G2081330 - Farmacoloxía II (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacoloxía
- Áreas: Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEste curso é o ecuador do Grado en Farmacia no que os alumnos pasan dunha formación eminentemente básica e introductória a unha formación máis profesional.
A materia Farmacoloxía-I está englobada dentro da disciplina Farmacoloxía, a que, a súa vez, se subdivide en tres materias (Farmacoloxía-I, Farmacoloxía-II e Farmacoloxía-III). Farmacoloxía I e Farmacoloxía II imparten-se no primeiro e segundo semestre, respectivamente, do terceiro curso, mentres, Farmacoloxía III, no primeiro semestre do cuarto curso.
A disciplina Farmacoloxía encadra-se dentro do módulo de Medicina e Farmacoloxía e constitúe a base para o estudo da Farmacoterapia e doutras materias obrigatorias ou optativas de base principalmente farmacolóxica.
O farmacéutico é o experto no medicamento cuxa principal compoñente é o principio activo que incorpora, isto é, o fármaco.
O obxectivo da materia Farmacoloxía II é formar aos alumnos no coñecemento dos fármacos que se utilizan coa finalidade de diagnosticar, previr, curar ou paliar procesos patolóxicos que afecten aos sistemas/procesos mencionados a continuación:
Sección I: Farmacoloxía do Sistema Nervioso Central
Sección II: Farmacoloxía do Sistema Renal
Sección III: Farmacoloxía do Sistema Cardiovascular
Sección IV: Farmacoloxía dos desordes electrolíticos
Sección V: Farmacoloxía do sistema sanguíneo, hematopoético e inmunitario
Sección VI: Farmacoloxía da inflamación
Sección VII: Farmacoloxía do sistema respiratorio
ContidosA) AULAS EXPOSITIVAS
SECCIÓN I: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO CENTRAL (SNC)
O SNC é o sistema máis complexo e menos coñecido do organismo. Nesta primeira sección do programa da materia Farmacoloxía-II, aborda-se o estudo dos fármacos que actúan sobre o mesmo e que constitúen un dos grupos máis prescritos.
Ao finalizar o estudo desta sección o alumno coñecerá:
- As bases da comunicación no SNC e os albos sobre os que poden actuar os fármacos.
- Os grupos de fármacos que actúan sobre o SNC.
- A aplicación dos mesmos para o tratamento das enfermidades neurolóxicas e psiquiátricas.
- O problema da dependencia e abuso de fármacos.
Tema 1.- Introdución ao estudo da farmacoloxía do sistema nervioso central.
1. Sentido do tema
Coñecer os posíbeis albos farmacolóxicos no SNC. A importancia da regulación do acceso dos fármacos ao SNC e as técnicas farmacolóxicas dispoñíbeis para facilitar o acceso dos mesmos. Como clasificar os fármacos que actúan sobre o SNC atendendo a distintos criterios.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Organización funcional. Principais sistemas neuroquímicos centrais e albos farmacolóxicos. Acceso dos fármacos ao sistema nervioso central. Clasificación dos fármacos que actúan no sistema nervioso central.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 2.- Fármacos anestésicos xerais.
1. Sentido do tema
Saber diferenciar anestesia local, rexional e xeral, e coñecer os obxectivos da anestesia xeral. Poder clasificar os anestésicos xerais e explicar os mecanismos de acción, os efectos farmacolóxicos, etc. Coñecer os conceptos de neuroleptoanalxesia, neuroleptoanestesia e a súa relevancia en clínica, así como a medicación preanestésica.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Neuroleptoanalxesia e neuroleptoanestesia. Medicación preanestésica
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 3.- Fármacos analxésicos opioides.
1. Sentido do tema
Ser quen de diferenciar os distintos tipos de dor. Identificar os opioides endóxenos, os receptores opioides e os efectos farmacolóxicos derivados da súa activación ou bloqueo. Clasifica-los e describir o mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, etc. da morfina e doutros analxésicos opioides. Utilizar axeitadamente os conceptos de tolerancia, sensibilización e dependencia. Describir os efectos e aplicacións terapéuticas dos antagonistas opioides.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Opioides endóxenos e receptores opioides. Clasificación dos fármacos opioides. Morfina: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Outros analxésicos opioides. Tolerancia, sensibilización e dependencia. Antagonistas opioides.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 4.- Fármacos utilizados no tratamento de doenzas neurodexenerativas (I).
