G2081441 - Bioquímica Clínica (Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxetivos xerais da asignatura diríxense cara a adquisición polo estudante dunha visión da futura saída profesional como Especialista en Análises Clínicas e en Bioquímica Clínica, cunha formación en dous eixos:
a) Coñecemento das tarefas e do funcionamento dun laboratorio clínico, con especial atención á descripción das diferentes fases da
determinación analítica, da producción de valores de referencia e dos sistemas de control e da calidade analítica.
b) Comprede-lo sigñificado clínico e fundamentos bioquímicos das determinaciones analíticas de marcadores patolóxicos en diferentes
materiais biolóxicos e a sua correlación coas diferentes enfermidades humanas. Incluindo o estudo de probas estáticas e dinámicas
para a avaliación funcional das glándulas endocrinas ou do cancro.
ContidosGrupo Temático I: O Laboratorio Clínico por Dentro
Tema 1. Fases das determinacións analíticas
Tema 2. A Fase Preanalítica.
Tema 3. A Automatización na Fase analítica
Tema 4. A fase Postanalítica. Garantía de Calidade
Tema 5. Producción dos Valores de Referencia. Utilidade Clínica
Tema 6. Estratexias de Diagnóstico Molecular
Grupo Temático II: Semioloxía Bioquímico-Clínica
Tema 7. Marcadores Tumorais no Laboratorio Clínico
Tema 8. Utilidade clínica dos Líquidos Biolóxicos
Tema 9. Consideracións Preanalíticas no estudo dos Síndromes Endocrinos
Tema 10. Avaliación da función hipofisaria
Tema 11. Avaliación da función tiroidea
Tema 12. Avaliación da función suprarrenal
Tema 13. Avaliación da función gonadal
Tema 14. TDM: Monitorización Bioquímica de Fármacos
Programa de Clases Interactivas:
CI-1: Cálculos dos Límites de Referencia.
CI-2: Escenario clínico: LCR e a avaliación da funcionalidade da BHE.
CI-3: Elaboración do guión-resumen do metabolismo de hormonas.
Programa de Clases Prácticas:
Práctica 1. Garantía da Calidade. Estudo da tua Imprecisión.
Práctica 2. Estudo das Interferencias análiticas por Medicamentos.
Práctica 3. Bioloxía Molecular: Detección dun fragmento xénico.
Práctica 4. Visita ó Laboratorio de Bioquímica Clínica do CHUS.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. Elsevier. Barcelona-2010.
Texto con alto grao de coincidencia no enfoque que se lle da a materia, axeitado para como libro de texto para o seguimento da maioría dos temas da asignatura.
b) Laboratorio Clínico y Pruebas Diagnósticas. Jorge Suardíaz; Celso Cruz; Ariel Colina. Editorial Ciencias Médicas, La Habana-2004
Texto extenso que cubre diferentes aspectos da materia e desenvolve contidos laboratoriais e de semioloxía diagnóstica.
c) Lab Test online. (http://WWW.labtestonline.es)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica. SEQC. Ultima actualiación 13.02.2013, que é a traducción española da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry. Recolle información actualizada sobre as condicións fisiolóxicas e patolóxica, e guías clínica e probas diagnósticas do laboratorio clínico en xeral.
Complementaria .
a) Bioquímica Clínica. Gaw y col. Harcourt (2ª Edición). 2001.
b) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. Elsevier-Mosby; Madrid-2007.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 22nd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2011.
d) Bioquímica Clínica y Patología Molecular. (2ª Ed). Fuentes Arderiu; Castiñeiras Lacambra y Geraltó Compañó. Reverté S. A. 1998.
e) Principios de Urgencias, Emergencias y Cuidados Intensivos. Fernando Barranco Julian Gil y otros. Edición SAMIUC (Sociedad Andaluza de Medicina Intensiva, Urgencias y Coronarias.
CompetenciasCon esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008, e que a continuación se destacan.
Competencias xerais.
• Desenvolver as análises clínicas e emitir os correspondentes dictámenes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares
e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
• Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a sua competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises
bioquímicas.
• Coñecer as técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio.
• Intervir nas actividades de promoción da saude e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario;
dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico.
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita con pacentes e usuarios dun centro profesional no que exerza.
Competencias transversales.
Entre as posibles competencias transversales a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información.
• Resolución de problemas.
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
• Habilidade para o traballo autónomo.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases Expositivas en grupo grande: duración de 55 minutos, nesta actividade presencial o profesor fai unha exposición dos contidos dos temas axudado por medios informáticos ou o pola pizarra e o alumno participa prestando atención á explicación e dando resposta escrita á cuestións plantexadas durante o dicurso en 2 a 5 minutos.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Cada unha destas clase teórico/práctica ten unha duración de duas horas. Nelas trátase de que o alumno entre en contacto cos escenarios da profesión de analísta: unhas veces facilítase interación con diferentes materiais do laboratorio, noutros exemplarízase o manexo da información clínica dos informes dos laboratorio a través de casos clínicos dirixidos. Os alumnos participantes na actividade poderá dar resposta a cuestións relativas ó escenario que lle presentou e que serán puntuadas.
C) Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: Conceptualmente similares as anteriores pero coa diferencia que o alumno executa procedementos operacionais (cálculos, consultas de páxinas web de Asociacións Profesionais, casas comerciais, etc), nun equipo informático e asesorado nas distintas tareas polo profesor, excepto para respostar ó cuestionario final.
