Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Farmacia  »  Información da Materia

P1022111 - Microorganismos modificados xeneticamente (Módulo Central Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Microbioloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Farmacia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ VILLA, TOMAS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS DO CURSO
    -Coñecemento dos conceptos básicos da Manipulación xenética de microorganismos.
    -Habilidades para levar a cabo o deseño potencial dun microorganismo xeneticamente modificado.
    -Capacidade para desenvolver hipótese sobre a modificación xenética.
    -Integración do coñecemento sobre os distintos de microorganismos de interese na industria.
    -Aplicación das técnicas de laboratorio
    -Capacidade de manexo de información múltiple
    -Análise crítica das informacións relacionadas coa materia.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS

    1. INTRODUCIÓN
    Definiranse os conceptos básicos que ha de manexar o alumno para o completo entendemento da materia: Biotecnoloxía, Microorganismo Xenéticamente Modificado, Transxenia, etc...

    2.- BIOTECNOLOXÍA MOLECULAR.
    Desenvolveranse os conceptos necesarios para o entendemento da Enxeñaría xenética; Enxeñaría de proteínas; Cando ha de actuarse sobre o xene e cando sobre a proteína?. A biorremediación. Prevención e control de problemas ambientais.

    3.- MODIFICACIÓN XENÉTICA DUN MICROORGANISMO.
    Selección do microorganismo. Elementos para a expresión xénica en procariotas. Transcrición e tradución in vitro dos xenes clonados. Expresión in vivo de secuencias clonadas. Factores a considerar.

    4.- E. coli COMO PRODUCTOR.
    Produción de proteínas recombinantes en cultivos bacterianos de E. coli. Factores a considerar. Selección do sistema de expresión. Corpos de inclusión. Modificación dos xenes. Enxeñaría de proteínas.

    5.- ENXEÑARÍA XENÉTICA EN BACTERIAS DISTINTAS DE E. coli.
    Clonaxe en bacterias Gram negativo distintas de E. coli. Clonaxe en Bacillus subtilis. Clonaxe en bacterias Gram positivo distintas de Bacillus subtilis. Extremófilos. Por que son interesantes os extremofilos na industria?

    6.- MODIFICACIÓN DE BACTERIAS MEDIANTE ENXEÑARÍA XENÉTICA.
    Manipulación xenética de microorganimos para obxectivos industriais concretos.

    7.- MANIPULACIÓN XENÉTICA DE FERMENTOS.
    Manipulación xenética de Saccharomyces cerevisiae. Manipulación xenética de Pichia pastoris. Expresión en fermentos versus Expresión en bacterias.

    Ao longo de todo o programa tocaranse transversalmente os conceptos de Regulación acerca da utilización de MGMs; concepto de patentes e bioética.

    CLASES PRACTICAS
    Realizaranse clases de laboratorio. Durante estas avaliarase o comportamento do alumno no laboratorio, seguimento das normas de seguridade e asimilación dos conceptos.


    TRABALLO
    Ademáis de que se fará avaliación continua durante as clases, os alumnos deberán elaborar un traballo sobre un tema que se lle indicará ao principio do cuadrimestre. Terá a metade do curso para desenvolvelo contando coa avaliación continúa por parte do profesorado.
    O traballo será exposto en clase e valorado polos seus compañeiros e os profesores. A nota da elaboración do traballo e a súa exposición contará na avaliación final do alumno.

    Bibliografía básica e complementaria
    Microbiología. 5ª edición. Prescott, Harley y Klein (editores). McGraw-Hill · Interamericana
    Brock: Biología de los Microorganismos. 10ª edición. Madigan, Martinko y Parker (editores). Pearson · Prentice Hall
    Principles of Gene Manipulation. 6 Edición. Sandy B. Primrose, Richard M. Twyman,Robert W. Old. Blackwell Science
    Principles of Gene Manipulation and Genomics. 7 Edición. Sandy B. Primrose, Richard Twyman. Blackwell Science.
    Molecular Cloning: A Laboratory Manual, Third Edition (3 Volume Set). 3 Edición . Joe Sambrook. Cold Spring Harbor Laboratory Press.

    Metodoloxía da ensinanza
    As ensinanzas conformaranse en clases teóricas e prácticas, e a través da discusión de temas expostos polos alumnos
    Clases teóricas: Impartiranse como leccións maxistrais de 50 minutos nas que se explicarán os temas do programa
    Clases prácticas: Desenvolveranse de luns a venres, a razón de catro horas diarias no laboratorio.
    Clases de lousa: Realizaranse sobre a base da discusión de temas de actualidade elaborados e expostos polos propios alumnos
    En todos os casos se utilizarán todos os recursos de soporte dispoñibles: lousa, diapositivas, transparencias e presentacións por ordenador, videos, etc., segundo sexa necesario.

    Sistema de evaluación
    Levarase a cabo unha avaliación continúa na que se terá en conta a asistencia e a participación nas clases. Valorarase a actitude do alumno nas clases de laboratorio así como a súa implicación no desenvolvemento do traballo.
    Valorarase a exposición dos traballos obrigatorios.
    Realizarase un exame.