1. Sentido do tema
Coñecer o proceso de envellecemento e as doenzas neurodexenerativas. Morte neuronal. Os fármacos útiles no tratamento da enfermidade de Alzhéimer (EA), noutras demencias e nos accidentes cerebrovasculares (ACV).
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Morte neuronal. Enfermidade de Alzhéimer (EA): Introdución. Clasificación dos fármacos. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Outras demencias. Fármacos utilizados no tratamento de accidentes cerebro vasculares (ACV).
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 5.- Fármacos utilizados no tratamento de doenzas neurodexenerativas (II).
1. Sentido do tema
Coñecer as bases da enfermidade de Párkinson (EP), os receptores dopaminérxicos, os fármacos antiparkinsonianos e a importancia das asociacións de fármacos no tratamento da EP.
O tratamento farmacolóxico doutras doenzas con base motora como a enfermidade de Huntington (EH), a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e outras. A importancia doutros fármacos relaxantes do músculo esquelético de acción central. A abordaxe farmacolóxica doutras doenzas neurodexenerativas.
2. Epígrafes do tema.
Enfermidade de Párkinson (EP): Introdución. Receptores dopaminérxicos. Clasificación dos fármacos antiparkinsonianos. Mecanismos de acción, características farmacocinéticas, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Enfermidade de Huntington (EH), Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e outras doenzas motoras. Fármacos relaxantes do músculo esquelético de acción central. Outras doenzas neurodexenerativas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 6.- Fármacos antiepilépticos e anticonvulsivantes.
1. Sentido do tema
Que o alumno coñeza os tipos de epilepsia como base racional para unha utilización axeitada dos distintos fármacos dispoñíbeis. Que saiba clasificar os fármacos antiepilépticos de acordo coa súa introdución en clínica e segundo os seus mecanismos de acción. Que poida describir os seus efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas en crises parciais, convulsións tónico-clónicas, ausencias, etc.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Tratamento farmacolóxico das convulsións non epilépticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 7.- Fármacos ansiolíticos e hipnóticos.
1. Sentido do tema
Saber diferenciar entre o efecto ansiolítico e o sedante/hipnótico. Coñecer a importancia das benzodiazepinas e poder clasifica-las de acordo coa súa estrutura, características farmacocinéticas. Coñecer o seu mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, etc. Utilizar axeitadamente os conceptos de tolerancia, sensibilización e dependencia. Avaliar a importancia clínica do antagonista benzodiazepínico e doutros fármacos ansiolíticos como a buspirona, etc. Saber avaliar as características dos distintos fármacos hipnóticos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Ansiolíticos: Benzodiazepinas. Clasificación das benzodiazepinas. Mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Tolerancia e dependencia. Antagonistas do receptor benzodiazepínico. Buspirona e outros fármacos ansiolíticos. Fármacos hipnóticos. Tratamento farmacolóxico doutros trastornos do sono.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 8.- Fármacos antipsicóticos.
1. Sentido do tema
Coñecer o concepto de psicose e o descubrimento dos fármacos antipsicóticos. Saber clasificar os antipsicóticos conforme distintos criterios. Describir o mecanismo de acción destes fármacos e a súa relación cos efectos farmacolóxicos e o interese terapéutico. Antipsicóticos típicos e atípicos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 9.- Fármacos antidepresivos e antimaníacos.
1. Sentido do tema
Coñecer o concepto de depresión (monopolar e bipolar) e o descubrimento dos fármacos antidepresivos. Saber clasifica-los e poder describir o
Contidoss mecanismos de acción, os efectos farmacolóxicos, etc. Coñecer as aplicacións terapéuticas dos antidepresivos non só no tratamento da depresión senón tamén noutros trastornos (ansiedade, dor, etc.). Coñecer os fármacos antimaníacos / estabilizadores do estado de ánimo e a súa aplicación terapéutica no tratamento do trastorno bipolar.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Antidepresivos: Clasificación, mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Antimaníacos: Farmacoloxía do trastorno maníaco-depresivo.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 10.- Outros fármacos activos no sistema nervioso central.
