P1022202 - Aplicacións Biotecnolóxicas do Electromagnetismo (Materias Optativas vinculadas á Orientación Biosanitaria) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
- Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
- Centro: Facultade de Farmacia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer os parámetros científicos da interacción da radiación non-ionizante con sistemas biolóxicos unicelulares.
- Entender as aplicacións biotecnolóxicas do bioelectromagnetismo segundo os efectos in vitro e in vivo en mamíferos.
- Coñecer, valorar e controlar a contaminación electromagnética no medio.
- Coñecer as distintas aplicacións terapéuticas da radiación non ionizante a niveis térmicos e non térmicos.
ContidosProgramación das clases teóricas e seminarios:
Unidade temática I: Interacción da radiación non-ionizante en sistemas biolóxicos básicos.
- Tema 1: Interacción dos campos electromagnéticos nos sistemas biolóxicos. Determinación do SAR.
- Tema 2: Efecto da radiación non ionizante sobre microorganismos.
- Tema 3: Efectos dos campos electromagnéticos sobre a célula. Índices de stress celular e apoptose.
- Tema 4: Biolectromagnetismo e proteómica.
Unidade temática II: Aplicacións biotecnolóxicas da exposición de campos electromagnéticos en células especializadas e tecidos dos mamíferos.
- Tema 5: Efectos no sistema hematolóxico, vascular e cardíaco.
-Tema 6: Efectos sobre o tecido nervioso.
-Tema 7: Modulación neuroendocrina e efectos sobre o metabolismo
-Tema 8: Aplicación da radiación non-ionizante no tecido óseo e muscular.
-Tema 9: Efectos sobre a pel.
Unidade temática III: Contaminación electromagnética. Efectos na saúde. Estudos en modelos experimentais humanos e animais.
-Tema 10: Normativa sobre campos electromagnéticos. Estudos de organizacións internacionais, nacionais e locais non gobernamentais.
- Tema 11: Extremada baixa frecuencia e resposta celular in vitro. Avaliación da potencial oncoxenicidade e toxicidade en modelos animais.
-Tema 12: Interacción da radiofrecuencia (RF) de pulsos modulados e non modulados coa materia viva: Estudos experimentais de telefonía móbil en animais e en humanos.
-Tema 13: Estudos experimentais dos efectos da RF de telefonía móbil no sistema Nervioso e no sistema neuroendocrino.
- Tema 14: Trauma por shock eléctrico.
Unidade temática IV: Aplicacións Terapéuticas da radiación non-ionizante.
-Tema 15. Control da termorregulación: tolerancia á calor, durante a exposición á radiofrecuencia. Percepción termal e nocicepción.
- Tema 16: Mecanismos, aplicacións terapéuticas con efectos térmicos e atérmicos. Efectos dos campos magnéticos e ultrasóns nos tecidos. Terapéutica de quentamento. Mecanismos de quentamento da microonda. Diatermia.
Programación de Actividades prácticas:
Estudo e simulación experimental en cavidades de radiación con animais pequenos.
Metodoloxía experimental máis utilizada na actualidade para o cálculo da taxa de enerxía absorbida ou SAR.
Estudo de diversos modelos biolóxicos en laboratorio de bioelectromagnetismo
Estudo de aplicacións terapéuticas da radiación non-ionizante: Electroquimioterapia en tumores.
Simulacións terapéuticas en tecidos humanos. Determinación experimental do SAR en humanos.
Aplicación e tratamento por microondas en procesos médicos
Bibliografía básica e complementaria-Handbook of biological effects of electromagnetics, editado por CRC Press, Editores: Frank S. Barnes, Bem Greenebaum. 2007
- Volumen 1: Biological and medical aspects of electromagnetic fields
- Volumen 2: Bioengineering and Biophysical aspects of electromagnetics Fields.
- Mobile Telephones: Networks, Applications and Performance. Editado por Nova Science Publisher, Inc. Editores: A.C. Harper and R.V. Buress, PP. 2008
- Mobile phones and health. Independent expert group on mobile phones. Sir William Stewart. 2000.
- Mobile Telecommunications and Health Research Programme. Report 2007.
CompetenciasO alumno necesitará desenvolver as seguintes competencias xenéricas e específicas:
- Desenvolver capacidade de análise crítica para valorar a información de distintas fontes bibliográficas.
- Un compromiso de esforzo no traballo que lle axude a aprender a terminoloxía, a metodoloxía experimental e as aplicacións do bioelectromagnetismo na biotecnoloxía.
- Unha boa disposición para realizar traballos individuais e en grupo que faciliten a súa aprendizaxe nesta disciplina.
- Unha sensibilidade cara aos efectos da contaminación electromagnética na saúde dos seres vivos.
Metodoloxía da ensinanza A docencia repartirase entre clases teóricas, seminarios e clases prácticas no laboratorio. Os
alumnos terán tamén titorías nas que poderán resolver dúbidas.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación levarase a cabo mediante:
- Un traballo individual do alumno que se entregará por escrito sobre parte dos contidos da materia e que terá que expoñer.
- Un traballo en grupo opcional ( non obrigatorio) dun tema proposto polo profesor.
- Terase en conta a asistencia ás clases teóricas, prácticas e ás titorías.
Tempo de estudo e traballo persoal4,5 créditos ECTS presenciais ou non presenciais (25 horas cada crédito) constitúen 112,5 horas para esta materia:
-Clases expositivas 13,5 horas
-Clases interactivas 18 horas
-Titorías: 2 horas.
-Exame teórico e práctico 2 horas
-Traballo persoal: 77 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ao alumno a asistencia e participación ás clases teóricas e prácticas. A revisión
dos apuntamentos de clase e a realización de esquemas, completándoos con algún dos textos
aconsellados. As titorías son unha oportunidade para o alumno para resolver dúbidas e afondar
nos temas.