D) Clases prácticas de laboratorio: Son clases que se realizan nos laboratorios de prácticas que o Departamento de Bioquímica ten na Facultade de Farmacia. Con elas o alumno adquire as habilidades do laboratorio, se lle acerca ás tarefas e actividade dun analista nun laboratorio de análises clínico e aprende a elabora-lo correspondente informe analítico coa aplicación da teoría que se revisa en cada práctica.
Disponse dun guión de prácticas que recolle os protocolos de traballo que se complenta durante a explicación das etapas da práctica.
A convocatoria dos turnos de prácticas está organizada pola Facultade. A asistencia é obligatoria na semana na que son convocados. Tódolos alumnos deben realizar, e superar cun APTO, o examen de destrezas no laboratorio e a elaboración dun informe.
E) Tutorías de pizarra en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor. Esta actividade está pensada como unha entrevista personalizada para informar ó alumno do seu progreso formativo sobre a base das respostas dadas ós cuestionarios presentados, aclarar dudas que poidera ter e asesoralo de cara a supera-la materia.
Sistema de evaluaciónA calificación da asignatura obtense sumando a puntuación acadada na avaliación continua, do examen das clases prácticas e do examen final teórico da asignatura.
a) Avaliación contínua: baséase na solución de casos clínicos, escenarios virtuais e cuestionarios que se presentan durante o desenvolvemento das clases expositivas e as interactivas, así como as do Campus virtual. A puntuación máxima deste apartado é de 30 puntos.
b) Prácticas: A calificación das prácticas baséase na actitude, participación e realización, así como a resposta a cuestións plantexadas durante as mismas que posibilita a asignación dunha calificación de entre 0 e 10 puntos. Esta calificación ten unha validez de 5 anos.
A falta de actitude e o non aproveitamento destas clases da lugar a unha calificación de “NON Apto”, coa que non se pode aprobar a asignatura. No oubstante, será recuperable mediante unha proba de examen práctica a realizar na seguínte convocatoria á que decida presentarse. Esta proba terá unha duración máxima de 30 min e nela puntúase a actitude, desenvoltura na execución, realización procidemental axustada, interpretación dos datos acertada, orden e limpeza.
c) Examen teórico: En cada convocatoria haberá un examen relativo ós contidos teóricos presentados en diferentes formatos (clases expositivas, interativas e prácticas). Este examen consta de 50 preguntas tipo test con 5 posibles respostas sólo unha correcta. Para o cómputo da nota faise unha recalificación:
i) Verifícase para cada un dos temas da avaliación que se acada unha puntuación mínima do 25% dos puntos posibles,
ii) As 10 preguntas con maior grado de dificultade (cun porcentaxe de acerto inferior ó 40%) se lles asigna dous punto
iii) Non se contempla preguntas que teñan un valor negativo.
A puntuación máxima do examen é de 60 puntos. A puntuación deste examen sólo é aplicable á convocatoria na que se realiza a proba.
A calificación de aprobado obtense por riba dos 50 puntos e ademais se acade un APTO nas prácticas, se supere a puntuación mínima por temas e o examen teórico supoña mais de 30 puntos.
Nas sucesivas convocatorias que poidera necesitar, terá que realizar o examen final de teoría, o examen de prácticas só si pasaron mais de 5 anos dende que se obtivo un APTO. Da avaliación contínua consérvaselle a mellor das puntuacións acadadas nos últimos 2 anos.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA, HORAS
Clases expositivas en grupo grande, 23
Clases interactivas en grupo reducido 3
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 3
Tutorías en grupo muy reducido 2
Prácticas de laboratorio 12
Exámenes e revisión 2
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 45
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO, HORAS
Estudio autónomo individual o en grupo, 50
Resolución de ejercicios, u otros traballos, 6.5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador, 8
Orientación e resolución de dudas, 1
Realización e revisión do examen, 2
Total horas traballo personal do alumno, 67.5
Recomendacións para o estudo da materiaPara o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Fisioloxía Humana I e II, Fisiopatoloxía, Analises Inmunolóxicas e Hematoloxicas e haber cursado Análises Bioloxicas e Diagnósticos Bioquímicos.
Tamén se suxire asistir e atender ó conxunto das clases programadas e, na medida do posible, ir revisando a materia cada día, ou no seu defecto cunha periodicidade semanal, para poder identifica-los puntos que lle sexan máis difíciles de comprender.
O estudo regular da materia vai permitir, ademáis, un mellor seguimento das clases e aportalle recursos teóricos para facerlle frente ás cuestións dos diferentes escenarios e casos clínicos que se irán plantexando nas as clases ou á través do Campus virtual.
Aconséllase tamén a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura na que poderá plantexar dudas ó profesor ou ós seus propios compañeiros.
Tirar proveito da avaliación contínua para recoñece-las dificultades que se teña a hora de comprende-los conceptos ou razonamentos, e tratar de comprende-los diferentes aspectos a considerar para dar unha resposta correcta.
ObservaciónsNo caso de non conseguir supera-la asignatura, recoméndase acudir á revisión de exámenes. Vai servir para conoce-las partes da avaliación responsables da falta do éxito. A partir das puntuación por temas no examen de teoría poderá coñecer os temás nos que se necesitan un maior estudio e esforzo así como os que xa se dominan.