Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081427 - Biofarmacia e Farmacocinética I (Farmacia e Tecnoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
  • Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALONSO FERNANDEZ, MARIA JOSEFA.NON
OTERO ESPINAR, FRANCISCO.NON
TORRES LOPEZ, MARIA DOLORES RAMONA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (Grupo A) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Grupo B) OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01 (Grupo A1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02 (Grupo A2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03 (Grupo B1) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04 (Grupo B2) OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONSI
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Estudar os procesos básicos de absorción, distribución e eliminación (ADME) do fármaco no organismo a través da análise cinético das curvas concentración/tempo obtidas a partir de datos en plasma ou outros fluídos orgánicos.

    - Achegar ao alumno a metodoloxía necesaria para seleccionar o modelo farmacocinético máis adecuado para tratar os datos de concentración de fármaco/tempo e obter os parámetros farmacocinéticos.

    -Facer comprender ao alumno a importancia dos parámetros farmacocinéticos no establecemento de pautas posolóxicas para obter unha resposta terapéutica eficaz e segura


    Contidos
    Programa de clases expositivas:

    Bloque 1. Introdución
    Tema 1. Introdución á Biofarmacia e Farmacocinética. Evolución e concepto: definicións. Presentación do programa e bibliografía recomendada.
    Tema 2. Conceptos fundamentais en Biofarmacia e Farmacocinética. Procesos farmacocinéticos básicos. Importancia da etapa limitante. Relación concentración fármaco-resposta. Curva de niveis plasmáticos-tempo. Parámetros farmacocinéticos. Biodisponibilidade e bioequivalencia.
    Tema 3. Modelización farmacocinética. Modelos compartimentais. Modelos fisiológicos. Modelos lineais e non lineais.

    Bloque 2. Modelos compartimentais
    Modelo monocompartimental
    Tema 4 .- Administración IV Bolus. Curva de niveis plasmáticos-tempo: formulación e ecuacións do modelo. Estimación de parámetros: constante de eliminación e volume de distribución. Aclaramento. Area baixo a curva niveles plasmáticos-tempo. Fracción de fármaco remanente no organismo.
    Tema 5.- Administración IV Bolus. Curvas de excreción urinaria. Curva velocidades de excreción-tempo: Estimación da constante de eliminación. Curva acumulativa: Estimación da constante de eliminación.
    Tema 6.- Administración en perfusión continua. Curva de niveis plasmáticos-tempo: Ecuacións do modelo. Cálculo da velocidade de perfusión. Estimación da constante de eliminación a partir de datos en fase de perfusión ou en fase postperfusión. Tempo necesario para alcanzar o equilibrio. Cambio de velocidade de perfusión. Administración IV Bolus seguida de perfusión.
    Tema 7.- Administración extravasal: absorción orde uno. Curva de niveis plamáticos-tempo: Ecuacións do modelo. Estimación da constante de absorción: método dos residuais. Fenómeno Flip-flop. Estimación de Cmáx e tmáx. Cálculo do período de latencia.
    Modelo bicompartimental
    Tema 8.- Administración IV Bolus. Curva de niveis plasmáticos-tempo: Ecuacións do modelo. Estimación de parámetros: constantes de disposición  e . Grao de bicompartimentalidad. Cálculo das microconstantes K12, K21 e K10. Cálculo de volumes de distribución: volume do compartimento central, volume extrapolado, volume no equilibrio, volume de área. Vida media de distribución e vida media de eliminación. Estimación do aclaramento.
    Tema 9.- Administración en perfusión contínua. Curva de niveis plasmáticos-tempo. Administración IV Bolus seguida de perfusión continua. Administración extravasal: Absorción orde uno. Curva de niveis plasmáticos-tempo.
    Farmacocinética non compartimental
    Tema 10.- Farmacocinética non compartimental. Estimación da constante de eliminación e o volume de distribución. Método de cálculo da área baixo a curva sen axuste a modelo. Tempo medio de residencia. Cálculo da constante de absorción mediante o método de Wagner e Nelson.

    Bloque 3. Establecemento de pautas posológicas
    Tema 11.- Farmacocinética de doses múltiples. Administración IV Bolus. Fase de acumulación e de equilibrio. Curva de niveis plasmáticos tras administracións repetidas: área baixa a curva no equilibrio. Ecuacións de niveis plasmáticos tras doses repetidas e en estado de equilibrio. Grao de acumulación. Velocidade de acumulación. Grao de flutuación.
    Tema 12.- Deseño de pautas posolóxicas en dosificación múltiple. Pautas posolóxicas baseadas no mantemento de Cmáx e Cmin no equilibrio: Selección do intervalo posolóxico e da dose de mantemento Pautas posolóxicas baseadas no mantemento de Cmedia no equilibrio. Pautas recomendadas en función do índice terapéutico e vida media.

    Bloque 4. Biodisponibilidade e bioequivalencia
    Tema 13.- Estudos de Biodisponibidade e bioequivalencia. Definicións. Requirimentos sobre estudos de biodisponibilidade Exencións de estudos de biodisponibilidade. Avaliación a partir de datos plasmáticos e de excreción urinaria. Deseño experimental e tratamento estatístico. Criterios de bioequivalencia.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía
    Básica.
    ROWLAND M. e TOZER T.N. Clinical Pharmacokinetics: Concepts and Applications, 4th Ed. Lippincott Willians & Wilkins. Philadelphia 2011
    SHARGEL L., WU-PONG S. e YU A. Applied Biopharmaceutics and Pharmacokinetics, 6th Ed. McGrawHill. New York 2012.