1. Sentido do tema
Identificar e diferenciar os distintos tipos de estimulantes do SNC. Coñecer as características farmacolóxicas dos principais psicoestimulantes e dos estimulantes bulbares e medulares. Describir os fármacos alucinóxenos e os seus efectos. Coñecer outros fármacos cerebroactivos (nootropos, neuroprotectores, etc.).
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Estimulantes do sistema nervioso central: psicoestimulantes, estimulantes bulbares e medulares. Alucinóxenos. Outros fármacos cerebroactivos.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 11.- Farmacodependencias.
1. Sentido do tema
Coñecer as propiedades reforzadoras dos fármacos. Tolerancia, sensibilización, dependencia psíquica e física, síndrome de abstinencia. Os fármacos susceptíbeis de abuso e as sustancias de consumo “legal” capaces de producir dependencia (etanol e nicotina). O tratamento farmacolóxico das dependencias.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Tolerancia, sensibilización e dependencia. Síndrome de abstinencia. Depresores, estimulantes e alucinóxenos. Etanol. Nicotina. Tratamento das farmacodependencias.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN II: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA RENAL
Tema 12.- Diuréticos (I).
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral a modulación da actividade renal mediante intervención farmacolóxica. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos diuréticos da asa.
2. Epígrafes do tema.
Función renal: consideracións xerais. Clasificación dos diuréticos. Diuréticos da asa: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 13.- Diuréticos (II). Antidiuréticos.
1. Sentido do tema
Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos diuréticos e antidiuréticos comprendidos neste tema.
2. Epígrafes do tema.
Diuréticos tiazídicos, aforradores de K+, inhibidores da anhidrasa carbónica e osmóticos: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas. Antidiuréticos: vasopresina e análogos. Outros antidiuréticos.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1,5 h
SECCIÓN III: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA CARDIOVASCULAR
Tema 14.- Fármacos antihipertensivos (I).
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral as posibilidades de modulación farmacolóxica da presión arterial. Estudar as aplicacións dos diuréticos na hipertensión arterial. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos fármacos inhibidores do sistema renina-anxiotensina-aldosterona.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación dos fármacos antihipertensivos. Diuréticos antihipertensivos. Inhibidores do sistema renina-anxiotensina-aldosterona: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1,5 h
Tema 15.- Fármacos antihipertensivos (II).
1. Sentido do tema
Estudar o uso de fármacos que bloquean a transmisión adrenérxica na hipertensión arterial (HTA). Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos antagonistas do calcio, activadores de canles de potasio e outros vasodilatadores directos.
2. Epígrafes do tema.
Bloqueantes da transmisión adrenérxica na HTA: alfa e beta-bloqueantes, simpaticolíticos de acción central, outros bloqueantes adrenérxicos utilizados en HTA. Fármacos vasodilatadores directos: antagonistas do calcio, activadores de canles de potasio, outros vasodilatadores directos: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 2 h
Tema 16.- Farmacoloxía da insuficiencia cardíaca (IC).
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral as posibilidades terapéuticas no tratamento da IC. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos fármacos inotrópicos positivos. Estudar os beneficios terapéuticos derivados da utilización de fármacos que facilitan a función ventricular na IC.
2. Epígrafes do tema.
Posibilidades terapéuticas na IC. Fármacos inotrópicos positivos. Heterósidos cardiotónicos: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas. Fármacos simpaticomiméticos. Inhibidores da fosfodiesterasa III. Fármacos que potencian a sensibilidade ao calcio das proteínas contráctiles. Outros fármacos que facilitan a función ventricular na IC. Bloqueantes beta-adrenérxicos na IC.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1,5 h
Tema 17.- Fármacos antianxinosos.
1. Sentido do tema
Abordar de xeito xeral a intervención terapéutica con fármacos antianxinosos fronte á anxina de peito e o infarto de miocardio. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos fármacos nitrovasodilatadores. Estudar o emprego como antianxinosos doutros fármacos xa estudados en temas previos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Nitrovasodilatadores: mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, desenvolvemento de tolerancia, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas. Bloqueantes beta-adrenérxicos, antagonistas do calcio e activadores de canles de potasio como antianxinosos. Outros antianxinosos.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 18.- Fármacos antiarrítmicos.
