G2081424 - Farmacoloxía III (Medicina e Farmacoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacoloxía
- Áreas: Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Proporcionar unha visión global (mecanismo de acción, aspectos farmacocinéticos, efectos farmacolóxicos, aplicacións clínicas, reaccións adversas) dos fármacos prototipo dos distintos grupos terapéuticos que se consideran na Farmacoloxía III .
- Integrar o coñecemento dos efectos dos fármacos no contexto da fisiopatoloxía das enfermidades.
- Relacionar os efectos farmacolóxicos dos fármacos prototipo coas súas aplicacións clínicas e coas súas reacciones adversas.
- Xustificar o interese terapéutico dos fármacos prototipo en base ás súas aportacións ó arsenal terapéutico.
- Facilitar pautas e protocolos os alumnos que lle permitan facer atención farmacéutica, nas súas facetas de indicación, dispensación activa e seguimento dos tratamentos (programa de prácticas).
ContidosPROGRAMA DE HORAS EXPOSITIVAS (30 horas)
O contido do curso será impartido polos dous profesores da materia de xeito intercalado.
Tema 0. Introdución.
Prof. A
Sección IA. Farmacoloxía do Sistema Endócrino
Tema 1A. Farmacoloxía da comunicación endócrina.
Tema 2A. Insulinas e fármacos hipoglicemiantes. Glicagón.
Tema 3A. Farmacoloxía das hormonas hipotalámicas e hipofisarias.
Tema 4A. Fármacos tiroideos e antitiroideos.
Tema 5A. Esteroides corticosuprarrenais.
Tema 6A. Farmacoloxía da homeostase mineral ósea.
Sección IIA. Farmacoloxía do Metabolismo e da Nutrición
Tema 7A. Farmacoloxía da nutrición.
Tema 8A. Fármacos hipolipemiantes.
Sección IIIA. Farmacoloxía do Sistema Reprodutor
Tema 9A. Farmacoloxía do sistema xenital masculino.
Tema 10A. Farmacoloxía dos estróxenos e proxestáxenos.
Tema 11A. Anticonceptivos hormonais.
Tema 12A. Farmacoloxía uterina.
Prof. B
Sección IB. Farmacoloxía das Enfermidades Infecciosas
Tema 1B. Xeneralidades da terapia antiinfecciosa.
Tema 2B. Antimicrobianos que interfiren coa síntese da parede celular bacteriana.
Tema 3B. Antibióticos que alteran a permeabilidade das membranas celulares bacterianas.
Tema 4B. Antimicrobianos que interfiren coa síntese de proteínas bacterianas.
Tema 5B. Quimioterápicos que interfiren coa síntese de ácidos nucleicos bacterianos.
Tema 6B. Antibióticos que interfiren coa síntese de ácidos nucleicos bacterianos. Farmacoloxía das infeccións micobacterianas.
Tema 7B. Fármacos antifúnxicos.
Tema 8B. Fármacos antivíricos.
Tema 9B. Fármacos antiprotozoarios, antihelmínticos e ectoparasiticidas.
Tema 10B. Antisépticos e desinfectantes.
Sección IIB. Farmacoloxía Dermatológica e Ocular
Tema 11B. Farmacoloxía ocular.
Tema 12B. Farmacoloxía dermatolóxica.
Sección IIIB. Farmacoloxía do Sistema Dixestivo e Hepatobiliar
Tema 13B. Antiácidos.
Tema 14B. Hepatoprotectores.
Sección IVB. Farmacoloxía das Enfermidades Oncolóxicas
Tema 15B. Fármacos antineoplásicos.
PROGRAMA DE SEMINARIOS (24 horas)
Seminario 1 (S1A). Diabetes mellitus.
Seminario 2 (S2A). Atención Farmacéutica.
Seminario 3 (S3B). Resolución de cuestións e casos clínicos sobre farmacoloxía antiinfecciosa.
Seminario 4 (S4A). Aspectos prácticos e usos dos esteroides corticosuprarrenais.
Seminario 5 (S5B). Infeccións do tracto urinario.
Seminario 6 (S6A). Resolución de cuestións e casos clínicos sobre farmacoloxía endócrina.
Seminario 7 (S7B). Tratamento de infeccións micobacterianas.
Seminario 8 (S8A). Casos clínicos dislipemias.
Seminario 9 (S9B). Abordaxe farmacolóxica do glaucoma.
Seminario 10 (S10A). Resolución de cuestións e casos clínicos sobre a farmacoloxía do sistema reprodutor.
Seminarios 11 e 12 (S11B e S12B). Fármacos antineoplásicos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (12 horas)
Práctica 1. Obradoiro de Atención Farmacéutica: Información Farmacéutica sobre un Caso de Gripe/Resfriado
Práctica 2. Obradoiro de Atención Farmacéutica: Dispensación Activa de Antibióticos
Práctica 3. Obradoiro de Atención Farmacéutica: Seguimento Farmacéutico sobre un Caso de Diabetes
Práctica 4. Exame de avaliación
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA
Rang & Dale. Farmacología. Eds. H. P. Rang, M. M. Dale, J. M. Ritter, R. J. Flower, G. Henderson. Editorial Elsevier Churchill Livingstone, 7a Edición, 2012.
