G2081422 - Análise Biolóxica e Diagnósticos Bioquímicos (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 19.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxetivos desta asignatura están encamiñados a que o futuro farmacéutico sexa quen de interpreta-lo estado de saude dun doente a partires das probas du laboratorio clínico con algunha das seguintes finalidades:
a) Ofrecerlle ó doente información para unha mellor comprensión do problema de saude.
b) Orientalo de cara a unha pronta recuperación.
c) Recomendarlle a visita o seu médico/especialista cando sexa oportuno.
Polo elo, os diferentes temas céntranse no valor, nas limitacións e na interpretación dos datos que xeneran as probas bioquímicas naquelas enfermidades máis comúns e nas que o laboratorio de bioquímica é unha ferramenta útil para a detección, diagnóstico ou seguemento.
ContidosClases Expositivas:
Na medida do posible os distintos temas seguen unha estructura semellante, con descripción do espécimen máis axeitado para o análise, condición a cumplir polo pacente, descripción de parámetros e metodoloxías e unha estratexia para obter información clíniamente útil.
Grupo Temático I: Principios Xerais do Funcionamento do Laboratorio de Bioquímica Clínica
Tema 1. A Solicitude. Especímenes de Sangue e Orina.
Tema 2. Fontes de Variación e Informes do Laboratorio.
Tema 3. Análises xunto ó Doente.
Grupo Temático II: Avaliación de funciónal de Órganos ou Sistemas
Tema 4. Exploración do Equilibrio Hidroelectrolítico.
Tema 5. Gases sanguíneos: Exploración do Equilibrio Acido-Base
Tema 6. Avaliación da Función Renal.
Tema 7. Exploración Bioquímica da Enfermiade Osea. Metabolismo Mineral
Tema 8. Diagnóstico e Seguimento da Diabetes Mellitus.
Tema 9. Utilidade Clínica das Proteínas Plasmáticas.
Tema 10. Investigación das Dislipemias.
Tema 11. Exploración da Enfermidade Cardíaca.
Tema 12. Avaliación da Función e Integridade Hepática.
Tema 13. Exploración da Enfermedad pancreática e intestinal
Tema 14. Programa de Detección Precoz de Enfermidades Endocrinometabólicas.
Programa de Clases Interactivas
CI-1: Materiais na Toma de Mostra. Caso Clínico: Analítica tras Ciruxía por Cancro de Ovario
CI-2: Caso Clínico: A) Avaliación do Estado Acido-Base. B) Avaliación do estado de Osixenación.
CI-3: Caso Clínico: Enfermidade Hepática e Renal.
CI-4: Perfiles Proteicos Normales e Alterados. Perfiles de Isoenzimas
Programa de Clases Prácticas:
Práctica 1. HbA1c. Seguimento do doente Diabético
Práctica 2. Lipidograma. Asignación fenotipica dunha Dislipemia
Práctica 3. Realización e Interpretación do Urianálise.
Práctica 4. FAL: Enfermidade Hepática ou Ósea?.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. Elsevier. Barcelona-2010.
Texto con alto grao de coincidencia no enfoque que se lle da a materia, axeitado para como libro de texto para o seguimento da maioría dos temas da asignatura.
b) Laboratorio Clínico y Pruebas Diagnósticas. Jorge Suardíaz; Celso Cruz; Ariel Colina. Editorial Ciencias Médicas, La Habana-2004
Texto extenso que cubre diferentes aspectos da materia e desenvolve contidos laboratoriais e de semioloxía diagnóstica.
c) Lab Test online. (http://WWW.labtestonline.es)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica. SEQC. Ultima actualiación 13.02.2013, que é a traducción española da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry. Recolle información actualizada sobre as condicións fisiolóxicas e patolóxica, e guías clínica e probas diagnósticas do laboratorio clínico en xeral.