1. Sentido do tema
Coñecer os principais mecanismos de arritmoxénese e as intervencións farmacolóxicas fronte aos tipos de arritmias máis comúns. Coñecer as principais características e usos terapéuticos dos diferentes grupos de fármacos antiarrítmicos.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Clasificación. Antiarrítmicos de clases I, II III, e IV: mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, características farmacocinéticas, reaccións adversas, interaccións, aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 19.- Outros fármacos vasoactivos.
1. Sentido do tema
Coñecer as posibilidades de intervención farmacolóxica fronte aos accidentes cerebrovasculares, a demencia vascular e diversas vasculopatías periféricas (claudicación intermitente, isquemia crítica das extremidades, enfermidade de Raynaud, varices). Coñecer o uso de fármacos vasoconstrictores en casos de hipotensión arterial.
2. Epígrafes do tema.
Consideracións xerais. Vasodilatadores cerebrais. Outros vasodilatadores rexion
Contidosais. Vasoprotectores antivaricosos. Vasoconstrictores. Tratamento da hipotensión arterial.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN IV: FARMACOLOXÍA DOS DESORDES ELECTROLÍTICOS
Tema 20.- Farmacoloxía dos líquidos e electrólitos.
1. Sentido do tema
Coñecer a farmacoloxía dos desequilibrios electrolíticos. Comprender a importancia terapéutica da regulación do volume e a composición dos líquidos corporais
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Equilibrio iónico. Farmacoloxía hidrosalina. Deshidratación. Solucións hidrosalinas.
3. Bibliografía
A referenciada previamente como básica
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN V: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA SANGUÍNEO, HEMATOPOÉTICO E INMUNITARIO
Tema 21.- Farmacoloxía plaquetaria.
1. Sentido do tema
Clasificar os antiagregantes plaquetarios conforme o seu mecanismo de acción. Describir os fármacos antiagregantes e relacionar o mecanismo de acción dos distintos grupos con os seus efectos farmacolóxicos e coas súas reaccións adversas.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Antiagregantes plaquetarios. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 22.- Anticoagulantes.
1. Sentido do tema
Coagulación sanguínea e lugares de interferencia farmacolóxica. Clasificar os fármacos anticoagulantes de acordo coa súa vía de administración. Describir os fármacos anticoagulantes e relacionar o mecanismo de acción cos seus efectos farmacolóxicos e coas súas reaccións adversas. Avaliar o risco de interaccións.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Interaccións.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 23.- Fibrinolíticos.
1. Sentido do tema
Clasificar os fármacos fibrinolíticos. Describir os fármacos e relacionar o mecanismo de acción cos seus efectos farmacolóxicos e coas súas reaccións adversas. Analizar as principais estratexias utilizadas na farmacoloxía do infarto de miocardio e as pautas farmacolóxicas a seguir no post-infarto.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Farmacoloxía do infarto de miocardio.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 24.- Hemostáticos.
1. Sentido do tema
Concepto de hemostático. Clasificar os fármacos hemostáticos: sistémicos e locais. Describir os fármacos de cada grupo indicando os seus mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación: Hemostáticos sistémicos e hemostáticos locais. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 25.- Farmacoloxía eritrocitaria.
1. Sentido do tema
Eritrocitos e metabolismo do ferro. Mecanismo de acción e efectos farmacolóxicos de eritropoietina, suplementos de ferro, cobalaminas, o ácido fólico e o ácido folínico así como as súas aplicacións terapéuticas. Tratamento das intoxicacións accidentais por ferro.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Antianémicos: eritropoietina, suplementos de ferro, cobalamina, ácido fólico e ácido folínico.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
Tema 26.- Farmacoloxía leucocitaria.
1. Sentido do tema
Glóbulos brancos. Factores estimulantes de colonias de granulocitos e de monocitos (factores de crecemento hematopoético). Clasificación de inmunosupresores conforme o seu mecanismo de acción e a súa relación cos seus efectos farmacolóxicos e as súas reaccións adversas. Inmunoestimulantes e aplicacións terapéuticas
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Factores estimulantes de colonias de granulocitos e de monocitos. Inmunomoduladores: inmunosupresores e inmunoestimulantes. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 0,5 h
SECCIÓN VI: FARMACOLOXÍA DA INFLAMACIÓN
Tema 27.- Fármacos analxésicos - antipiréticos - antiinflamatorios non esteroídicos.