Farmacología Humana. Eds. J. Flórez, J. A. Armijo, A. Mediavilla. Editorial Elsevier Masson, 5a Edición, 2008.
Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. Eds. L. Brunton, B. Chabner, B. Knollman. Editorial McGraw-Hill, 12a Edición, 2011.
Guía de terapéutica antimicrobiana. Eds. Mensa J. e cols. Ediciones Escofet Zamora, S.L., 2012.
Catálogo de Especialidades Farmacéuticas. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos, 2010
Centro de información online de medicamentos da AEMPS-CIMA: http://www.aemps.gob.es/cima/fichasTecnicas.do?metodo=detalleForm
COMPLEMENTARIA
Manual de Farmacología. Guía para el uso racional del medicamento. Eds. A. C. López, L. Moreno, V. Villagrasa. Editorial Elsevier, 2a Edición, 2010.
Velázquez. Farmacología básica y Clínica. Eds. Lorenzo, P., Moreno, A., Lizasoain, I., Leza, J.C., Moro, M.A., Portolés, A. Editorial Médica Panamericana, 18a Edición, 2008.
Farmacología Fundamental. Eds. A. Velasco, L. San Román, J. Serrano, R. Martínez-Sierra, I. Cadavid. Editorial McGraw-Hill Interamericana 1a Edición, 2003.
http//:www.portalfarma.com
Competencias- Utilizar de xeito seguro os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo calquera risco asociado o seu uso.
- Avaliar os efectos de sustancias con actividade farmacolóxica.
- Levar adiante as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
- Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
- Adquirir as habilidades necesarias para poder prestar consello terapéutico en farmacoterapia.
- Coñecer e comprender a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
- Coñecer as técnicas de comunicación oral e escrita, adquirindo habilidades que permitan informar aos usuarios dos establecementos farmacéuticos, en termos intelixíbeis e axeitados aos diversos niveis culturais e ámbitos sociais.
Metodoloxía da ensinanza A) Actividades Expositivas.
Leccións impartidas polo profesor nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia, seguindo o esquema de horas maxistrais, de acordo coa programación docente arriba exposta, favorecendo a participación do alumno en forma de preguntas, opinións, resolución de cuestións... O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
Realizaranse controis de asistencia que contarán na cualificación final.
B) Seminarios.
Actividades interactivas, teórico/prácticas, en grupo reducido, nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría. O alumno participa activamente nestas horas de distintos xeitos: entrega de exercicios ao profesor, resolución de casos na aula, presentación e exposición de traballos na aula, etc. O profesor conta con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán na aula.
Inclúense, tamén, probas de avaliación (controis). A asistencia aos seminarios non é obrigatoria para superar a materia, pero si para ser valorado e puntuado nestas actividades.
C) Prácticas.
Actividades interactivas, en grupo reducido, que se desenvolverán seguindo unha metodoloxía baseada na resolución de problemas e na simulación da realización de tarefas profesionais, relacionadas coa utilización clínica de medicamentos; todo isto con apoio informático. O alumno participa, activamente, nestas actividades que se plantexarán como obradoiros de traballo.
Inclúense, tamén, probas de avaliación. A asistencia a estas actividades é obrigatoria. O alumno non poderá superar a materia se non asiste ás prácticas ou non realiza e aproba o exame correspondente.
E) Titorías.
Actividade presencial e optativa. Nas titorías o profesor poderá: clarexar dúbidas sobre a teoría e/ou as prácticas; plantexar e resolver problemas e exercicios; aconsellar lecturas específicas; supervisar traballos ou outras tarefas propostas; debater ou coordinar o debate, sobre temas específicos. E todo iso, sobre asuntos/temas individuais ou realizados en pequenos grupos.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase tendo en conta os seguintes aspectos:
1º.- O NIVEL DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS e a claridade e coherencia na exposición destes coñecementos, cando sexa mester.
Este aspecto avaliarase tendo en conta a cualificación dun único exame escrito por convocatoria. Representará un 80% da cualificación final (poderán conseguirse ata 8 puntos). Para superar a materia haberá que acadar un mínimo de 3.5 puntos neste apartado.
Nas convocatorias de xaneiro e xullo, esta proba consistirá en preguntas test con 5 opcións de resposta, 1 soa válida, e tendo, cada resposta errónea, unha penalización do 50% do valor da pregunta.
Na convocatoria de decembro formularanse 6 temas para desenvolver amplamente; para facer a media non poderá haber máis dunha pregunta con 0 puntos.
2º.- A AVALIACIÓN DAS HORAS INTERACTIVAS DE SEMINARIO
Previamente á data establecida para realizar o seminario, o profesor subministrará el material bibliográfico e as indicacións necesarias para que os alumnos preparen axeitadamente o seminario e este se poida desenvolver de xeito proveitoso.
Na avaliación dos seminarios terase en conta:
a) a actitude e a participación nas actividades programadas;
b) a resolución individual razoada de cuestións, problemas e casos clínicos, a realización e exposición de traballos na aula, etc.
