5 horas
    -Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 6,5 horas
    -Realización e revisión do exame: 9 horas
    -Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Coñecementos matemáticos tales como: erros de medida.
    - Nocións de estatística, representacións gráficas e interpretación de funcións.
    -Funcións exponencial e logarítmica. Regresión lineal.
    -Coñecementos básicos de física.
    -Química-Física: Farase referencia constante aos conceptos estudados nesta materia, que servirán de punto de partida para abordar o fundamento de cada unha das técnicas.
    -Dedicación regular ao estudo da materia (períodos diarios ou cada dous días).
    -A medida que avanza o estudo é necesario ir resolvendo as cuestións e problemas formulados en cada capítulo.
    -Evitar introducirse nun novo capítulo sen entender axeitadamente os anteriores.