1. Sentido do tema
Clasificar os antiinflamatorios non esteroideos (AINE). Correlacionar a inhibición dos distintos isoenzimas da ciclooxigenasa polos AINE co efecto antiinflamatorio, analxésico e antipirético así como con outros efectos farmacolóxicos ou tóxicos que se poidan presentar. Describir os fármacos, as características diferenciais máis importantes e as súas indicacións terapéuticas concretas. Criterios de elección de AINE.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismo de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 28.- Outros antiinflamatorios e antirreumáticos.
1. Sentido do tema
Describir os glucocorticoides, mecanismo de acción, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Outros fármacos de interese na enfermidade reumática. Pautas a seguir no tratamento escalonado das enfermidades reumáticas. Tratamento da dor e doutros procesos inflamatorios asociados a alteracións do músculo esquelético.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Antiinflamatorios esteroídicos. Antirreumáticos non antiinflamatorios. Farmacoloxía das enfermidades reumáticas. Tratamento doutros procesos inflamatorios do aparello locomotor: antiinflamatorios tópicos e rubefacientes. Encimas antiinflamatorias.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
SECCIÓN VII: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA RESPIRATORIO
Tema 29.- Fármacos que afectan ás vías respiratorias superiores. Farmacoloxía da tose e dos procesos gripais.
1. Sentido do tema
Describir os fármacos que son útiles no tratamento dos procesos patolóxicos que afectan ás vías aéreas superiores: nariz e farinxe. Describir e correlacionar o mecanismo de acción dos expectorantes e mucolíticos cos seus efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas. Descrición dos fármacos antitusíxenos. Estratexias a seguir no tratamento dos procesos gripais.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Fármacos que afectan ás vías respiratorias superiores: rinolóxicos e antiinfecciosos farínxeos. Farmacoloxía da tose: antitusíxenos de acción central e periférica. Fármacos que modifican a secreción traqueobronquial: expectorantes e mucolíticos. Farmacoloxía dos procesos gripais.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 30.- Fármacos broncodilatadores e outros fármacos antiasmáticos.
1. Sentido do tema
Vías aéreas inferiores e asma. Clasificar os fármacos antiasmáticos conforme ao seu mecanismo de acción e relaciona-lo cos seus efectos farmacolóxicos e as reaccións adversas que se poidan presentar. Tratamento farmacolóxico escalonado do asma bronquial en crianzas e adultos.
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Clasificación. Mecanismos de acción, efectos farmacolóxicos, reaccións adversas e aplicacións terapéuticas.
3. Bibliografía
A referenciada previamente como básica
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
Tema 31.- Farmacoloxía da respiración.
1. Sentido do tema
Concepto de estimulante e depresor respiratorios. E
Contidosficacia clínica dos mesmos. Oxixenoterapia. Surfactantes pulmonares no síndrome de distrés respiratorio do recen
2. Epígrafes do tema.
Introdución. Estimulantes e depresores respiratorios. Gases terapéuticos. Surfactantes pulmonares.
3. Bibliografía
A referenciada
4. Actividades a desenvolver
Aula expositiva 1 h
B) AULAS INTERACTIVAS: SEMINARIOS
• Seminario 1 SNC (1 hora): Intervención do Farmacéutico nos trastornos do sistema nervioso central (SNC)
• Seminario 2 SNC (2 horas): Neurofarmacoloxía. Temas 2-6
• Seminario 3 SNC (2 horas): Psicofarmacoloxía. Temas 7-11
• Seminario 4 Renal (1 hora): Diuréticos. Tema 12
• Seminario 5 Cardiovascular (1 hora): Antihipertensivos. Temas 14-15
• Seminario 6 Cardiovascular (2 horas): Insuficiencia cardíaca, fármacos antianxinosos e antiarrítmicos. Temas 16-18
• Seminario 7 (1 hora): Sistema sanguíneo. Temas 21-26
• Seminario 8 (1 hora): Inflamación. Temas 27-28
• Seminario 9 (1 hora): Sistema respiratorio. Temas 29-31
C) AULAS INTERACTIVAS CON ORDENADOR / PRÁCTICAS
As datas de realización das mesmas son programadas pola Facultade e desenvolveranse conforme coa seguinte secuencia:
- Aula Interactiva / Práctica 1.- Fontes de Información Farmacolóxica de Medicamentos (I). Utilización de internet como fonte de información.