A posibilidade de acadar unha boa puntuación dependerá, en gran medida, de que os alumnos preparen os seminarios.
A puntuación que se obterá neste apartado, suporá o 15% da nota final da materia (poderán conseguirse ata 1.5 puntos), pero só se poderán conseguir puntos neste apartado, asistindo ao menos ao 75% dos seminarios programados.
3ª.- A AVALIACIÓN DAS HORAS INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS
É unha condición imprescindíbel para aprobar a materia, ter realizado (asistido e participado no seu desenvolvemento) e superado as prácticas. Este requisito aplícase non só á convocatoria de xaneiro, senón que se estende ás de xullo e decembro, no seu caso.
A superación das horas prácticas acreditarase mediante un exame escrito, que é necesario aprobar no curso no que se fixeron as prácticas, e que constará de varias preguntas, todas elas relacionadas coas prácticas realizadas no laboratorio. No caso de que un alumno non supere o exame, realizado no seu correspondente grupo de prácticas, disporá dunha nova oportunidade de aprobalo nunha convocatoria especial que se fará ao rematar o período de prácticas; así mesmo, poderá repetilo coincidindo cos exames finais de teoría nas datas establecidas pola facultade. De non superarse o exame en ningunha das convocatorias citadas, as prácticas deberán realizarse de novo no curso seguinte. A superación das prácticas e a nota obtida só se manterá os 2 cursos académicos seguintes. Desta maneira, un alumno que, por exemplo, superara as prácticas no curso 2013-14, disporá ata o curso 2015-16, incluído, para superar o conxunto da materia sen ter que repetir e superar de novo as prácticas.
A avaliación das sesións prácticas terá en conta a actitude e participación do alumno no seu desenvolvemento, así como os coñecementos demostrados na proba antes mencionada e ao longo das prácticas. A puntuación total obtida nas prácticas representará un 5% da cualificación final (poderán conseguirse ata 0.5 puntos)
4º. CUALIFICACIÓN FINAL
Para superar a materia, os alumnos deberán conseguir ao menos 5.0 puntos ao sumar os puntos acadados no exame de coñecementos teóricos, na avaliación dos seminarios e na avaliación das prácticas; en calquera caso, para superar a materia, os alumnos deberán acadar ao menos 3.5 puntos no exame de coñecementos teóricos e ter asistido e superado as prácticas.
Unha vez superada a materia, sumaranse 0.5 puntos aos alumnos que acrediten entre un 60-80 % de asistencias, nos controis realizados nas horas expositivas do ano en curso, e 1 punto aos alumnos que acrediten entre un 90-100% de asistencias, nos controis de asistencia antes referidos.
No caso de que un alumno non cumpra algún dos requisitos indicados anteriormente (como non asistir ou superar as horas interactivas de prácticas, ou non acadar o mínimo esixido no exame teórico) terá na materia unha cualificación final de suspenso, cunha nota numérica que será función dos puntos acumulados nos diferentes apartados avaliados, pero que, como máximo, será de 4,9 puntos sobre un total de 10.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS
30 h. de teoría + 12 h. de seminarios + 12 h. de prácticas + 2 h. de titorías + 4 h de realización e revisión de exames.
TOTAL = 60 h.
HORAS TRABALLO PERSOAL
a) Dedicadas ao estudo autónomo individual da teoría:
2 h. á semana (15 semanas) = 30 h. durante o cuadrimestre
5 días completos (7 h/día) = 35 h. dedicadas á preparación do exame final
b) Dedicadas á preparación dos seminarios e á resolución de exercicios ou outros traballos: 20 h.
c) Dedicadas á preparación e análise das prácticas: 3 h.
d) Búsqueda de orientación e resolución de dúbidas: 2 h.
TOTAL: 90 h.
Recomendacións para o estudo da materiaCo fin de obter o aproveitamento máximo do esforzo que supón o estudo dunha nova materia, os alumnos que pretendan adquirir unha axeitada formación e superar a materia de Farmacoloxía III é conveniente que teñan coñecementos básicos de anatomía [...], fisioloxía, fisiopatoloxía, bioquímica e microbioloxía. E, por suposto, recoméndase que teñan cursado (e moito mellor, aprobado) as materias previas de Farmacoloxía: Farmacoloxía I e II.
Os alumnos contarán cunha versión on-line da materia ao través da USC virtual, onde disporán do material empregado nas horas presenciais e material complementario como esquemas, animacións, vídeos, programas de simulación, enlaces a páxinas de interese, etc.
Ao través da versión on-line, tamén poderán acceder á normativa do curso, a cuestionarios de autoavaliación, a realizar consultas ao profesorado, etc.; é, por tanto, desexábel que posúan coñecementos informacionais e informáticos.
Considerando que se trata dunha materia de contido denso, é recomendábel que os alumnos manteñan ao longo do curso unha adicación continuada ao estudo dos temas que se van tratando nas aulas, seguindo o programa proposto, e que eviten facer exclusivamente un estudo intensivo nas datas previas á realización dos exames.
ObservaciónsNa primeira clase do curso, os alumnos recibirán unha información máis detallada de cada un dos aspectos recollidos na presente guía docente.