Complementaria .
a) Bioquímica Clínica. Gaw y col. Harcourt (2ª Edición). 2001.
b) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. Elsevier-Mosby; Madrid-2007.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 22nd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2011.
d) Bioquímica Clínica y Patología Molecular. (2ª Ed). Fuentes Arderiu; Castiñeiras Lacambra y Geraltó Compañó. Reverté S. A. 1998.
e) Principios de Urgencias, Emergencias y Cuidados Intensivos. Fernando Barranco Julian Gil y otros. Edición SAMIUC (Sociedad Andaluza de Medicina Intensiva, Urgencias y Coronarias.
CompetenciasA asignatura ten un enfoque clinico-asistencial, na que predomina a información contida nos datos do laboratorio sobre a producción dos datos analíticos, de cara a lograr facer unha interpretación fisiopatolóxica dos estados de saude.
Con esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008, e que a continuación se destacan.
Competencias xerais.
• Desenvolver as análises clínicas e emitir os correspondentes dictámenes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares
e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
• Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a sua competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises
bioquímicas.
• Coñecer as técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio.
• Intervir nas actividades de promoción da saude e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario;
dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico.
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita con pacentes e usuarios dun centro profesional no que exerza.
Competencias transversales.
Entre as posibles competencias transversales a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información.
• Resolución de problemas.
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
• Habilidade para o traballo autónomo.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases Expositivas en grupo grande: duración de 55 minutos, nesta actividade presencial o profesor fai unha exposición dos contidos dos temas axudado por medios informáticos ou o pola pizarra e o alumno participa prestando atención á explicación e dando resposta escrita á cuestións plantexadas durante o dicurso en 2 a 5 minutos.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Cada unha destas clase teórico/práctica ten unha duración de duas horas. Nelas trátase de que o alumno entre en contacto cos escenarios da profesión de analísta: unhas veces facilítase interación con diferentes materiais do laboratorio, noutros exemplarízase o manexo da información clínica dos informes dos laboratorio a través de casos clínicos dirixidos. Os alumnos participantes na actividade poderá dar resposta a cuestións relativas ó escenario que lle presentou e que serán puntuadas.
C) Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: Conceptualmente similares as anteriores pero coa diferencia que o alumno executa procedementos operacionais (cálculos, consultas de páxinas web de Asociacións Profesionais, casas comerciais, etc), nun equipo informático e asesorado nas distintas tareas polo profesor, excepto para respostar ó cuestionario final.
D) Clases prácticas de laboratorio: Son clases que se realizan nos laboratorios de prácticas que o Departamento de Bioquímica ten na Facultade de Farmacia. Con elas o alumno adquire as habilidades do laboratorio, se lle acerca ás tarefas e actividade dun analista nun laboratorio de análises clínico e aprende a elabora-lo correspondente informe analítico coa aplicación da teoría que se revisa en cada práctica.
Disponse dun guión de prácticas que recolle os protocolos de traballo que se complenta durante a explicación das etapas da práctica.
A convocatoria dos turnos de prácticas está organizada pola Facultade. A asistencia é obligatoria na semana na que son convocados. Tódolos alumnos deben realizar, e superar cun APTO, o examen de destrezas no laboratorio e a elaboración dun informe.
E) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor. Esta actividade está pensada como unha entrevista personalizada para informar ó alumno do seu progreso formativo sobre a base das respostas dadas ós cuestionarios presentados, aclarar dudas que poidera ter e asesoralo de cara a supera-la materia.
Sistema de evaluaciónA calificación da asignatura obtense sumando a puntuación acadada na avaliación continua, do examen das clases prácticas e do examen final teórico da asignatura.
a) Avaliación contínua: baséase na solución de casos clínicos, escenarios virtuais e cuestionarios que se presentan durante o desenvolvemento das clases expositivas e as interactivas, así como as do Campus virtual. A puntuación máxima deste apartado é de 30 puntos.
b) Examen de prácticas: A proba calificatoria realízase ó último día de cada turno, de maneira individual e consiste na reproducción das etapas das prácticas que ó chou se lle asigne. Poderá utilizar os protocolos de traballo dos que se acompañe. O examen ten unha duración máxima de 15 min e nel puntúase a actitude, desenvoltura na execución, realización procidemental, interpretación dos datos acertada, orden e limpeza. A calificación favorable otorgará un APTO cunha puntuación de 0 a 10 puntos, e ten unha validez de 5 anos dende a sua obtención.
No caso dunha calificación desfavorable, "NON Apto", é recuperable coa correspondente proba calificatoria de identicas características a realizar na seguínte convocatoria á que decida presentarse.
c) Examen teórico: En cada convocatoria haberá un examen relativo ós contidos teóricos presentados en diferentes formatos (clases expositivas, interativas e prácticas). Este examen consta de 50 preguntas tipo test con 5 posibles respostas sólo unha correcta. Para o cómputo da nota faise unha recalificación:
i) Verifícase para cada un dos temas da avaliación que se acada unha puntuación mínima do 25% dos puntos posibles,
ii) As 10 preguntas con maior grado de dificultade (cun porcentaxe de acerto inferior ó 40%) se lles asigna un valor doble
de puntos,
iii) Non se contempla preguntas que teñan un valor negativo.
A puntuación máxima do examen é de 60 puntos. A puntuación deste examen sólo é aplicable á convocatoria na que se realiza a proba.
A calificación de aprobado obtense por riba dos 50 puntos e ademais se acade un APTO nas prácticas, se supere a puntuación mínima por temas e o examen teórico supoña mais de 30 puntos.
Nas sucesivas convocatorias que poidera necesitar, terá que realizar o examen final de teoría, o examen de prácticas só si pasaron mais de 5 anos dende que se obtivo un APTO. Da avaliación contínua consérvaselle a mellor das puntuacións acadadas nos últimos 2 anos.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA, HORAS
Clases expositivas en grupo grande, 30
Clases interactivas en grupo reducido, 6
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido, 2
Tutorías en grupo muy reducido, 3
Prácticas de laboratorio, 16
Exámenes e revisión, 3
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio, 60
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO, HORAS
Estudio autónomo individual o en grupo, 66
Resolución de ejercicios, u otros traballos, 5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador, 10
Orientación e resolución de dudas, 4
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas, 2
Realización e revisión do examen, 3
Total horas traballo personal do alumno, 90
Recomendacións para o estudo da materiaPara o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Fisioloxía Humana I e II e Fisiopatoloxía.
Tamén se suxire asistir e atender ó conxunto das clases programadas e, na medida do posible, ir revisando a materia cada día, ou no seu defecto cunha periodicidade semanal, para poder identifica-los puntos que lle sexan máis difíciles de comprender.
O estudo regular da materia vai permitir, ademáis, un mellor seguimento das clases e aportalle recursos teóricos para facerlle frente ás cuestións dos diferentes escenarios e casos clínicos que se irán plantexando nas as clases ou á través do Campus virtual.
A conséllase tamén a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura na que poderá plantexar dudas ó profesor ou ós seus propios compañeiros.
ObservaciónsAprender a interpretar a información contida nas análises clínicas é como aprender un novo idioma no que o vocabulario son as diferentes probas do laboratorio que poden ter diferentes significados, pero que combinándoas dacordo a unha estratexias de uso transmiten unha información útil coa que recoñecer un problema de saude ou orientar hacia a sua identificación.
Para ter éxito coa asignatura requírese entender “o porqué” dunha proba e o “o para qué” xa que así resultará máis doado recordar ónde usala é qué información nos ofrece.
No caso de non conseguir supera-la asignatura, recoméndase acudir á revisión de exámenes. Vai servir para conoce-las partes da avaliación responsables da falta do éxito. A partir das puntuación por temas no examen de teoría poderá coñecer os temás nos que se necesitan un maior estudio e esforzo así como os que xa se dominan.