    Complementaria.
    DOMENECH J., MARTÍNEZ J. e PLÁ J. Farmacocinética. Vol. I Síntese. Madrid 1997
    DOMENECH J., MARTÍNEZ J. e PLÁ J. Biofarmacia. Vol. II Síntese. Madrid 1998
    HEDAYA M.A. - Basic Pharmacokinetics, 2nd Ed. CRC Press. Taylor & Francis Group. Boca Raton 2012.
    JAMBHEKAR S.S. e BREEN P.J. Basic Pharmacokinetics, 2ª Ed. Pharmaceutical Press. London 2012.
    RITSCHEL W.A. E KEARNS G.L. Handbook of Basis Pharmacokinetics? including clinical applicatons, 6th Ed. American Pharmacists Association. Washington D.C. 2004.
    AGUILAR ROS A., CAAMAÑO SOMOZA M., MARTÍN MARTÍN F.R. e MONTEJO RUBIO M.C. Biofarmacia e Farmacocinética. Exercicios e problemas resoltos. Elsevier. Bacelona 2008.

    Programas (CD-ROMs).
    AMIDON G. e BERMEJO M. Modern Biopharmaceutics. 6.02S. TRSL inc. Michigan,2003.
    HEDAYA M.A. - Basic Pharmacokinetics, 2nd Ed. Companion CD. CRC Press. Taylor & Francis Group. Boca Raton 2012.
    AGUILAR ROS A., CAAMAÑO SOMOZA M., MARTÍN MARTÍN F.R. e MONTEJO RUBIO M.C. Biofarmacia e Farmacocinética. Exercicios e problemas resoltos. Elsevier. Bacelona 2008.

    Competencias
    Competencias específicas
    TF01
    Deseñar, optimizar e elaborar as formas farmacéuticas garantindo a súa calidade, incluíndo a formulación e control de calidade de medicamentos, o desenvolvemento de fórmulas maxistrais e preparados oficinais.
    TF03
    Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
    TF04
    Programar e corrixir a posoloxía dos medicamentos en base aos seus parámetros farmacocinéticos.
    TF05.
    Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos os
    TF08
    Determinación da biodisponibilidade, avaliación da bioequivalencia e factores que as condicionan.
    LS03
    Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador);

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas en grupo grande-23 h
    Clases interactivas en grupo reducido-12 h
    Titorías en grupo moi reducido-2 h
    Prácticas de computador -6 h
    Exames e revisión-2 h
    Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio-45 h(4.5 ECTS)
    Sistema de evaluación
    A avaliación consistirá en:
    a) Exame escrito (T)
    O exame final da materia, que se celebrará na data recollida na guía do curso 2013-14 da Facultade de Farmacia, constará de preguntas tipo test, así como tamén cuestións de resposta breve e resolución de problemas.
    A cualificación obtida no exame representa o 70% da puntuación final. (Cualificación máxima = 7)

    b) Avaliación dos seminarios (S)
    Avaliarase a participación activa nos seminarios. Esta avaliación levará a cabo mediante o seguimento da resolución das cuestións e problemas expostos en clase. Esta cualificación representa o 20% da puntuación final. (Cualificación máxima = 2)

    c) Avaliación prácticas de computador (P).
    As prácticas de computador da materia valoraranse mediante avaliación contínua. (Cualificación máxima = 1)

    d) Cualificación final (CF).
    A cualificación final da materia obterase sumando o correspondente a cada un dos apartados anteriores:
    CF = T + S + P
    requiríndose un valor mínimo de 2.8 (40% da nota máxima) no exame escrito para para tomar en consideración a nota correspondente aos seminarios e ás prácticas de computador.
    A materia apróbase obtendo unha nota final (CF) igual ou superior a 5.

    Recomendacións de face á recuperación.
    -O exame de recuperación é do mesmo tipo que o exame ordinario.
    -A cualificación dos seminarios e das prácticas de computador manterase para a convocatoria de Xullo no caso de que a materia non fose superada en maio.
    -A cualificación das prácticas de computador, en caso de ser positiva, manterase nas convocatorias sucesivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo- 46 h
    Resolución de exercicios, ou outros traballos- 16 h
    Preparación das prácticas- 3.5 h
    Realización e revisión do exame- 2 h
    Total horas traballo persoal do alumno- 67.5 h
    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecementos previos recomendados para cursar a materia:
    1.Matemáticas: derivadas, ecuacións derivadas parciais e integrais, conceptos e cálculos estatísticos básicos (media, desviación estándar, coeficiente de variación...); representación gráfica e interpretación de funcións; funcións exponenciais e logarítmicas; regresión lineal.
    2.Manexo da calculadora propia.
    3. Manexo de follas de cálculo.

    Os alumnos poderán acceder ao material empregado nas clases expositivas e interactivas de seminario e laboratorio, así como ao material complementario a través da USC Virtual.
    Ademais, os alumnos poderán consultar directamente co profesor as dúbidas que poidan ter, ou suxerir calquera aclaración sobre a materia.
    Recoméndase a asistencia ás clases expositivas e interactivas para unha adecuada aprendizaxe da materia, o cal lle facilitará unha avaliación positiva da mesma.
    É aconsellable o estudo diario da materia e a asistencia ás tutorías para resolver as dúbidas que xurdisen.
    A materia desenvolverase de acordo co calendario e no horario establecido polo Decanato da Facultade que figura nas páxinas web:
    http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/horarios_grao.html
    http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/horario_cursos.html
    Os exames finais da materia celebraranse nas datas e horas que figuran na páxina web:
    http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/calendario_exames.html




    Observacións
    As prácticas da materia son programadas polo Decanato da Facultade e publicitadas con suficiente antelación. Cada alumno deberá de realizar as prácticas no grupo correspondente. Se tivese algún impedimento para realizar as prácticas no grupo que lle foi asignado deberá de contactar, o máis axiña posible, co profesor coordinador da materia.