Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

P1022109 - Células Nai e Enxeñaría Tisular (Módulo Central Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
  • Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LABANDEIRA GARCIA, JOSE LUIS.NON
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA.NON
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Estudiar as características, fontes de obtención e métodos de manipulación dos distintos tipos de células nai.
    - Coñecer os fundamentos da bioenxeñaría celular e tisular.
    - Estudiar os transplantes de células e tecidos, métodos de avaliación da eficacia dos mesmos e aspectos prácticos da súa aplicación clínica.

    Contidos
    I. PROGRAMACIÓN DAS CLASES TEÓRICAS

    Unidade Temática I. Introducción á Bioloxía do Desenvolvemento e a Diferenciación celular
    Tema 1. Regulación do ciclo celular.
    Tema 2. Técnicas de estudio da viabilidade, proliferación e morte celular.
    Tema 3. Mecanismos celulares e moleculares do desenvolvemento.
    Tema 4. Gametoxénese e transplante de células nai xerminais.
    Tema 5. Manipulación experimental dos embrións en segmentación.

    Unidade Temática II. Células Nai e Terapia Celular
    Tema 6. Características xerais das células nai.
    Tema 7. Células nai embrionarias e adultas.
    Tema 8. Introducción ó concepto de terapia celular.
    Tema 9. Células nai hematopoiéticas.
    Tema 10. Células nai mesenquimales.
    Tema 11. Células nai musculares.
    Tema 12. Células nai epidérmicas.
    Tema 13. Células nai pancreáticas.
    Tema 14. Células nai hepáticas.
    Tema 15. Células nai cardíacas.
    Tema 16. Células nai no sistema nervioso.
    Tema 17. Terapia celular no sistema nervioso central.

    Unidade Temática III. Enxeñaría Tisular
    Tema 18. Fundamentos da enxeñaría tisular.
    Tema 19. Biomateriais en enxeñaría tisular.
    Tema 20. Aplicacións da enxeñaría tisular.

    Unidade Temática IV. Manipulación experimental de células pluripotenciais como fonte de tecido
    Tema 21. Clonación terapéutica. Células nai pluripotentes inducidas.
    Tema 22. Consideracións éticas e legais da investigación con células nai.

    II. SEMINARIOS/ACTIVIDADES PRÁCTICAS

    Os alumnos realizarán actividades ou exercicios temáticos e prepararán traballos que exporán nas horas correspondentes.

    III. PROGRAMACIÓN DE CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO

    Práctica 1. Obtención de células nai embrionarias a partir de embrións de animais de experimentación.

    Práctica 2. Técnicas de estudio da viabilidade e do ciclo celular das células nai. Técnicas de diferenciación celular a partir de células nai multipotenciais.

    Práctica 3. Trasplantes de células obtidas in vitro a partir de células nai multipotenciais. Avaliación morfofuncional da eficacia de trasplantes de células nai.


    Bibliografía básica e complementaria
    Alberts B., Bray D., Lewis J., Raff M., Roberts K., Watson J.D. (2008). Molecular Biology of the Cell. Garkand Publishing, Inc. New York and London.
    Carlson B.M. (2009) Embriología humana y biología del desarrollo. Elsevier. Madrid.
    García-Olmo D., García-Verdugo J.M., Alemany A., Gutiérrez-Fuentes J.A. (Eds.) (2008). Cell Therapy. McGraw-Hill-Interamericana. Madrid.
    Goldstein L.S.B., and Schneider M. (2010). Stem cells for dummies. Wiley Publishing, Inc. New York.
    Herráez A. (2012) Texto ilustrado e interactivo de biología molecular e ingeniería genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de la salud. Elsevier. Madrid.
    Lanza R. (Ed.) (2009). Essentials of stem cell biology. Elsevier Academic Press
    Lanza R. (Ed.) (2004) Handbook of stem cells. Vol. 1: Embryonic stem cells. Vol. 2: Adult and fetal stem cells. Elsevier Academic Press.
    Lanza R., Langer R, and Vacanti J. (Eds). (2007). Principles of tissue engineering. Elsevier Academic Press.
    Lazo P.A., Sánchez-García (Eds.). (2010). Medicina regenerativa y células madre. Madrid: Los libros de la catarata.
    López Guerrero J.A. (2003) Células madre. La madre de todas las células. Hélice. Madrid.
    Nombela C. (2007). Células madre: encrucijadas biológicas para la medicina. Ed. Edaf.
    Sell S. (2004). Stem cells handbook. Humana Press.
    Wilmut I., Schnieke A.E., McWhir J. (1997) Viable offpring derived from fetal and adult mammalian cell. Nature, 385: 810-813.
    Yamanaka S. (2007) Strategies and new developments in the generation of patient-specific pluripotent stem cells. Cell Stem Cell, 1: 3949.

    Competencias
    O alumno deberá posuír e potenciar as seguintes competencias e destrezas xenéricas:
    - Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita.
    - Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Habilidades para conseguir analizar información dende diferentes fontes.
    - Capacidade de crítica e autocrítica.
    - Capacidade para aplica-la teoría á práctica.
    - Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.

    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia impartirase mediante clases maxistrais, seminarios que realizarán os alumnos e prácticas de laboratorio. Os alumnos disporán de horas de titorías obrigatorias para orientar a aprendizaxe e solucionar dúbidas.
    Sistema de evaluación
    Periodicamente realizaranse controis da aprendizaxe mediante a resolución de cuestións (orais ou escritas) sobre conceptos traballados en clase, ou artigos de investigación ou de revisión que terán que ler os alumnos. Ademais, os alumnos deberán elaborar traballos ou exercicios relacionados coas actividades específicas plantexadas en cada tema.
    Para superar a materia será necesario obter un mínimo dun 5 no exame da materia.
    É obrigatoria a asistencia ás prácticas e terase en conta a asistencia e participación nas clases teóricas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    6 créditos ECTS, calculando 25 horas por crédito (presenciais e non presenciais) temos un total de 150 horas que se reparten da seguinte maneira:
    - Expositivas: 18 horas presenciais.
    - Interactivas:
    - Seminarios: 12 horas presenciais.
    - Laboratorio: 12 horas presenciais.
    - Tutorías: 6 horas.
    - Exames teórico e práctico: 3 horas.
    - Traballo persoal do alumno: 102 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren co desenvolvemento do temario, empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recomendase a asistencia e participación nas clases e seminarios, o estudio periódico da materia impartida e a utilización das horas de titorías.
    Adquirir conciencia da importancia da comprensión do fundamento dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver destrezas para a súa aplicación fronte a problemas prácticos na vida laboral.