Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

G2081341 - Botánica Ambiental e Saúde (Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
AIRA RODRIGUEZ, MARIA JESUS.NON
GUITIAN RIVERA, PABLO.SI
GUITIAN RIVERA, PABLO.SI
López Rodríguez, Maria del Carmen.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONSI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONSI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Adquisición e consolidación, por parte dos alumnos, dos coñecementos básicos sobre a importancia das plantas e outros organismos estudados pola botánica na saúde ambiental, en especial os relacionados co seu papel como bioindicadores, como contaminantes, e na depuración de aire e auga.
    Contidos
    O temario está dividido en 7 temas, cunha duración variable en sesións de 1 hora expositiva incluíndo o tempo para as preguntas e/ou debate sobre o explicado.

    Tema 1.- Plantas, Medio e Saúde. Fotosíntese. Osixeno e dióxido de carbono na atmosfera. Efecto invernadoiro. Deforestación. Implicacións para a saúde.
    Tema 2.- Algas cianofíceas e "Bloom" tóxicos. Dinoflaxelados e mareas vermellas. . Identificación e caracterización; condicións de aparición e ciclos de recorrencia. Métodos de depuración. Saúde.
    Tema 3. - Euglenófitos e diatomeas. Bioindicadores de contaminación orgánica en augas doce. Organismos indicadores de augas contaminadas e non contaminadas. Métodos de avaliación da contaminación.
    Tema 4. - Líquenes e contaminación atmosférica. Tipos morfolóxicos e ambiente. Uso de líquenes como indicadores de contaminación atmosférica, recoñecemento das especies locais con maior valor indicativo.
    Tema 5. - Briófitos e contaminación de aire e auga. Mofos acumuladores de metais pesados e valor indicativo da presenza destes metais nas augas.
    Tema 6. - Plantas vasculares e contaminación de augas. Plantas vasculares asociadas a augas con altas taxas de materia orgánica e nitratos. Helófitos como descontaminantes. Métodos de descontaminación de augas residuais por plantas vasculares. Marismas.
    Tema 7. .- Aerobioloxía: Compoñentes biolóxicos da atmosfera como produtores de alerxias. Fungos e plantas anemófilas como alérxenos. Tipoloxías espórica e polínica. Métodos de captación de grans de pole. Control de calidade biolóxica do aire. Palinogramas.

    Os conceptos que se traten nas clases expositivas serán complementados co uso dunha Aula virtual.

    Programa de clases prácticas:
    Práctica.- As diatomeas como indicadores de contaminación en augas continentais.
    Recolección de mostras, tratamento no laboratorio e calculo de índices diatómicos. Calidade das augas. Outros indicadores de calidade de augas.
    Programa de seminarios:
    I.- Aerobioloxía: Manexo de captadores. Recollida de mostras de pole ambiental e esporas de fungos. Cultivo e reconto de fungos en placa Petri. Preparación das mostras aerobiolóxicas. Identificación e reconto de pole e esporas presentes no ambiente. Tratamento dos datos e presentación dos resultados obtidos.
    II.- Os líquenes como indicadores da contaminación atmosférica. Estrutura e tipos. Determinación. Importancia como indicadores de contaminación..



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica.
    Ederra Induráin, A. , (1996). Botánica ambiental aplicada : las plantas y el equilibrio ecológico Ed. EUNSA, (2ª ed.)
    Kovacs, M. (1992). Biological indicators in environmental protectio. Ed Ellis Horwood
    Bibliografía complementaria.
    Oscar Delgadillo et al. (2010) Depuración de aguas residuales por medio de humedales artificiales. Nelson Antequera Ed.
    Aira, M.J.; Jato, V. & Iglesias, I. (2005) Calidad del aire. Polen y esporas en la comunidad gallega. Xunta de Galicia.
    Carballal, R. & García, A. (1987-88) Líquenes epífitos como indicadores de la contaminación atmosférica II. Utilización de una escala cualitativa en la ciudad de Vigo (España). Lazaroa, 10:243-251.
    Grant Smith, E. (1990) Sampling and identifying allergenics pollens and molds. Ed. Blewstone Press.
    Jato, V.; Iglesias, I. & Aira Rodríguez, M.J. (2001) Atlas de polen alergógeno, Xunta de Galicia.
    Kilroy, C. (2004) Guide to common diatom genera in freshwaters. Niwa (National Institute of Water and Atmosphere Research)
    Martín Martínez, I. (1989) Depuracion de aguas con plantas emergente. Direccion General de Investigacion y Capacitacion Agrarias.
    Richardson, D.H.S., (1992) Pollution monitoring with lichens". Ed. Richmond Publishing Co.Ltd
    Seoánez Calvo, Mariano, (2005) Depuración de las aguas residuales por tecnologías ecológicas y de bajo costo 2005. Ed. Mundi-Prensa
    Trigo, M.M.; Jato, V.; Fernández, D. & Galán, C. -coord.- (2008) Atlas aeropalinológico de Espana. Ed. Universidad de León. Secretariado de Publicaciones.

