P1022106 - Biotecnoloxía de Plantas (Módulo Central Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal
- Áreas: Fisioloxía Vexetal
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo fundamental desta materia é o de completar a formación do estudante no campo da biotecnoloxía vexetal proporcionándolle coñecementos e habilidades que o capaciten para incorporarse ao mercado laboral ocupando un posto acorde coa súa titulación. Procurarase que o alumno adquira un coñecemento suficiente, tanto no plano teórico como experimental, das tendencias actuais da Biotecnoloxía Vexetal e as súas aplicacións prácticas, relacionadas co manexo e cultivo das plantas en condicións controladas (metodoloxía do cultivo in vitro), así como coa transformación xenética das plantas, especialmente daquelas con interese agronómico e comercial.
Contidos1. Introdución á Biotecnoloxía Vexetal. Antecedentes históricos. Mellora xenética tradicional, transformación xenética e cultivo in vitro.
2. Métodos de mellora tradicional. Selección asistida por marcadores. Xenotipado. Heterosis.
3. Enxeñería xenética de plantas. Do xenoma ao fenotipo. Aspectos diferenciais da biotecnoloxía vexetal en comparación con microorganismos e animais. Transformación de cloroplastos.
4. Xenética funcional. Xenética tradicional e reversa en plantas. Ferramentas bioinformáticas en biotecnoloxía vexetal.
5. Deseño de construcións xenéticas. Marcadores de selección. Promotores constitutivos, específicos e inducibles. Estratexias de silenciamento.
6. Transformación de plantas. Uso de Agrobacterium tumefaciens e transformación biolística. Estratexias de inserción dirixida.
7. Caracterización de plantas tranxénicas. Análise de integración e expresión estable de transxenes.
8. Regulación das plantas transxénicas. Logros, promesas e riscos da biotecnoloxía vexetal. Contaminación xenética.
9. Cultivo de tecidos vexetais. Introdución. Crecemento e diferenciación celular. Determinación e competencia morfoxenética.
10. Métodos de cultivo. Mantemento de condicións asépticas. Composición química do medio de cultivo. Factores ambientais que regulan a morfoxénesis.
11. Cultivo de callos e suspensións celulares. Illamento de protoplastos e hibridación somática.
12. Cultivo de haploides. Cultivo de anteras e grans de pole. Cultivo de ovarios. Aplicacións dos haploides.
13. Micropropagación. Cultivo de meristemos, xemas axilares e segmentos nodales. Organoxénesis e embrioxénesis somática. Sementes sintéticas. Aplicacións do cultivo in vitro na transformación de plantas.
14. Variacións en cultivo e plantas rexeneradas. Variación somaclonal. Cambios xenéticos e epixenéticos. Aplicación á selección e mellora vexetal
15. Conservación de xermoplasma. Bancos de xermoplasma. Almacenamento e conservación do material vexetal in vitro. Crioconservación. Aplicacións.
PRACTICAS DE LABORATORIO.
1. Obtención de cultivos embrioxénicos.
2. Transformación xenética de plantas.
Bibliografía básica e complementariaHalford NG (2006) Plant biotechnology: current and future applications of genetically modified crops. John Wiley & Sons
Hartmann HT, Kester DE (2002) Plant propagation: principles and practices. Prentice-Hall.
Loyola-Vargas VM, Vázquea-Flota F (2008) Plant cell culture protocols. Humana Press.
Peña L (2005) Transgenic Plants. Methods and Protocols. Humana Press. New Jersey
Perez Francés JF (2006) Cultivo "in vitro" de plantas y sus aplicaciones en agricultura. ARTE Comunicación Visual.
Seguí Simarro JM (2010) Biología y biotecnología reproductiva de las plantas. Universitat Politècnica De València
Seguí Simarro JM (2013) Biotecnología en el menú: manual de supervivencia en el debate transgénico. Universitat de València
Slater A, Scott NW, Fowler MR (2008) Plant biotechnology: the genetic manipulation of plants. Oxford University Press
Stewart CN (2008) Plant biotechnology and genetics: principles, techniques and applications. John Wiley & Sons
Trigiano RN, Dennis J (2000) Plant Tissue Culture concepts and laboratory exercises. CRC Press
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá ou practicará competencias xenéricas, válidas para calquera titulación universitaria e específicas, relativas á Biotecnolxía vexetal.
Xenerais:
Capacidade de aplicar o pensamento lóxico, crítico e creativo no seu traballo
Respecto pola ética e a integridade intelectual
Sensibilidade polo medioambiente e polos diferentes organismos que o integran.
Capacidade de dirixir e de realizar traballos en equipos interdisciplinares.
Especificas:
Ter coñecemento do estado actual da Biotecnoloxía Vexetal e aprendizaxe da terminología básica empregada nesta materia.
Coñecer e saber aplicar correctamente as técnicas de cultivo in vitro
Capacidade de desenvolver programas de propagacións masivas de plantas.
Coñecemento das técnicas de transformación xenética de plantas e a súa aplicación á mellora e produtividade dos vexetais.
Capacidade de buscar, obter, organizar e interpretar información biotecnológica ou con aplicación biotecnológica en diversas fontes.
Analizar as posibilidades da Biotecnoloxía Vexetal en diferentes contornas sociais, tendo en conta os aspectos económicos, lexislativos e éticos
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas se presentarán os temas do programa mediante a proxección de presentacións que estarán dispoñibles para os alumnos na aula virtual en formato pdf para que poidan tomar notas directamente sobre as mesmas. Promoverase a participación dos alumnos mediante preguntas e discusións para facilitar a asimilación dos conceptos.
As clases expositivas complementaranse con clases interactivas nas que os alumnos presentarán primeiro individualmente e discutirán a continuación en común unha serie de artigos científicos seleccionados sobre métodos ou resultados dos distintos campos da biotecnoloxía vexetal. Para a preparación das presentacións se lles proporcionará material bibliográfico complementario.
As prácticas de laboratorio terán o dobre obxectivo de consolidar os conceptos teóricos e familiarizar ao alumno co traballo de laboratorio.
As titorías personalizadas estarán dirixidas a orientar os alumnos no estudo da materia e resolver as dúbidas que poidan xurdir.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumno farase tendo en conta tres aspectos:
1 Asistencia e actitude mostrada nas clases teóricas e prácticas (10%).
2 As presentacións e a participación nas discusións das clases interactivas (30%).
3 Exame final escrito sobre os conceptos básicos da materia (60%).
Tempo de estudo e traballo persoalClases Expositivas: 18 horas presenciais
Clases Interactivas: 12 horas presenciais
Clases de Laboratorio: 12 horas presenciais
Titorías: 6 horas presenciais
TOTAL 48 horas presenciais
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que se matriculen desta materia deben de ter uns coñecementos básicos de Fisioloxía Vexetal e Bioloxía Molecular que resultan de gran importancia para lograr superar a materia.
- Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación
- Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nas diferentes tipos de sesións
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases