Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081423 - Toxicoloxía (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
  • Áreas: Toxicoloxía
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA.NON
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES.SI
FERNANDEZ GOMEZ, PURIFICACION.NON
LENDOIRO BELIO, ELENA.NON
López-Rivadulla Lamas, Manuel María.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01(A)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02(B)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (A1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (A2)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (B1)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (B2)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os conceptos básicos en toxicoloxía e os principais factores que inflúen sobre a toxicidade.
    Coñecer os principios básicos da toxicocinética, e os principais mecanismos de toxicidade das sustancias químicas.
    Familiarizarse coas distintas técnicas empregadas na avaliación da toxicidade dunha nova sustancia química.
    Adquirir unhas nocións básicas sobre a forma de realizar o diagnóstico e o tratamento dunha intoxicación aguda.
    Coñecer as principais técnicas analíticas de utilidade en Toxicoloxía, e as súas aplicacións
    Coñecer os principais riscos tóxicos dos fármacos e drogas de abuso de maior interese toxicolóxico.

    Contidos
    Bloque I. Principios básicos
    Lección 1.- Toxicoloxía. Concepto de toxicidade.
    Lección 2.- Acción tóxica.
    Lección 3.- Mecanismos de toxicidade.
    Lección 4.- Procedementos de avaliación toxicolóxica.

    Bloque II. Diagnóstico e tratamento en toxicoloxía
    Lección 5.- As intoxicacións. Diagnóstico e tratamento xeral.
    Lección 6.- Introdución á análise toxicolóxica.
    Lección 7.- Tratamento da mostra.
    Lección 8.- Técnicas analíticas aplicadas á toxicoloxía.

    Bloque III.Toxicoloxía de sistemas
    Lección 9.- Efectos tóxicos sobre o Fígado
    Lección 10.- Efectos tóxicos sobre o Ril.
    Lección 11.- Efectos tóxicos sobre o Sistema Nervioso.
    Lección 12.- Efectos tóxicos sobre o Aparello Cardiovascular.
    Lección 13.- Efectos tóxicos sobre o Aparello Respiratorio.
    Lección14.- Efectos tóxicos sobre o Sangue.

    Bloque IV. Intoxicacións por fármacos e outras sustancias de interese sanitario
    Lección 15.- Drogas de abuso
    Lección 16.- Analxésicos e antipiréticos
    Lección 17.- Psicofármacos.
    Lección 18.- Glucósidos cardiotónicos.
    Lección 19.- Heparina e anticoagulantes orais.
    Lección 20.- Outros tóxicos de interese.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografia Básica
    Klaasen C.D. y Watkins III J.B. “Fundamentos de Toxicología”. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2005.
    Repetto M, Repetto G.“Toxicología Fundamental”. 4ªEd. Madrid: Díaz de Santos, 2009.
    Delgado Bueno S, Bandres Moya,F. Medina Crespo M, Torrecilla Jimenez JM. Tratado de Medicina Legal y Ciencias Forenses. Tomo II: Toxicología forense. Daño corporal o psico-físico. Daño cerebral adquirido. Barcelona: Bosch; 2012

    Bibliografia Complementaria
    Gisbert Calabuig JA. Medicina Legal y Toxicología. Barcelona: Masson;2004.
    Ellenhorn MJ, Barceloux DG. Medical Toxicology, 2ª ed. Baltimore: Willians & Willians;1997.
    Hayes AW. Principles and Methods of Toxicology, 2ª ed, New York: Raven Press;1989.
    Bello Gutierrez J. y López de Ceraín Salsamendi A. Fundamentos de Ciencia Toxicológica. Madrid: Diaz de Santos; 2001.
    Levine B. Principles of Forensic Toxicology. Maryland: American Association for Clinical Chemistry; 1999.
    Niesink R.J.M., De Vries J. y Hollinger M.A. Toxicology: Principles and Applications. New York: CRC Press;1996.
    Dart R.C. Medical Toxicology. Philadelphia: Lippincott Williams&Wilkins; 2004.
    Karch S.B. Karch’s Pathology of Drug Abuse. London: CRC Press; 2002.

    Competencias
    Competencias xerais

    Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
    Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica.
    Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
    Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
    Recoñecer as propias limitaciós e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.

    Competencias específicas

    Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
    Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
    Coñecer a natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
    Coñecer as técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambiente.
    Estimar os riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
    Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos

    Competencias transversais

    Comunicación oral e escrita na propia lingua.
    Traballo en equipo.
    Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande: lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, directrices xerais da materia..). Ao longo dun cuadrimestre impartiránse 30 horas de clases expositivas, nas que se abordarán os aspectos máis importantes e complexos do temario, deixando para o traballo persoal do alumno aqueloutros que poida acometer por se mesmo, baseándose nos fundamentos expostos polo profesor.

    B) Clases interactivas en grupo reducido: o alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: facendo unha pequena presentación, respondendo a preguntas do profesor ou doutros alumnos, expondo cuestións relacionadas co tema, etc... O profesor e os alumnos poden contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos se fosen necesarios. Poderanse realizar probas de avaliación nalgunha ou todas as sesións. A asistencia a estas clases é obrigatoria para a avaliación continua.

    C) Clases Prácticas:
    Prácticas de laboratorio: inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados en forma de memoria, que será avaliada.
    Tamén se inclúe unha práctica interactiva con computador, de procura de información bibliográfica en bases de datos, de temas relacionados coa Toxicoloxía.
    A asistencia a estas clases é obrigatoria, de modo que o alumno non será avaliado se non realiza as prácticas.

    D) Titorías en grupo moi reducido: titorías programadas polo profesor. En xeral, suporán para cada alumno unhas 2 horas por cuadrimestre. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas

    Sistema de evaluación
    1. O alumno non será avaliado se non realiza as prácticas de laboratorio.
    2. A avaliación nas dúas convocatorias do curso académico consistirá de dous partes: exame teórico e avaliación das clases interactivas e prácticas.
    - O exame teórico celebrarase en cada convocatoria na data prevista no calendario oficial de exames da Facultade de Farmacia. Será un exame escrito tipo test ou mixto e suporá o 70 % da cualificación final (máximo de 7 puntos). É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% (3,2) do máximo (7) correspondente ao devandito apartado para valorar as clases interactivas.

    - A avaliación das clases interactivas e prácticas suporá o 30% (máximo de 3 puntos). Establecerase tendo en conta: participación activa do alumno nas clases, a calidade dos traballos presentados (1 ou 2 traballos, dependendo da súa complexidade, distribuídos ao longo do curso e sempre axustándose á carga ECTS), as notas correspondentes a probas escritas que se realicen e a participación e memoria de prácticas. A cualificación correspondente a este apartado só é aplicable a 3 cursos académicos consecutivos.
    Na 2ª convocatoria do curso académico só se realizará o exame de teoría, conservándose a cualificación correspondente ás clases interactivas e prácticas. A nota máxima sobre a que se cualificará esta parte do exame e o mínimo requirido será o mesmo descrito para a primeira convocatoria.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL na AULA h

    Clases expositivas en grupo grande............. 30h
    Clases interactivas en grupo reducido.......... 16h
    Clases interactivas ordenador...................... 2h
    Titorías en grupo moi reducido..................... 2h
    Prácticas de laboratorio .............................. 6h
    Exames e revisión ..................................... 4h

    Total horas traballo presencial ................... 60h

    TRABALLO PERSOAL do ALUMNO
    Estudo autónomo individual ou en grupo...... 30h
    Elaboración de traballos............................. 20h
    Orientación e resolución de dubidas.............. 2h
    Elaboración da memoria de prácticas............ 3h
    Preparación do exame ............................... 35h

    Total horas traballo persoal do alumno.......... 90h
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións xerais
    A asistencia ás clases expositivas, así como unha actitude activa na mesma. É recomendable que o alumno tome as súas propias notas dos aspectos máis relevantes da lección.
    A participación activa nas clases e expor todas as dúbidas nas clases expositivas e interactivas.
    A utilización da bibliografía recomendada.
    A utilización de materiais e documentos facilitados polos profesores

    Recomendacións de cara á avaliación
    É importante que o alumno dedique polo menos 30 minutos ao estudo da materia despois de cada clase, completando as súas notas coa axuda da bibliografía recomendada. Aínda que esta materia é de fácil comprensión, require un esforzo e dedicación continuados.
    O alumno debe expor as dúbidas que lle vaian xurdindo, tanto en clase como nas horas de titorías.
    No momento da realización do exame, é fundamental a lectura detida de cada unha das preguntas para evitar respostas equivocadas, na medida do posible.

    Recomendacións de cara á recuperación
    É fundamental que o alumno asista á revisión de exames para comprobar cales foron os seus erros e en que partes da materia debe realizar un maior esforzo de cara á recuperación.
    Tamén é importante que acuda ás titorías para resolver as dúbidas que se lle presenten no estudo e comprensión da materia.