Obxectivo: Introducir aos alumnos na utilización de Internet para a obtención de información veraz sobre os medicamentos e outros temas relacionados co coidado da saúde.
Programa: Consulta de varias direccións de Internet con información contrastada para a promoción do uso racional dos medicamentos.
Duración: 3 horas
- Aula Interactiva / Práctica 2.- Fontes de Información Farmacolóxica de Medicamentos (II). Utilización do programa BOT Plus do “Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos (CGCOF)”.
Obxectivo: Dar a coñecer aos alumnos esta base de datos, elaborada polo CGCOF, e utilizada diariamente polos profesionais farmacéuticos que exercen en farmacia comunitaria, atención primaria ou hospitalaria.
Programa: Descrición do programa BOT Plus. Busca de medicamentos activos sobre o SNC. Interaccións.
Duración: 3 horas
- Aula Interactiva / Práctica 3.- Simulación de Farmacoloxía Cardiovascular. Programa CARDIOLAB.
Obxectivo: Permitirlle ao alumno traballar nun entorno virtual no que simule e visualice os efectos cardiovasculares dos distintos fármacos vistos na sección III do programa da materia, a farmacoloxía do sistema cardiovascular.
Programa: Administración de distintos fármacos, tanto agonistas como antagonistas, adrenérxicos, colinérxicos, histaminérxicos, etc. en animais normais, pretratados previamente con reserpina ou demedulados.
Duración: 3 horas
Bibliografía básica e complementariaBibliografía recomendada
a) Básica
• Rang y Dale Farmacología. Eds. H. P. Rang, M. M. Dale, J. M. Ritter, R. J. Flower, G. Henderson. Editorial Elsevier Churchill Livingstone, 7ª Edición, 2012.
• Farmacología Humana. Eds. J. Flórez, J. A. Armijo, A. Mediavilla. Editorial Elsevier Masson, 5ª Edición, 2008.
• Goodman y Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. Eds. L. Brunton, B. Chabner, B. Knollman. Editorial McGraw-Hill, 12ª Edición, 2011.
• Guións de Clases Prácticas de Farmacoloxía-II. Os profesores da materia curso 2012-2013.
b) Complementaria.
• Manual de Farmacología. Guía para el uso racional del medicamento. Eds. A. C. López, L. Moreno, V. Villagrasa. Editorial Elsevier, 2ª Edición, 2010.
• Farmacología Fundamental. Eds. A. Velasco, L. San Román, J. Serrano, R. Martínez-Sierra, I. Cadavid. Editorial McGraw-Hill Interamericana 1ª Edición, 2003.
Competencias3. Competencias a alcanzar polo estudante coa materia
3.1.- Competencias xerais
- Coñecer, identificar e avaliar as aplicacións terapéuticas, as reaccións adversas e os efectos tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica de interese sanitario humano ou veterinario.
- Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo de fontes de información farmacolóxica de medicamentos.
- Deseñar, preparar, subministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
- Prestar consello terapéutico en farmacoterapia nos establecementos nos que presten servizos.
- Promover o uso racional dos medicamentos.
- Identificar, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixiancia.
- Levar a cabo as actividades de atención farmacéutica.
- Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
- Desenvolver habilidades de comunicación e información, orais e escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
- Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
3.2.- Competencias específicas
a) Módulo de Medicina e Farmacoloxía (MF)
MF01 Utilizar de xeito seguro os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
MF04 Avaliar os efectos de sustancias con actividade farmacolóxica.
MF05 Coñecer e comprender as técnicas utilizadas no deseño e avaliación dos ensaios preclínicos e clínicos.
MF06 Levar a cabo as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
MF07 Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
MF08 Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello terapéutico en farmacoterapia.
MF12 Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
b) Módulo de Lexislación e Farmacia Social (LS)
LS03 Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de ordenador).
LS08 Coñecer as técnicas de comunicación oral e escrita adquirindo habilidades que permitan informar aos usuarios dos establecementos farmacéuticos en términos intelixíbeis e axeitados aos diversos niveis culturais e entornos sociais.
3.3.- Competencias transversais
Competencias Instrumentais (CI)
CI08 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
CI09 Resolución de problemas.
Metodoloxía da ensinanza ACTIVIDADES FORMATIVAS NA CLASE
A) Aulas expositivas en grupo grande: Leccións impartidas polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais do tema…).
