G2081445 - Técnicas Espectroscópicas Aplicadas (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física
- Áreas: Química Física
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA asignatura trata de resumir os fundamentos necesarios para a comprensión dos diferentes métodos existentes, fundamentalmente espectroscópicos, utilizados na análise estructural das moléculas. Faise especial fincapé na necesidade de utilizar dúas ou máis técnicas para resolver un problema estrutural.
Trátanse ademáis as espectroscopías atómicas con fins analíticos cuantitativos.
ContidosBloque I [Tema 1]
Introdución aos MÉTODOS ESPECTROSCÓPICOS
TEMA 1
Introdución aos métodos espectroscópicos.
Bloque II [Temas 2 – 4]
Espectroscopías ATÓMICAS
TEMA 2
Espectroscopías atómicas: Fundamento.
TEMA 3
Espectroscopía de emisión atómica.
TEMA 4
Espectroscopías de Absorción e Fluorescencia atómica.
Bloque III [Temas 5 – 10]
Espectroscopías MOLECULARES
TEMA 5
Espectroscopía de Microondas.
TEMA 6
Espectroscopía de Infravermello.
TEMA 7
Espectroscopía Raman
TEMA 8
Espectroscopía Visible-Ultravioleta
TEMA 9
Fluorescencia e Fosforescencia
TEMA 10
Espectroscopía de Resonancia Magnética Nuclear
Bloque IV [Tema 11]
Espectrometría de Masas
TEMA 11
Espectrometría de Masas
Bibliografía básica e complementaria Básica
Banwell, C. N.; Mac Cash, E. M. Fundamentals of Molecular Spectroscopy, 4th ed., McGraw-Hill, London, 1994. (Hay una version en español de la edición de 1972. Ediciones del Castillo, S. A., Madrid, 1977).
Hesse, M.; Meir, H.; Zeeh, B. Métodos Espectroscópicos en Química Orgánica. 2ª ed., Editorial Síntesis, Madrid, 1999
Complementaria
Dixon, R. N. Espectroscopía y estructura. Alhambra, Madrid, 1967.
Chang, R. Principios Básicos de Espectroscopía, Editorial AC, Madrid, 1983.
Ernö Pretsch, Philippe Buhlmann, Martin Badertscher Structure determination of organic compounds: tables of spectral data / 4th, ed Berlin : Springer, 2009.
Hollas, J. M. Modern Spectroscopy, 4th ed., John Wiley & Sons, Chichester, 2004.
Svanberg, S. Atomic and Molecular Spectroscopy, 3rd ed. Springer-Verlag, Berlin, 2001.
Olsen, E. D. Métodos ópticos de análisis. Editorial Reverté, Barcelona, 1990
CompetenciasCompetencias xerais.
. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de síntese e análise, instrumentación apropiada incluída.
. Coñecer as características fisicoquímicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Competencias específicas.
. Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas
. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopía.
. Ao final o alumno deberá ser capaz de resolver un problema estrutural interpretando os espectros obtidos polas diferentes técnicas.
Competencias transversais.
. Capacidade crítica e autocrítica.
. Capacidade de análise e síntese.
. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositivas en grupo grande.
Lección impartida polo profesor na que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Tamén se realiza a formulación de actividades complementarias que debe realizar o alumno: estudo de contidos adicionais de teoría non incluídos nestas clases, realización individual de problemas numéricos e outras actividades individuais ou en grupo.
Como apoio á docencia utilizarase a plataforma virtual da USC.
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios).
Clase teórico/práctica na que se propoñen aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas:
- entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos ou colga na plataforma, coa suficiente antelación.
- resolución de exercicios na aula.
-sesións relativas a algunha aprendizaxe cooperativa formulada, etc.
Inclúense nestas clases as probas de avaliación continua. A asistencia a estas clases é obrigatoria para a devandita avaliación.
C) Titorías de encerado en grupo moi reducido.
Titorías programadas e que supoñerán para cada alumno unhas 2 horas. Propóñense actividades como aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas.
D) Poderase utilizar a plataforma virtual da USC ademais de como soporte e complemento da docencia, como un elemento importante de comunicación co alumno.
Sistema de evaluaciónA nota global será o resultante de sumar a cualificación obtida en dúas actividades:
1º Un exame final de teoría e problemas.
2º A avaliación continua.
O exame final de teoría e problemas: será cualificado sobre un máximo de 6 puntos correspondéndolle 4 puntos ao exame de teoría (40% da nota total) e 2 puntos ao exame de problemas (20% da nota total)
- O exame de teoría consistirá en varias cuestións aplicadas con varios apartados, podendo ser algunha delas tipo test.
- O exame de problemas consistirá na resolución de dous exercicios, un dos cales será numérico e outro de interpretación de espectros
É requisito indispensable para aprobar a materia obter unha nota igual ou superior a 1,3 puntos no exame de teoría e unha nota igual ou superior a 0,7 puntos no exame de problemas.
A avaliación continua constará dunha serie de probas que se levarán a cabo nas horas das clases interactivas. As devanditas probas constarán de preguntas curtas, algunhas das cales poderá ser de tipo test, así como algún problema relacionado coa materia recentemente explicada. A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 4 puntos (40% da nota total).
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA (45 HORAS)
- Clases expositivas : 23 horas
- Clases interactivas: 18 horas
- TItorías (grupo moi reducido): 2 horas
- Exames e revisión: 2 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (45 HORAS)
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 45 horas
- Resolución de exercicios ou outros traballos: 20 horas
- Orientación e resolución de dúbidas: 3 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ao alumno a asistencia ás clases tanto expositivas coma interactivas de forma continuada, dado que para unha mellor compresión do programa, cada tema precisa do coñecemento dos conceptos explicados nos temas precedentes.
É conveniente que para unha mellor comprensión de cada tema, o alumno practique coa resolución de problemas.