    Competencias
    - Capacidade de análise do papel que os diferentes grupos sistemáticos estudados pola botánica xogan na relación medio e saúde.
    - Adquisición de coñecementos básicos sobre as técnicas de análise da contaminación de augas a partir do estudo dos organismos vexetais.
    - Coñecemento da importancia do pole na saúde e das técnicas de estudo en palinoloxía ambiental.
    - Comprensión do carácter multidisciplinar da relación existente entre ambiente e saúde.

    Competencias xerais.
    As competencias da titulación ás que contribúe esta materia son:
    Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde/enfermidade.
    Desenvolver análises hixiénico-sanitarios, especialmente os relacionados cos alimentos e medioambiente.
    Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
    Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal uso. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
    Capacidade de análise e síntese.
    Coñecementos xerais básicos.
    Comunicación oral e escrita na propia lingua.
    Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
    Resolución de problemas.

    Instrumentais
    - Capacidade de crítica e autocrítica
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Coñecementos xerais básicos.
    - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas). Manexo da documentación específica sobre Medio, botánica e saúde.

    Interpersoais
    - Traballo en equipo.
    - Apreciación da diversidade. Recoñecer de visu as plantas máis abundantes e comúns do seu ámbito, especialmente aquelas que teñan algunha aplicación como indicadores biolóxicos de contaminación.
    - Compromiso ético. Desenvolver habilidades no uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais, e dos riscos sanitarios asociados co seu mal uso.

    Sistémicas
    - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    - Capacidade de aprender.
    - Habilidade para traballar de forma autónoma.
    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande
    B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios e Prácticas de laboratorio)
    Nestas clases o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría.
    C) Titorías en grupo moi reducido. Supoñerán para cada alumno 2 horas. Na primeira delas, o profesor propoñerá aos alumnos un tema a desenvolver. Na segunda titoría os alumnos expoñerán o traballo realizado.

    Coas clases maxistrais impartiranse os contidos teóricos da materia. Coas prácticas de laboratorio e campo buscarase que os alumnos se familiaricen con técnicas de observación de organismos bioindicadores e de axentes alergénicos, ademais de interpretar mapas e diagramas polínicos.
    A plataforma virtual da USC utilizarase de complemento a docencia teórica e como fonte de exemplos de estudos aplicados. Nas titorías atenderanse tanto dúbidas sobre aspectos teóricos do desenvolvemento do programa, coma indicacións e contactos con equipos investigadores de territorios onde se realizan experiencias continuadas de vixilancia ambiental, acuática ou aérea.
    Nos seminarios abordásense casos prácticos de estudo de contaminación atmosférica mediante líquenes e abordarase a metodoloxía de estudo en Aerobioloxía.

    Sistema de evaluación
    Exame teórico sobre os contidos do programa; a súa valoración será o 70% da cualificación final.
    Exame práctico (interpretación de datos, análise de gráficas, mapas, etc.); a súa valoración será o 15% da nota final.
    Actividades complementarias; 1 traballo de curso; a súa valoración será o 15% da nota final.
    O aprobado alcánzase coa obtención mínima de 5 puntos sobre 10, dos que 3'5 han de proceder do exame teórico.
    O sistema de avaliación manterase durante todo o curso académico (dúas oportunidades). Non se gardarán as cualificacións obtidas nin nas probas dos contidos de clases expositivas nin interactivas para os cursos seguintes. Na segunda oportunidade, os alumnos unicamente poderán presentarse ao exame teórico, aínda que conservarán as cualificacións obtidas no exame práctico e no traballo de curso que obtivesen na primeira oportunidade.


    A asistencia ás clases interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio) é obrigatoria, tanto para os alumnos novos coma para os repetidores. Se o alumno non asiste a elas non poderá superar a materia nin na oportunidade ordinaria nin na recuperación.
    Os alumnos que non asistan a titorías e polo tanto non presenten o traballo de curso, renuncian á obtención de 1,5 puntos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas 23
    Clases interactivas: Prácticas e seminarios 18
    Tutorías 2
    Exámenes e revisión 2
    Total horas trabajo presencial na aula ou no laboratorio 45

    Estudio autónomo individual ou en grupo 37,5
    Preparación das prácticas 10
    Preparación, presentación e defensa do traballo 15
    Orientación e resolución de dudas 3
    Realización e revisión do examen 2
    Total horas traballo personal do alumno 67,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Estudo continuado e consulta da bibliografía recomendada.
    - Acceder ás páxinas web recomendadas polos profesores implicados e sacar partido dos recursos que ofrecen.

    A asistencia ás clases expositivas é fundamental, xa que se trata dunha materia conceptual e terminológicamente densa. Dado o carácter experimental desta disciplina, as clases interactivas son o complemento que lle facilitará ao alumno comprender os fundamentos teóricos explicados na aula. Ademais, durante estas o profesor pode optar por realizar unha avaliación continua do alumnado.
    Recomendacións de cara á recuperación
    Revisar e completar os apuntamentos recollidos nas clases expositivas coa bibliografía recomendada e coas notas tomadas nas clases interactivas. Preguntar as dúbidas ao profesorado utilizando as horas de titorías. Traballar a aula virtual.