B) Aulas interactivas en grupo reducido (Seminarios): Aula teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas aulas de distintos xeitos: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios, etc. Inclúense as probas de avaliación. A asistencia a estas aulas é obrigatoria. O alumno non poderá superar a materia se non asiste aos seminarios e/ou non realiza as actividades programadas.
C) Aulas interactivas con ordenador en grupo reducido (Seminarios Ordenador): Inclúense aquí as aulas nas que o alumno utiliza o ordenador na sala de aula (acceso a bases de datos, uso de programas de simulación para a explicación práctica da teoría, etc.). O alumno participa activamente nestas aulas de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na sala de aula, etc. Inclúense as probas de avaliación. A asistencia a estas aulas é obrigatoria. O alumno non poderá superar a materia se non asiste ás aulas interactivas con ordenador, non realiza as actividades programadas e non supera a proba de avaliación correspondente.
D) Aulas prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as aulas que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas aulas de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e os resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e os cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados. O alumno non poderá superar a materia se non asiste ás aulas prácticas de laboratorio, non realiza as actividades programadas e non supera a proba de avaliación correspondente.
E) Titorías en grupos moi reducidos programadas polo profesor: Suporán para cada alumno unhas 2 horas por semestre. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
Sistema de evaluaciónA avaliación realizarase de acordo coa seguinte información:
a) Exame escrito (70% da nota da materia)
Os coñecementos avaliaranse mediante a realización de dous tipos de exame escrito: Un exame tipo test e un exame de preguntas de desenvolvemento.
a.1) Exame tipo test. Consta de 30 preguntas, con 5 respostas cada unha, e das que só unha é correcta. Puntuanse con +0,2 puntos as respostas correctas, -0,1 puntos as respostas incorrectas e 0 puntos as respostas en branco.
A nota máxima que se pode obter neste exame tipo test é de 6 puntos.
a.2) Exame de preguntas de desenvolvemento que consta de 6 preguntas.
A nota máxima que se pode obter no exame de preguntas de desenvolvemento é de 6 puntos.
A nota final resultante dos dous exames escritos é o promedio da nota do test e a nota das preguntas de desenvolvemento.
Nota final exames escritos = (Nota test + Nota preguntas desenvolvemento) / 2
Para superar/aprobar a materia é preciso obter unha nota mínima de 3 puntos no apartado a).
A nota máxima que se pode obter neste apartado a) é de 6 puntos, que se equivalen a 7 puntos na nota final da materia.
b) Avaliación dos seminarios (15% da nota da materia)
A asistencia aos seminarios é obrigatoria. Non se pode superar/aprobar a materia se non se asiste aos seminarios e non se realizan as actividades programadas polo profesor.
A máxima puntuación que se pode acadar neste apartado b) é de 10 puntos que se equivalen a 1,5 puntos na nota final da materia.
c) Avaliación das aulas interactivas con ordenador/Prácticas de laboratorio (15% da nota da materia)
A asistencia ás aulas interactivas con ordenador / prácticas é obrigatoria. O alumno/a non poderá superar/aprobar a materia se non realiza todas as actividades programadas e non aproba o exame das mesmas.
O exame constará de 3 preguntas que se corresponderán con cada unha das aulas interactivas / prácticas realizadas. O alumno poderá utilizar os guións, apuntes, cuestionarios resoltos, ordenador, etc.
Cada pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos polo que a máxima puntuación que se pode obter no exame é de 9 puntos. O exame apróbase obtendo unha puntuación de 4,5 puntos. O profesor poderá engadir até 1 punto máis á avaliación do alumno en función da actitude e do traballo desenvolvido polo mesmo.
O alumno realizará o primeiro exame cando finalicen as aulas interactivas con ordenador / prácticas o grupo no que está incluído. Aqueles alumnos que non o superen neste momento poderán repetir o exame nas datas establecidas no calendario da Facultade para a realización dos exames finais da materia.
A aqueles alumnos que realizaran e aprobaran o exame, mais non teñan superado/aprobado a materia, se lles conservará a nota obtida.
Os alumnos repetidores que estean na situación mencionada no apartado anterior non terán que repetir as aulas interactivas con ordenador / prácticas, mas se desexaran realizalas de novo, terán que contactar co profesor coordinador da materia. A repetición das aulas interactivas con ordenador / prácticas supón a obriga de repetir e aprobar o exame das mesmas.
Os alumnos repetidores que non realizaran as prácticas ou que non as superaran, deberán de contactar co profesor coordinador da materia.
A máxima puntuación que se pode acadar neste apartado c) é de 10 puntos, que se equivalen a 1,5 puntos na nota final da materia.
d) Cálculo da nota final
A nota final da materia calcularase conforme á seguinte expresión:
((Nota final exames escritos x 7) / 6) + Puntos seminarios x 0,15 + Puntos aulas interactivas con ordenador x 0,15
A materia apróbase obtendo unha nota final igual ou superior a 5, sempre e cando o alumno cumprira todos os requisitos mencionados nos apartados anteriores. Se non se cumpren, o alumno terá unha cualificación de suspenso.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA SALA DE AULAS (horas)
Aulas expositivas 30 h
Seminarios 12 h
Aulas interactivas con ordenador/prácticas 12 h
Titorías en grupo moi reducido 2 h
Exames e revisión 4 h
Total horas traballo presencial na sala de aulas ou no laboratorio 60 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (horas)
Estudo autónomo 60 h
Resolución de exercicios ou outros traballos 20 h
Resolución de exercicios, prácticas 4h
Orientación e resolución de dúbidas 2 h
Realización e revisión do exame 4 h
Total horas traballo persoal do alumno 90 h
TOTAL HORAS DE TRABALLO (presencial + non presencial)
60 h + 90 h = 150 h = 6 ECTS
Recomendacións para o estudo da materia- Recomendacións para o estudo da materia
É aconsellábel que os alumnos posúan coñecementos de anatomía, citoloxía e histoloxía, fisioloxía, fisiopatoloxía, química (inorgánica, orgánica e farmacéutica), bioquímica, e da materia previa de Farmacoloxía-I.
É desexábel que tamén posúan coñecementos transversais informacionais e informáticos.
Os alumnos contarán coa versión on-line da materia onde disporán do material empregado nas aulas presenciais e material complementario como esquemas, animacións, vídeos, programas de simulación, enlaces a páxinas de interese, etc.
Na versión on-line tamén poderán acceder a cuestionarios de autoavaliación, realizar consultas ao profesorado, etc.
- Recomendacións de cara á avaliación
O alumno deberá asistir ás aulas teóricas, seminarios e aulas interactivas con ordenador / prácticas para un axeitado aprendizaxe da materia, o que facilitará unha avaliación positiva.
É moi importante que o alumno posúa unha boa base de materias previas de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, etc. polo que é preciso que repase os conceptos vistos nas mesmas antes de abordar o estudo dos fármacos que actúan sobre os sistemas do organismo que se tratan nesta materia de Farmacoloxía II. Tamén deberá repasar e coñecer os conceptos vistos na materia Farmacoloxía I, impartida no semestre anterior do actual curso académico.
É desexábel o estudo diario da materia e a asistencia ás titorías para resolver as dúbidas que xurdan.
- Recomendacións de cara á recuperación
Os alumnos que non superaran/aprobaran a materia deberán contactar cos profesores coa finalidade de avaliar conxuntamente cal foi o problema subxacente: método de estudo, falla de coñecementos básicos, dificultade para a realización das actividades propostas, dificultades na realización das probas de avaliación, etc.
ObservaciónsO programa da materia será impartido polo seguinte profesorado:
- Prof. José Ángel Fontenla Gil: Coordinador da materia.
Profesor Titular de Farmacoloxía, Facultade de Farmacia.
Aulas expositivas, seminarios, laboratorio e titorías. Todos os grupos.
- Prof. Manuel Campos Toimil.
Profesor Titular de Farmacoloxía, Facultade de Farmacia.
Aulas expositivas, seminarios e titorías. Todos os grupos.
- Prof. Mª de los Reyes Laguna Francia.
Profesora Titular de Farmacoloxía, Facultade de Farmacia
Laboratorio. Todos os grupos.
- Prof. Manuel Lamela González.
Profesor Titular de Farmacoloxía, Facultade de Farmacia.
Aulas expositivas, seminarios, laboratorio e titorías. Todos os grupos.
- Prof. Rosa Mª Villar Cordovés.
Profesora Titular de Farmacoloxía, Facultade de Farmacia.
Laboratorio. Todos os grupos.